Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 23 de agosto de 2000 Páx. 12.184

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2000 pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos para investigadores non vinculados ás universidades galegas, convocado pola Orde do 28 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 14 abril).

Por Orde do 28 de marzo de 2000 (DOG do 14 de abril), convocáronse bolsas para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos para investigadores non vinculados ás universidades galegas.

As solicitudes admitidas para participar neste concurso foron estudiadas pola Comisión de Selección de Investigación creada por Decreto 37/1998, do 30 xaneiro (DOG do 6 de febreiro) e a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de abril de 1998 (DOG do 12 de maio), que elaborou a correspondente proposta de resolución.

En consecuencia, atendendo á citada proposta, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles axudas para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos ás persoas que se relacionan no anexo a esta resolución e na contía que se especifica.

Segundo.-As subvencións de que se trata faranse efectivas mediante libramento único e directo ós beneficiarios sempre que cumpran os requisitos establecidos no punto 6 das bases da convocatoria.

Terceiro.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 28 de marzo de 2000 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa públicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 28-3-2000; DOG do 14 de abril)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento

ANEXO

SolicitanteDNIPaís de destinoConcedido

(ptas.)

Aguin Casal, Olga35312166JEspaña 60.000

Castro García, Mª Pilar32651820PPortugal/España 60.000

Costoya Coira, Sandra32837990QEspaña 60.000

Macho Rivero, Gonzalo36133015SEE.UU.175.000

Navarro Fdez.-Balbuena, Carmen 2469413HEspaña 60.000

Pastoriza Enríquez, Laura35956739BIsrael100.000

Pollan Valiña, Celia33315003DGran Bretaña100.000

Rey Mansilla, Mª del Mar52921101XEspaña 60.000

Trasar Cepeda, Carmen33241909DItalia100.000