Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 28 de agosto de 2000 Páx. 12.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2000, da Delegación ProvincIal de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador de incendios forestais IF 102/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción a Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE do 13 de febrero de 1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor deste procedemento a Javier Ruíz de Almirón Schlung, funcionario desta delegación; poden ser recusado en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, edificio. adtvo. da Xunta de Galicia - Ronda da Muralla, nº70.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 19 de xullo de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: IF 102/2000.

DNI: 33.690.696.

Denunciado: José García Pena.

Último enderezo coñecido: Santa Mariña, 11-Outeiro de Rei-Lugo.

Feitos imputados: realizar unha queima con autorización, escapándose o lume a un predio colindante; arden 600 m de monte raso e ten que actuar persoal do SDCIF.

Precepto sancionador: artigo 138.c) do Regulamento de incendios.

Cualificación: moi grave.

Sanción: 15.000 ptas.