Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 28 de agosto de 2000 Páx. 12.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración consistente na adquisición de material informático para o Centro de Investigacións Mariñas de Vilagarcía de Arousa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. Servicio de Apoio á Investigación e Divulgación Científica.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de material informático para o Centro de Investigacións Mariñas.

b) Lugar de entrega: Centro de Investigacións Mariñas. Corón. Vilanova de Arousa (Pontevedra).

c) Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 6.000.000 de ptas. (36.060,73 euros), IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentacións de proposicións, nos días e horas hábiles, na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigacións, sita en Santiago de Compostela, Rúa dos Irmandiños s/n, Salgueiriños.

b) Teléfono: 981 54 61 51 e fax: 981 54 61 38.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: no prazo de quince días (15) naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Edificios administrativos San Caetano, s/n-1771 Santiago de Compostela ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: 11 horas.

9. Gastos do anuncio: o importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación