Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.278

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da hostalería.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector da hostalería (código 2700325), da provincia de Lugo, asinado o día 9 de xuño de 2000, pola representación da Asociación de Empresarios de Hostalería da provincia de Lugo e das centrais sindicais UGT, CIG e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mencionado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 6 de xullo de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de hostalería da provincia de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo de traballo rexerá para toda a provincia de Lugo e regula as relacións de traballo entre as empresas e os traballadores e a quen sexa de aplicación a ordenanza laboral de hostalería, aprobada pola O.M. do 28 de febreiro de 1974. En todo o que non estea modificado polo presente texto de convenio será de aplicación, subsidiariamente, a citada ordenanza laboral e as normas contidas no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1999 e rematará a súa vixencia o 31 de decembro de 2000.

En todo caso, e para evitar que se produzan atrasos na negociación do convenio, as partes asinantes comprométense a constituí-la comisión negociadora do convenio para 2001 antes do 31 de outubro de 2000.

Artigo 3º.-Denuncia.

O presente convenio deberá ser denunciado por calquera das partes, de acordo coa lexislación vixente, cunha antelación mínima dun mes á data da súa finalización. A ausencia significará a prórroga por períodos anuais nos mesmos termos que o presente texto, salvo no referente á táboa salarial.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán considerados globalmente.

No caso de nulidade parcial por modificación de calquera das súas condicións, quedará na súa totalidade sen eficacia práctica, debendo negociarse todo o seu contido.

Artigo 5º.-Garantías persoais e das condicións laborais.

Respectaranse as condicións superiores pactadas a título individual que as empresas teñan pactado ou establecido á entrada en vigor do presente convenio e que globalmente e en cómputo anual excedan del, manténdose as ditas condicións como ad personam.

Artigo 6º.-Publicidade.

As empresas afectadas por este convenio terán que expoñer nos seus centros de traballo un exemplar del para coñecemento de todo o persoal.

Artigo 7º.-Salario base.

Nas táboas salariais anexas especifícanse os salarios correspondentes a cada categoría profesional de 1999 e 2000 respectivamente. En todo momento se respectará, como mínimo, que o salario base sexa igual ó salario mínimo interprofesional.

Artigo 8º.-Incremento salarial.

Para 1999 serán de aplicación os salarios recollidos na táboa anexa I, que supón un incremento do 3%. Para o ano 2000, serán de aplicación os salarios recollidos na táboa anexa II, que supón un incremento do 3,5%.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 1.826 horas e 27 minutos de traballo efectivo, en cómputo anual.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias do 25 de xullo e Nadal, que se aboarán no día laborable inmediatamente anterior ás ditas festividades. Estas gratificacións consistirán na cantidade resultante de suma-lo salario base mensual e a antigüidade correspondente.

Artigo 11º.-Complemento de transporte e desgaste de vestiario.

Establécese con carácter xeral para todo o persoal, sen distinción, complementos extrasalariais, denominados de transporte e desgaste de vestiario, coas contías que se especifican, para cada categoría, nas táboas salariais anexas.

Tales complementos devengaranse, en todo caso, en proporción á xornada efectivamente traballada, entendéndose que a contía establecida nas táboas salariais anexas é a que corresponde para o caso de prestación de servicios a xornada completa.

Artigo 12º.-Complemento de antigüidade.

Sobre os salarios base garantidos que corresponden ó traballador relacionados na táboa salarial acreditaranse e devengaranse, cos límites establecidos no artigo seguinte, os seguintes complementos de antigüidade.

-Un 5% ó cumpli-los 3 anos de servicio na empresa.

-Un 8% ó cumpli-los 6 anos de servicio na empresa.

-Un 16% ó cumpli-los 9 anos de servicio na empresa.

-Un 25% ó cumpli-los 15 anos de servicio na empresa.

-Un 38% ó cumpli-los 19 anos de servicio na empresa.

-Un 40% ó cumpli-los 20 anos de servicio na empresa.

-Un 45% ó cumpli-los 22 anos de servicio na empresa.

-Un 50% ó cumpli-los 28 anos de servicio na empresa.

A data inicial para computa-la antigüidade será a do ingreso na empresa. Na actividade de casinos e sociedades recreativas de primeira e segunda categoría, os traballadores devengarán bienios a razón do 5% sen limitación ningunha, sen prexuízo do establecido no artigo 25 do Estatuto dos traballadores.

Na actividade de casinos e sociedades recreativas de terceira e cuarta categoría continuarán devengando trienios ó 5%. Ó disposto nos puntos anteriores enténdese sen prexuízo dos dereitos adquiridos ou no transo de adquisición no tramo temporal correspondente.

Artigo 12º bis.-Límites do complemento de antigüidade.

O complemento de antigüidade que se vén denvengando segundo os anos de permanencia na empresa e que se recolle no artigo anterior, entenden as partes asinantes que dificulta a contratación indefinida dos traballadores.

Por este motivo, e na busca de promover e consolida-la contratación e o emprego na hostalería e dalgunha forma prima-las empresas que xeren emprego fixo fomentando a estabilidade no emprego e, polo tanto, a seguridade económica dos traballadores, acórdase establecer un réxime alternativo ó complemento de antigüidade previsto no artigo 12º, que será de aplicación unicamente para os traballadores que se incorporen ós cadros de persoal fixo das empresas a partir do 1 de xaneiro de 1997, traballadores que percibirán polo concepto de complemento de antigüidade un 3% sobre os salarios base garantidos na táboa salarial por cada tres anos de servicio na empresa (trienios ó 3%).

Artigo 13º.-Premio de xubilación.

A tódolos traballadores que leven ó servicio da empresa os anos que se indican a continuación, cando cesen nela, por xubilación ou invalidez, aboaráselles como premio ós servicios prestados as seguintes cantidades:

-De 5 a 9 anos de antigüidade, 2 mensualidades.

-De 10 a 14 anos de antigüidade, 3 mensualidades.

-De 15 a 19 anos de antigüidade, 4 mensualidades.

-A partir dos vinte anos de antigüidade, 5 mensualidades.

-Unha mensualidade máis por cada 5 anos que excedan dos 20 de referencia.

O importe de cada mensualidade farase efectiva sobre o salario base máis antigüidade e para o suposto de que, en tal tivese o traballador en situación de baixa, calquera que fose a causa desta, calcularanse as mensualidades sobre o salario base máis

antigüidade que correspondería percibir se estivese traballando. Se o traballador morrese antes da xubilación, contando na data do pasamento con cincuenta e cinco anos de idade e levase 10 anos ininterrompidos ó servicio da empresa no momento do falecemento, este premio percibirao a viúva, e, na falta desta, os ascendentes ou descendentes ata segundo grao, con preferencia dos fillos e descendentes sobre os pais ou ascendentes.

Artigo 14º.-Xubilación.

Será de aplicación no presente convenio a xubilación do traballador ós 64 anos nos termos establecidos no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituí-lo traballador simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outro traballador nas condicións previstas no citado real decreto. Neste caso non haberá dereito ó percibo do complemento de xubilación previsto no artigo anterior.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións anual terá unha duración de 30 días naturais. Os traballadores menores de 18 anos e maiores de 60 terán 32 días de vacacións naturais. A retribución correspondente ó período vacacional estará constituída polo salario base, antigüidade e os complementos.

Artigo 16º.-Festivos.

As festas non recuperables segundo a lexislación vixente, cando non se desfruten ou coincidan co descanso semanal, serán desfrutadas polo traballador noutra data. No suposto de que as festas non recuperables se desfruten de forma continuada, a empresa respectará o descanso semanal acumulando este ó número de festas.

Artigo 17º.-Licencias retribuídas.

As empresas concederán as licencias retribuídas que a continuación se indican, sen prexuízo das previstas no Estatuto dos traballadores.

a) Por casamento do traballador, 15 días naturais; se o casamento é de pais, fillos, irmáns e cuñados, 2 días se ten lugar dentro da provincia e 4 días se é fora dela.

b) Por parto da esposa, 3 días se reside na mesma localidade e 5 días se reside en localidade distinta.

c) Por enfermidade ou operación cirúrxica do cónxuxe, pais ou fillos, 4 días ampliables a 8 cando o enfermo resida fóra da provincia, a máis de 500 km de distancia.

d) Por pasamento de cónxuxe, pais ou fillos, 5 días se ten lugar na localidade ou 7 se ocorre fóra dela.

e) Por traslado de domicilio, dous días.

Artigo 18º.-Comisión mixta paritaria.

Coa denominación de comisión mixta paritaria, constitúese un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento deste convenio. Esta

comisión queda integrada por 6 representantes das asociacións empresariais e outros tantos polos sindicatos (3 da UGT, 2 de CC.OO., 1 da CIG).

A comisión reunirase por solicitude de calquera das partes, logo de convocatoria cunha antelación de 3 días, debendo xuntar á convocatoria a proposta da orde do día, por escrito.

Artigo 19º.-Incorporación ó servicio militar ou prestación social substitutoria.

O traballador que leve máis dun ano na mesma empresa, percibirá dela, ó tempo de incorporarse ó servicio militar ou PSS, a cantidade de 20.000 ptas. Reincorporado ó traballo, concluído o servicio militar ou PSS, percibirá da empresa a cantidade de 20.000 ptas.

Artigo 20º.-Incapacidade temporal do traballador.

No caso de incapacidade temporal do traballador, tanto derivada de accidente como de enfermidade, a empresa complementará o 100% do salario real (salario base e complemento) mentres dure tal situación.

Artigo 21º.-Gratificacións extraordinarias de casinos e sociedades recreativas.

Todo o persoal que preste os seus servicios en casinos e sociedades recreativas, terá dereito ó percibo, ademais das gratificacións extraordinarias de 25 de xullo e Nadal, dunha paga o día 5 de outubro de cada ano, sen distinción de categorías nin actividades. As ditas gratificacións poderán ser compensadas e absorbidas polas empresas, en cómputo anual, con aquelas outras que, voluntariamente, viñeran aboándose ós traballadores destas empresas. Non computará o complemento de transporte e vestiario.

Artigo 22º.-Complemento de actividade de casinos e sociedades recreativas.

Todo o persoal que preste os seus servicios en casinos e sociedades recreativas terá dereito ó percibo dun complemento de actividade na contía de 2.000 pesetas ó mes.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

As empresas facilitarán ó seu persoal dous uniformes ó ano, naqueles supostos nos que a empresa estableza condicións determinadas relativas ó modelo ou cor das pezas que se empreguen durante a xornada de traballo, excluíndose, polo tanto, desta obrigación o emprego de pantalón negro e camisa blanca.

O mencionado uniforme será de emprego obligatorio por parte do persoal durante a xornada laboral, dentro dos locais da empresa ou fóra deles, no exclusivo caso de que a saída sexa en cumprimento das súas funcións laborais.

Os traballadores deberán empregar e conservar con dilixencia os uniformes, que recibirán en calidade de depósito e que devolverán no caso de cesaren na empresa.

Artigo 24º.-Traballo nocturno.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as 12 da noite e as 8 da mañá, terán unha retribución específica incrementada nun 25% sobre o salario base.

Artigo 25º.-Posibilidade de corrección de erros na táboa.

No suposto de detención dun erro nas táboas salariais do convenio, de acordo cos criterios cos que se teña elaborado, reunirase a comisión mixta paritaria para corrixilo.

Artigo 26º.-Póliza de seguros.

Tódalas empresas afectadas polo presente convenio subscribirán unha póliza de accidentes que, no caso de pasamento do traballador ou traballadora, o seu cónxuxe, ou os herdeiros legais, 2.500.000 ptas. e, no caso de invalidez permanente, o traballador ou traballadora percibirá 3.000.000 de ptas.

Os incrementos das coberturas da póliza previstos no parágrafo anterior con relación ó previsto no anterior convenio deberán de formalizarse no prazo de dous meses contados desde a publicación do presente convenio no BOP de Lugo.

Artigo 27º.-Período de proba.

No ámbito de aplicación do presente convenio poderá pactarse por escrito un período de proba con suxeicción ós seguintes límites de duración:

* Técnicos titulados: 6 meses.

* Resto dos traballadores: 2 meses.

Artigo 28º.-Contratación eventual.

Os contratos de duración determinada regulados no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, poderán ter unha duración máxima de doce meses dentro dun período de dezaoito meses.

A posibilidade de concertar contratos eventuais dos previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995 coa duración máxima prevista no presente artigo non poderá empregarse para o caso dos contratos concertados por tempo inferior a 12 horas á semana ou 48 horas ó mes.

Artigo 29º.-Formación profesional.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por 1 representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provinical de Empresarios de Hostalería e Asociación de Empresarios de Salas de Festas e Discotecas de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información

existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten o sector da hostalería, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, como nos que se poidan programar en diante.

-Facer plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do mercado único.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Artigo 30º.-Comisión de seguridade e hixiene no traballo.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Ámbalas representacións comprométense a manter reunións periódicas, logo de convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terán como obxectivos prioritarios:

1. Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten contra a integridade física e a saúde dos traballadores.

3. Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos recoñecementos médicos que se realicen ós traballadores deste sector.

Cantas outras funcións a comisión se atribúa orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo, no sector, na provincia de Lugo.

Artigo 31º.-AGA.

As partes asinantes deste convenio consideran o Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA) como a canal idónea para a solución dos conflictos colectivos laborais.

Disposición adicional

Primeira.-Os atrasos por diferencias de salarios consecuencia da tardía publicación do presente convenio deberán aboarse dentro dos dous meses seguintes á publicación do presente convenio no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-O dereito á manutención previsto nas táboas salariais enténdese sempre que o traballador preste servicios no horario de comidas.

Disposición derradeira

Entenderase por soldos anuais o resultado de multiplica-los salarios mensuais por 14 (12 mensualidades e 2 pagas extraordinarias) excepto para o persoal que preste os servicios en casinos e sociedades recreativas xa que, neste caso o soldo anual será o resultado de multiplica-los salarios mensuais por 15 (12 mensualidades e 3 pagas extraordinarias).

Convenio colectivo provincial de hostalería de Lugo

Táboa salarial 1999

Establecementos da sección primeira

Hoteis, hostais e balnearios5 estrelas4 estrelas3 estrelas2 estrelas1 estrela

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

* Persoal de recepción

Xefe de recepción e cont. xeral106.84413.583103.13512.87399.66412.613

Xefe seg. e recepc. e caixeiro92.72511.88289.02911.50985.76110.686

Contable103.13512.97899.66412.59295.96412.24292.72511.88285.77911.151

Recepcionista89.84711.76686.01311.16282.54211.16280.3509.14480.0791.960

Interventor e ofic. administr.

Axt. administr. e telefonista

Axt. recep. porteiro serv.83.46210.83080.39410.24980.2516.36280.1162.91380.0681.748

* Persoal de conserxería

Primeiro conserxe de día86.01311.16282.54210.79780.3509.14480.2125.43680.0681.748

Conserxe de noite83.46210.83080.39410.29878.7606.36280.1162.91387.8532.913

Vixilante de noite80.2506.36380.1162.91380.1162.91380.1162.91380.1162.913

Axudante de conserxe80.2506.36380.2516.36380.1162.91380.1162.91380.1162.913

Mozo, botóns80.1162.91380.1162.91380.1162.91380.1162.91380.1162.913

Hoteis, hostais e balnearios5 estrelas4 estrelas3 estrelas2 estrelas1 estrela

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

* Persoal de cociña

Xefe de cociña111.50014.689107.78113.850102.55912.873101.05312.66586.01311.162

2º xefe96.65812.26692.96511.87292.93111.48386.01311.16282.54210.797

Cociñeiro repost.86.01311.16283.46210.83080.37717.29080.3138.29480.2034.761

Axud. cociña pinche85.98710.46980.39410.29880.1984.99180.1162.91380.1162.913

Fregadora80.1162.91380.1162.91380.1162.91380.1162.91380.1162.913

Encarg. economato. Adegueiro87.17011.21583.46210.83080.3789.91180.3218.44880.2516.362

* Persoal de comedor

Xefe de comedor112.89914.207108.70313.887102.55313.595105.22813.82188.55811.487

2º xefe de comedor98.28112.56096.65812.26794.80912.19791.80411.89085.32111.133

Camareiro e similar87.17011.21785.32111.13383.46210.83081.62310.75981.62310.759

Axudante80.39410.29880.2506.36580.1162.91380.1162.91380.1162.913

(Ó persoal feminino facilitaráselle o aloxamento adecuado).

* Persoal de pisos

Gobernanta90.41911.79087.17911.49387.16911.20380.39410.29880.2516.363

Sub-gobernanta83.45210.59680.2516.36380.1984.99180.1162.91380.1162.913

Camareira de pisos80.1984.99180.1142.91380.1162.91380.1162.91380.1162.913

* Persoal de lencería e limpeza

Encargado lencería e lavado80.3228.44880.2514.87380.1984.99180.1162.91380.017356

Pasada de ferro, cost., zurci., lencería

Limp. e mozas de limpeza80.1162.91380.1142.91380.1162.91380.1162.91380.1162.913

* Persoal de servicios auxiliares

Encargado de traballos89.72311.84286.02711.39382.78511.03680.3569.36980.2677.061

Mecánico e calefactor86.02711.39382.78511.03680.3569.36980.2255.87080.1162.913

Ebanista, carpinteiro, electricista, albanel, pintor, axud. ebanista, axud. carpinteiro, axud. albanel e fontaneiro80.2516.36380.1984.99180.1162.91380.4312.91380.1162.913

Xard. conductor (chofer)83.46210.83081.62310.75980.39410.29880.2516.36380.2516.363

(A manutención deste persoal é por conta da empresa).

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.240 ptas.

Establecementos da sección segunda

Hostais, pensións, fondas e C.H.3 estrelas2 estrelas1 estrelas

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

* Persoal de conserxería

Conserxe de día-noite81.1705.22880.1162.91380.1162.913

Vixilante de noite80.1624.06780.1624.06780.1624.067

* Persoal de recep. e contabilidade

Telefonista80.1162.91380.1162.91380.1162.913

Recepcionista-caixeiro80.34910.63580.3499.14480.3499.144

* Persoal de cociña

Xefe de cociña95.54013.14881.62310.75981.62310.759

Cociñeiro80.2867.29180.2135.43680.2135.436

Cociñeiro axudante80.1162.91380.1162.91380.1162.913

* Persoal de comedor

Xefe de comedor101.05512.66581.62310.75981.62310.759

Camareiro85.31010.90381.62310.75981.62310.759

Axudante camareiro80.1532.91380.1162.91380.1162.913

Hostais, pensións, fondas e C.H.3 estrelas2 estrelas1 estrelas

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

* Persoal de pisos

Encargado de pisos80.2516.36380.1162.91380.0681.748

Camareira de pisos80.0681.74880.0681.74880.0681.748

Encarg., lencería, lavad., cost., pasada de ferro, zurcidora80.1984.99180.1162.91380.1162.913

Lavand., limp. mozas limpeza80.0681.74880.0681.74880.0681.748

* Persoal de servicios auxiliares

Persoal de mantemento80.3509.14480.2847.25080.2847.250

Conductor (chofer)80.3789.83780.3138.21680.3138.216

(A manutención deste persoal é por conta da empresa).

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.240 ptas.

Establecementos da sección terceira

Restaurantes5 garfos4 garfos3 garfos2 garfos1 garfo

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

1º xefe de comedor110.56114.159108.70313.887105.52713.522105.22813.55288.55811.491

2º xefe de comedor98.28112.56096.65812.26794.80912.19792.99011.89084.16511.092

Camareiro87.17011.20785.32111.13383.46211.18281.62310.75981.62310.759

Axudante85.30511.13381.62310.75980.3228.44880.2516.36380.2516.363

* Persoal de varios

Contable xeral99.20312.59595.73212.22386.26711.17280.3118.21680.2516.363

Caixeiro81.62310.75980.3138.21680.1162.91380.1162.91380.1162.913

Limpadora (xornada completa)80.0691.74880.0691.74880.0691.74880.0691.74880.0691.748

Limpadora (media xornada)45.4946.09245.4946.11845.4946.11845.4946.11845.4946.118

* Persoal de cociña

Xefe de cociña111.48214.227107.78113.850104.30813.486101.0539.45085.31011.039

2º xefe de cociña96.65813.60690.96011.89089.71411.53386.01311.16282.45310.571

Cociñeiro reposteiro88.55811.49185.31010.90581.62310.75981.2798.21680.2516.363

Axud. cociña. Pinche80.39410.29880.2516.36380.1984.99180.1162.91380.1162.913

Encargado economato, de adega e adegueiro81.62410.75982.1188.21980.1974.99180.1162.91380.1162.913

(A manutención deste persoal é por conta da empresa).

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.240 ptas.

Establecementos da sección cuarta

Cafeterías, establecementos con mostrador e salaEspec. (3 tazas)1ª (2 tazas)2ª (1 taza)

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

Encargado92.96511.89088.55811.49085.31010.905

Dependente85.31010.90580.3138.21680.2506.363

Axudante80.1984.99180.1192.91380.1192.913

Encargado almacén, pranchista, cociñeiro e reposteiro80.3779.99480.3138.21680.2516.363

Mozo almacén80.3779.99480.3028.21680.0681.748

Contable84.18610.85880.3138.21680.1162.913

Caixeiro, axud. oficina e caixa80.1162.91380.1162.91380.1162.913

(O persoal do mostrador, sala e cociña de cafeterías que sirvan comidas e con horario de traballo coincidente co aludido servicio de comidas, terá dereito a manutención).

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.240 ptas.

Establecementos da sección quinta

Cafés, bares, cervexerías, chocolaterías e xeaderías

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

Reposteiro80.3789.99480.3138.21680.2516.363

Cafeteiro adegueiro80.2516.36380.2516.36380.2512.913

Caixeiro axud. cociña80.2512.91380.2512.91380.2512.913

Cafés, bares, cervexerías, chocolaterías e xeaderías

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

Contable81.62310.75980.3138.21680.3138.216

Encargado, xefe de sala92.25611.86583.16310.82081.62310.758

Dependente camareiro81.62310.75981.6048.21680.3138.216

Axud. dependente80.1162.91380.1162.91380.1142.913

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.240 ptas.

Cafés-bares americanos e whisqueríasÚnica

Barman102.67912.963

2º barman92.25011.865

Axudante barman80.3138.216

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.240 ptas.

Establecementos da sección sexta

Salas de festas, discotecas, etc.Luxo

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

Contable99.20312.59695.73212.23179.90811.13379.9088.216

Caixeiro, garda-obxectos, porteiro80.2518.17280.1984.99180.2512.91380.2512.913

Auxiliar de oficina80.2512.91380.2512.91380.2512.91380.2512.913

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.240 ptas.

Especial

Dependente de 1ª92.25611.86585.32111.13385.7187.84380.3047.843

Dependente de 2ª, axudante80.1784.53880.1162.91380.1162.91380.1162.913

Barman, encargado de mostrador106.38413.565102.67912.96397.58813.56597.58412.533

2º barman94.60112.18692.02411.24188.55811.49188.55811.491

Luxo e 1ª2ª e 3ª

1º xefe de sala106.15813.55999.21112.830

Camareiro95.73212.23188.56011.491

Axudante90.40411.56480.1784.539

Adegueiro80.1784.53980.1162.913

Establecementos da sección sétima

TabernasÚnica

S. baseP. vest.

Dependente80.3138.210

Dependente axudante80.1984.991

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.240 ptas.

Establecementos da sección oitava

Casinos, sociedades recreativas1ª e 2ª3ª e 4ª

S. baseP. vest.S. baseP. vest.

Xefe de 1ª120.3348.304101.66213.629

Xefe de 2ª109.7037.33992.46911.540

Oficial 1ª administrativo108.0947.33990.86011.540

Oficial 2ª administrativo100.0537.01790.86011.540

Auxiliar administrativo93.6216.72486.5203.016

Aspirante menor de 18 anos74.3246.05160.3077.518

Conserxe105.3357.339105.33511.059

Cobrador, axud. conserxe, camareiro, encargado sala99.2497.01787.6458.807

Orden. salón, port. acceso, port. serv.96.8356.85887.6455.107

Telef., vixilante noite e xardineiro96.8356.85887.6455.107

Casinos, sociedades recreativas1ª e 2ª3ª e 4ª

S. baseP. vest.S. baseP. vest.

Axud. camareiro, botóns maior 18 anos e limpadora87.6444.30486.8403.016

Botóns menor de 18 anos67.0865.73266.0672.535

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.240 ptas.

Establecementos da sección novena

BillaresÚnica

S. baseP. vest.

Encargado de sala81.62310.759

Mozo de billar81.5784.991

Axudante80.1162.913

Oficial de mantemento80.4087.842

As limpadoras e fregadoras, nas categorías non especificadas na táboa salarial adxunta, terán un único salario de 80.067 ptas. e 9.988 de complemento.

As categorías profesionais que puideran existir e non estivesen previstas na presente táboa salarial asimilaranse a aquelas que teñan sinaladas igual retribución na ordenanza de hostalería.

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.240 ptas.

Convenio colectivo provincial de hostalería de Lugo

Táboa salarial 2000

Establecementos da sección primeira

Hoteis, hostais e balnearios5 estrelas4 estrelas3 estrelas2 estrelas1 estrela

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

* Persoal de recepción

Xefe de recepción e cont. xeral110.58414.058106.74513.324103.15213.054

Xefe seg. e recepc. e caixeiro95.97012.29892.14511.91288.76311.060

Contable106.74513.432103.15213.03399.32312.67095.97012.29888.78111.541

Recepcionista92.99212.17889.02311.55385.43111.55383.1629.46482.8822.029

Interventor e ofic. administr.

Axt. administr. e telefonista

Axt. recep. porteiro serv.86.38311.20983.20810.60883.0606.58582.9203.01582.8701.809

* Persoal de conserxería

Primeiro conserxe de día89.02311.55385.43111.17583.1629.46483.0195.62682.8701.809

Conserxe de noite86.38311.20983.20810.65881.5176.58582.9203.01590.9283.015

Vixilante de noite83.0596.58682.9203.01582.9203.01582.9203.01582.9203.015

Axudante de conserxe83.0596.58683.0606.58682.9203.01582.9203.01582.9203.015

Mozo, botóns82.9203.01582.9203.01582.9203.01582.9203.01582.9203.015

* Persoal de cociña

Xefe de cociña115.40315.203111.55314.335106.14913.324104.59013.10889.02311.553

2º xefe100.04112.69596.21912.28896.18411.88589.02311.55385.43111.175

Cociñeiro repost.89.02311.55386.38311.20983.19017.89583.1248.58483.0104.928

Axud. cociña pinche88.99710.83583.20810.65883.0055.16682.9203.01582.9203.015

Fregadora82.9203.01582.9203.01582.9203.01582.9203.01582.9203.015

Encarg. economato. Adegueiro90.22111.60886.38311.20983.19110.25883.1328.74483.0606.585

* Persoal de comedor

Xefe de comedor116.85014.704112.50814.373106.14214.071108.91114.30591.65811.889

2º xefe de comedor101.72113.000100.04112.69698.12712.62495.01712.30688.30711.523

Camareiro e similar90.22111.61088.30711.52386.38311.20984.48011.13684.48011.136

Axudante83.20810.65883.0596.58882.9203.01582.9203.01582.9203.015

(Ó persoal feminino facilitaráselle o aloxamento adecuado).

* Persoal de pisos

Gobernanta93.58412.20390.23011.89590.22011.59583.20810.65883.0606.586

Sub-gobernanta86.37310.96783.0606.58683.0055.16682.9203.01582.9203.015

Camareira de pisos83.0055.16682.9183.01582.9203.01582.9203.01582.9203.015

Hoteis, hostais e balnearios5 estrelas4 estrelas3 estrelas2 estrelas1 estrela

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

* Persoal de lencería e limpeza

Encargado lencería e lavado83.1338.74483.0605.04483.0055.16682.9203.01582.818368

Pasada de ferro, cost., zurci., lencería

Limp. e mozas de limpeza82.9203.01582.9183.01582.9203.01582.9203.01582.9203.015

* Persoal de servicios auxiliares

Encargado de traballos92.86312.25689.03811.79285.68211.42283.1689.69783.0767.308

Mecánico e calefactor89.03811.79285.68211.42283.1689.69783.0336.07582.9203.015

Ebanista, carpinteiro, electricista, albanel, pintor, axud. ebanista, axud. carpinteiro, axud. albanel e fontaneiro83.0606.58683.0055.16682.9203.01583.2463.01582.9203.015

Xard. conductor (chofer)86.38311.20984.48011.13683.20810.65883.0606.58683.0606.586

(A manutención deste persoal é por conta da empresa).

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.528 ptas.

Establecementos da sección segunda

Hostais, pensións, fondas e C.H.3 estrelas2 estrelas1 estrelas

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

* Persoal de conserxería

Conserxe de día-noite84.0115.41182.9203.01582.9203.015

Vixilante de noite82.9684.20982.9684.20982.9684.209

* Persoal de recep. e contabilidade

Telefonista82.9203.01582.9203.01582.9203.015

Recepcionista-caixeiro83.16111.00783.1619.46483.1619.464

* Persoal de cociña

Xefe de cociña98.88413.60884.48011.13684.48011.136

Cociñeiro83.0967.54683.0205.62683.0205.626

Cociñeiro axudante82.9203.01582.9203.01582.9203.015

* Persoal de comedor

Xefe de comedor104.59213.10884.48011.13684.48011.136

Camareiro88.29611.28584.48011.13684.48011.136

Axudante camareiro82.9583.01582.9203.01582.9203.015

* Persoal de pisos

Encargado de pisos83.0606.58682.9203.01582.8701.809

Camareira de pisos82.8701.80982.8701.80982.8701.809

Encarg., lencería, lavad., cost., pasada de ferro, zurcidora83.0055.16682.9203.01582.9203.015

Lavand., limp. mozas limpeza82.8701.80982.8701.80982.8701.809

* Persoal de servicios auxiliares

Persoal de mantemento83.1629.46483.0947.50483.0947.504

Conductor (chofer)83.19110.18183.1248.50483.1248.504

(A manutención deste persoal é por conta da empresa).

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.528 ptas.

Establecementos da sección terceira

Restaurantes5 garfos4 garfos3 garfos2 garfos1 garfo

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

1º xefe de comedor114.43114.655112.50814.373109.22013.995108.91113.99591.65811.893

2º xefe de comedor101.72113.000100.04112.69698.12712.62496.24512.30687.11111.480

Camareiro90.22111.59988.30711.52386.38311.57384.48011.13684.48011.136

Axudante88.29111.52384.48011.13683.1338.74483.0606.58683.0606.586

* Persoal de varios

Contable xeral102.67513.03699.08312.65189.28611.56383.1228.50483.0606.586

Caixeiro84.48011.13683.1248.50482.9203.01582.9203.01582.9203.015

Restaurantes5 garfos4 garfos3 garfos2 garfos1 garfo

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

Limpadora (xornada completa)82.8711.80982.8711.80982.8711.80982.8711.80982.8711.809

Limpadora (media xornada)47.0866.30547.0866.33247.0866.33247.0866.33247.0866.332

* Persoal de cociña

Xefe de cociña115.38414.725111.55314.335107.95913.958104.5909.78188.29611.425

2º xefe de cociña100.04114.08294.14412.30692.85411.93789.02311.55385.33910.941

Cociñeiro reposteiro91.65811.89388.29611.28784.48011.13684.1248.50483.0606.586

Axud. cociña. Pinche83.20810.65883.0606.58683.0055.16682.9203.01582.9203.015

Encargado economato, de adega e adegueiro84.48111.13684.9928.50783.0045.16682.9203.01582.9203.015

(A manutención deste persoal é por conta da empresa).

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.528 ptas.

Establecementos da sección cuarta

Cafeterías, establecementos con mostrador e salaEspec. (3 tazas)1ª (2 tazas)2ª (1 taza)

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

Encargado96.21912.30691.65811.89288.29611.287

Dependente88.29611.28783.1248.50483.0596.586

Axudante83.0055.16682.9233.01582.9233.015

Encargado almacén, pranchista, cociñeiro e reposteiro83.19010.34483.1248.50483.0606.586

Mozo almacén83.19010.34483.1138.50482.8701.809

Contable87.13311.23883.1248.50482.9203.015

Caixeiro, axud. oficina e caixa82.9203.01582.9203.01582.9203.015

(O persoal do mostrador, sala e cociña de cafeterías que sirvan comidas e con horario de traballo coincidente co aludido servicio de comidas, terá dereito a manutención).

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.528 ptas.

Establecementos da sección quinta

Cafés, bares, cervexerías, chocolaterías e xeaderías

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

Reposteiro83.19110.34483.1248.50483.0606.586

Cafeteiro adegueiro83.0606.58683.0606.58683.0603.015

Caixeiro axud. cociña83.0603.01583.0603.01583.0603.015

Contable84.48011.13683.1248.50483.1248.504

Encargado, xefe de sala95.48512.28086.07411.19984.48011.135

Dependente camareiro84.48011.13684.4608.50483.1248.504

Axud. dependente82.9203.01582.9203.01582.9183.015

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.528 ptas.

Cafés-bares americanos e whisqueríasÚnica

Barman106.27313.417

2º barman95.47912.280

Axudante barman83.1248.504

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.528 ptas.

Establecementos da sección sexta

Salas de festas, discotecas, etc.Luxo

S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.S. baseP. vest.

Contable102.67513.03799.08312.65982.70511.52382.7058.504

Caixeiro, garda-obxectos, porteiro83.0608.45883.0055.16683.0603.01583.0603.015

Auxiliar de oficina83.0603.01583.0603.01583.0603.01583.0603.015

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.528 ptas.

Especial

Dependente de 1ª95.48512.28088.30711.52388.7188.11883.1158.118

Dependente de 2ª, axudante82.9844.69782.9203.01582.9203.01582.9203.015

Barman, encargado de mostrador110.10714.040106.27313.417101.00414.040100.99912.972

2º barman97.91212.61395.24511.63491.65811.89391.65811.893

Luxo e 1ª2ª e 3ª

1º xefe de sala109.87414.034102.68313.279

Camareiro99.08312.65991.66011.893

Axudante93.56811.96982.9844.698

Adegueiro82.9844.69882.9203.015

Establecementos da sección sétima

TabernasÚnica

S. baseP. vest.

Dependente83.1248.497

Dependente axudante83.0055.166

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.528 ptas.

Establecementos da sección oitava

Casinos, sociedades recreativas1ª e 2ª3ª e 4ª

S. baseP. vest.S. baseP. vest.

Xefe de 1ª124.5468.595105.22014.106

Xefe de 2ª113.5437.59695.70511.944

Oficial 1ª administrativo111.8777.59694.04011.944

Oficial 2ª administrativo103.5557.26394.04011.944

Auxiliar administrativo96.8986.95989.5483.122

Aspirante menor de 18 anos76.9256.26362.4187.781

Conserxe109.0227.596109.02211.446

Cobrador, axud. conserxe, camareiro, encargado sala102.7237.26390.7139.115

Orden. salón, port. acceso, port. serv.100.2247.09890.7135.286

Telef., vixilante noite e xardineiro100.2247.09890.7135.286

Axud. camareiro, botóns maior 18 anos e limpadora90.7124.45589.8793.122

Botóns menor de 18 anos69.4345.93368.3792.624

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.528 ptas.

Establecementos da sección novena

BillaresÚnica

S. baseP. vest.

Encargado de sala84.48011.136

Mozo de billar84.4335.166

Axudante82.9203.015

Oficial de mantemento83.2228.116

As limpadoras e fregadoras, nas categorías non especificadas na táboa salarial adxunta terán un único salario de 82.869 ptas. e 10.338 de complemento.

As categorías profesionais que puideran existir e non estivesen previstas na presente táboa salarial asimilaranse a aquelas que teñan sinaladas igual retribución na ordenanza de hostalería.

Complemento de transporte (común a tódalas categorías): 8.528 ptas.