Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 28 de agosto de 2000 Páx. 12.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 12 de xullo de 2000 pola que se autorizan as transmisións mortis causa das concesións administrativas dos viveiros A.A. número 8, Manolo e Alba.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión dos viveiros A.A. nº 8, Manolo e Alba, e da concesión administrativa que os ampara, resulta:

A) Antecendentes de feito.

Primeiro.-Mediante escritos do 30-3-2000, Manuel Antepazo Gil no nome e representación de comunidade de herdeiros de Manuel Antepazo Martínez solicitou autorización para a transmisión da concesión dos viveiros A.A. nº 8, Manolo e Alba.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características dos viveiros e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, dicto a seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de Alba Gil Magdaleno (78.732.635) e á comunidade

herdeira de Manuel Antepazo Martínez formada por: Alba Antepazo Gil (35.265.253); Manuel Antepazo Gil (35.272.145); María Rodal Antepazo (36.113.847); Ángel Rodal Antepazo (36.134.978), da concesión administrativa das bateasque se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: A.A. nº 8.

Localización:

Lugar: 3 Cangas G.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 27-6-1961 (BOE nº 165).

Remate da vixencia: 12-7-2006.

Actuais titulares: Manuel Antepazo Martínez (35.271.155) e Alba Gil Magdaleno (78.732.635).

Novos titulares: Alba Gil Magdaleno (78.732.635) e a comunidade hereditaria de Manuel Antepazo Martínez formada por: Alba Antepazo Gil (35.265.253), Manuel Antepazo Gil (35.272.145), María Rodal Antepazo (36.113.847), Ángel Rodal Antepazo (36.134.978).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Manolo.

Localización:

Lugar: 36 Cangas D.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 14-3-1967 (BOE nº 77).

Remate da vixencia: 31-3-2007.

Actuais titulares: Manuel Antepazo Martínez (35.271.155) e Alba Gil Magdaleno (78.732.635).

Novos titulares: Alba Gil Magdaleno (78.732.635) e a comunidade hereditaria de Manuel Antepazo Martínez formada por: Alba Antepazo Gil (35.265.253), Manuel Antepazo Gil (35.272.145), María Rodal Antepazo (36.113.847), Ángel Rodal Antepazo (36.134.978).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Alba.

Localización:

Lugar: 38 Cangas C.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 3-6-1964 (BOE nº 173).

Remate da vixencia: 20-7-2004.

Actuais titulares: Manuel Antepazo Martínez (35.271.155) e Alba Gil Magdaleno (78.732.635).

Novos titulares: Alba Gil Magdaleno (78.732.635) e a comunidade hereditaria de Manuel Antepazo Martínez formada por: Alba Antepazo Gil (35.265.253), Manuel Antepazo Gil (35.272.145), María Rodal Antepazo (36.113.847), Ángel Rodal Antepazo (36.134.978).

Os novos titulares das concesións, quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 12 de xullo de 2000.

(P.D. Orde 14-6-1999, DOG nº 120 do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo