Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.289

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2000 pola que se dispón o cumprimento da sentencia 477/1999, dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto o oficio da Secretaría do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 28 de xullo de 2000, polo

que se comunica que foi declarada firme a sentencia dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 477/1999, do doce de maio de 1999, recaída no recurso contencioso-administrativo 01/0000423/1997, interposto por José Abelardo Blanco Serrano contra a resolución do presidente do Consello Consultivo de Galicia do 21-2-1997, pola que se eleva a definitiva a proposta do tribunal sobre o concurso para o acceso

ó corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia,

Procede cumprila nos seus propios termos, quedando modificada a proposta do tribunal citada conforme a decisión contida na citada sentencia e, en consecuencia, noméase funcionario do corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia a José Abelardo Blanco Serrano.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2000.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia