Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 28 de agosto de 2000 Páx. 12.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración consistente na adquisición dun lote de tres vehículos con destino a esta dirección xeral.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. Servicio de Apoio á Investigación e Divulgación Científica.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición dun lote de tres vehículos con destino á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

b) Lugar de entrega: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

c) Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación : 6.200.000 ptas. (37.262,75 euros), IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados,

durante o prazo de presentacións de proposicións, nos días e horas hábiles, na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigacións, sita en Santiago de Compostela, Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

b) Teléfono: 981 54 61 51 e fax 981 54 61 38.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación : no prazo de quince días (15) naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar : a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Edificios administrativos San Caetano, s/n-1771 Santiago de Compostela ou por correo na forma indicada no artigo 100 do reglamento xeral de contratación do Estado.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: 11 horas.

9. Gastos do anuncio.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación