Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 23 de agosto de 2000 Páx. 12.184

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 4 de agosto de 2000 pola que se autoriza o inicio de actividades do centro de atención a persoas maiores-apartamentos tutelados en Antas de Ulla (Lugo).

En virtude do disposto no artigo 29 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, para a creación de centros de servicios sociais propios da Administración autonómica, é necesaria unha norma con categoría de decreto, sendo precisa unha orde da consellería competente para o inicio das súas actividades.

Creado o centro de atención a persoas maiores-apartamentos tutelados en Antas de Ulla (Lugo) polo Decreto 179/2000, do 22 de xuño, procede autoriza-lo inicio das súas actividades.

Por outra banda e tendo en conta que a disposición derradeira primeira do antedito decreto autoriza o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais para o seu desenvolvemento e execución.

DISPOÑO:

Artigo único.-Autorízase o inicio das actividades e a posta en funcionamento do centro de atención a persoas maiores-apartamentos tutelados en Antas de Ulla (Lugo).

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2000.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais