Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 28 de agosto de 2000 Páx. 12.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000 pola que se lle outorga a Rosario Quelle Lage permiso de actividade para un centro regulador de crustáceos, no establecemento Restaurante, Nito na praia de Area, Faro número 1, Viveiro, Lugo.

Visto o expediente iniciado por instancia de Rosario Quelle Lage (DNI 76.543.968-Z), no que solicita permiso de actividade para un centro regulador de crustáceos na instalación do Restaurante Nito sito na praia de Area, nº 1, Viveiro, Lugo.

Tendo en conta que o expediente se tramitou conforme a dereito.

Tendo en conta que no Decreto 286/1996, do 4 de xullo, polo que se crea a figura do centro regulador de crustáceos como novo tipo de establecemento auxiliar de acuicultura, no seu artigo 1º se recolle que o devandito centro regulador dependerá do establecemento matriz, formando parte do mesmo local aínda que separado, fisicamente na súa totalidade, da zona de atención ó público.

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como a proposta favorable da Delegación Territorial de Lugo, con data do 1-3-2000, esta consellería

RESOLVE:

Outorgarlle a Rosario Quelle Lage, con DNI 76.543.968-Z, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do establecemento que a continuación se relaciona:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: centro regulador de crustáceos.

-Situación: Restaurante Nito sito na praia de Area, Faro nº 1, Viveiro, Lugo.

-Especies: boi (Cancer pagurus), lumbrigante (Homarus gammarus), centola (Maja squinado), lagosta (Palinurus elephas) e nécora (Macropipus puber).

Dominio público: non ocupa.

Dominio privado: 4,64 m

Superficie de estabulación: 2 piscinas, que fan un total de 4,64 m.

O permiso de actividade outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Terá unha vixencia de dez anos, que se contarán a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; poderá ser prorrogado discrecionalmente por petición do interesado. Esta petición deberá presentarse nos sesenta (60) días anteriores a fin da vixencia, por prazos iguais doutros dez anos.

Segunda.-O emprazamento e as obras de instalación do establecemento axustaranse ós planos e ó proxecto presentados. O titular do permiso de actividade deberá dar comezo ás obras nun prazo de seis (6) meses, que se contarán desde a publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde, e quedarán finalizadas no prazo dun (1) ano.

Finalizadas as obras, o titular comunicaralle este feito á delegación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Lugo, para os efectos de practica-la inspección destas, das que se emitirá o correspondente informe.

Terceira.-O establecemento cumprirá o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 286/1996, do 4 de xullo, polo que se crea a figura do centro regulador de crustáceos como novo tipo de establecemento auxiliar de acuicultura, na Orde do 16 de outubro de 1996, sobre centros reguladores de crustáceos, así como a demais normativa vixente aplicable a este tipo de establecementos.

Cuarta.-O titular contrae a obriga de manter en bo estado as instalacións; estas non poderán alugarse nin ser destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecementos. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-O permiso de actividade ó que se refire esta orde extinguirase nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993 e no artigo 6 do Decreto 193/1997 sinalados.

Sexta.-O outorgamento do permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias ou outras autorizacións legalmente procedentes, esixibles por outros organismos en función das súas competencias.

Sétima.-O interesado xustificará o aboamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados), ou acre

ditará a declaración de non estar suxeito a tal imposto, feita pola Delegación de Facenda ou a oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo que se interporá, no prazo de dous meses ante a xursidicción contencioso-administrativa; ámbolos dous prazos se contarán desde o día seguinte ó da súa notificación de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura