Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.100

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 11 de agosto de 2000 de axudas a medidas forestais na agricultura.

-Con data do 31 de xullo de 1997, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Comunidade Autónoma de Galicia asinaron un convenio de colaboración, con vixencia ata o ano 2001, para a posta en marcha das medidas estructurais de acompañamento da política agraria común, entre as que se atopa o réxime comunitario de axudas a medidas

forestais na agricultura, derivado do Regulamento CEE nº 2080/1992, do Consello, do 30 de xuño. Este regulamento foi derrogado polo Regulamento (CE) nº 1257/1999 do Consello, do 17 de maio de 1999, sobre a axuda ó desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e de Garantía Agrícola (FEOGA) e polo que se modifican e derrogan determinados regulamentos, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2000, establecendo no seu considerando nº 38 que a forestación de terras agrícolas é particularmente importante polo papel que desem

peña no uso do solo e o ambiente e por contribuír a aumenta-la subministración de certos productos forestais; que, por este motivo, é preciso mante-lo réxime de axuda para medidas forestais que establece actualmente o Regulamento (CEE) 2080/1992. O artigo 31 do Regulamento (CE) 1257/1999 establece e regula as axudas para a forestación de terras agrícolas.

O Decreto 482/1997, do 30 de decembro, establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, que é o organismo competente para a xestión das axudas a medidas forestais na agricultura.

En consecuencia e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 482/1997, do 30 de decembro, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto das audas.

Constitúe o obxecto da presente orde a concesión de axudas para o fomento da repoboación forestal de terras agrícolas, dotando as novas repoboacións que se realizan ó abeiro da presente orde coas infraestructuras necesarias de protección fronte ó perigo dos incendios forestais.

Considéranse terras agrícolas aquelas que sendo obxecto dalgún aproveitamento agrícola regular antes do 31 de xullo de 1992 contribuísen á formación da renda do titular da explotación e sexan susceptibles de forestación. Estas terras serán as comprendidas nalgún dos epígrafes seguintes:

-Terras ocupadas por cultivos herbáceos (terras arables).

-Barbeitos e outras terras non ocupadas.

-Hortas familiares.

-Terras ocupadas por cultivos leñosos.

-Prados naturais.

-Pasteiros.

-Ermo a pastos.

Entenderase por aproveitamento agrícola regular tanto os usos agrícolas como os usos gandeiros tradicionais que se realizasen nas superficies anteriormente indicadas.

Artigo 2º.-Solicitantes.

Poderán ser solicitantes das axudas reguladas na presente orde os comprendidos nalgún dos seguintes puntos:

1. Os titulares de explotacións agrícolas, sexan estes persoas físicas ou xurídicas. Considérase que unha explotación é agrícola cando unha parte da súa superficie sexa terra agrícola segundo o indicado no artigo 1º.

2. Arrendatario de explotación agrícola por período superior a 20 anos ou quenda que posibilite o proxecto de repoboación.

3. Calquera persoa física ou xurídica de dereito privado, aínda que non sexa titular de explotación agrícola. Estas persoas só poderán solicita-las axudas para forestación e primas de mantemento, pero non primas compensatorias.

4. As entidades locais e as entidades públicas. Estas entidades só poderán solicita-las axudas para forestación.

5. As agrupacións forestais formadas por titulares de explotacións agrícolas, cun mínimo de cinco titulares, non sendo necesario que teñan personalidade distinta de cada un dos seus membros que a integran, para realizar en común as seguintes actividades forestais:

a) Plantación forestal en superficies agrícolas.

b) Mantemento e xestión da plantación.

c) Prevención e extinción de incendios.

Artigo 3º.-Condicións, tipos, importes e duración das axudas.

1. Gastos de repoboación forestal e de área de defensa contra incendios forestais.

O importe desta axuda estará determinado polo orzamento aprobado da actuación, sen que poida excede-la subvención dos máximos en pesetas por hectárea de actuación, suma da superficie que se vaia repoboar e da área de defensa contra incendios forestais que se establecen a continuación:

Topes máximos en ptas. por ha de actuación:

Titular Titular

individualagrupado-Especies do anexo I182.500200.000-Especies do anexo II313.000344.000-Especies do anexo III339.000373.000-Forestación de espacios

naturais protexidos, espe-

cies dos anexos II ou III417.000459.000

Para estes efectos, as comunidades de montes veciñais en man común, as sociedades agrarias de transformación e as agrupacións forestais terán a consideración de titular agrupado.

2. Prima de mantemento.

Está destinada ó coidado, mantemento e demais traballos posteriores á plantación que son necesarios para o logro da plantación realizada. A prima de mantemento ten unha duración de 5 anos.

Aplicaranse os valores máximos seguintes en pesetas por hectárea de actuación:

Titular Titular

individualagrupado

Repoboacións forestais

especies

Anexo I25.00030.000

Repoboacións forestais

especies dos anexos II e III40.00048.000

3. Prima compensatoria.

Ten por obxecto compensa-la perda de renda que se lles produce por cambio de uso agrícola a uso forestal ós titulares dos aproveitamentos agrícolas dos terreos.

Aplicaranse os valores máximos seguintes en pesetas por hectárea de actuación:

a) No caso de agricultor a título principal:

PrimeirasResto

25 hasuperficie

Repoboación con especies

anexo I, II e/ou III23.00020.000

b) No caso dos restante titulares de explotacións agrícolas:

PrimeirasResto

25 hasuperficie

Repoboación con especies

anexo I, II e/ou III15.00012.000

Ás ditas cantidades máximas aplicaránselle-las seguintes porcentaxes:

Tipo de superficie agraria

1. Cultivos herbáceos e praderías artificiais (terras arables) 50%

2. Barbeitos e outras terras non ocupadas 0%

3. Hortas familiares 100%

4. Cultivos leñosos75%

5. Prados naturais25%

6. Pasteiros20%

9. Ermo a pastos10%

A prima compensatoria terá unha duración de 20 anos contados a partir do seguinte ó do pagamento correspondente á certificación final dos traballos de repoboación.

No caso de solicitarse prima compensatoria, esta petición deberá referirse a parcelas completas, e soamente se admitirá, cando o solicitante coincida co titular dos terreos obxecto de subvención, ou ben sexa representante dunha agrupación forestal ou solicitude conxunta.

Para as primas compensatorias establécese un máximo anual por beneficiario de 1.000.000 de ptas. Cando se trate de explotacións agrupadas, o dito máximo pode chegar a 1.200.000 ptas. por explotación individual que se agrupe.

4. Infraestructuras de acompañamento das novas repoboacións que se realicen ó abeiro da presente orden.

-Ata 1.000.000 de ptas. por km de apertura de pista forestal.

-Ata 300.000 ptas. por km de arranxo de pista forestal.

-Ata 104.000 ptas. por punto de auga con capacidade igual ou superior a 50 m de auga.

-Ata 208.600 ptas. por punto de auga con depósito pechado de formigón.

Artigo 4º.-Condicións técnicas dos investimentos.

1. A concesión de axudas está condicionada, á presentación dun proxecto asinado por enxeñeiro de

montes ou enxeñeiro técnico forestal e visado polo correspondente colexio oficial.

2. Tódolos proxectos de repoboación que se presenten deberán incluír un plan de infraestructuras de defensa do monte.

3. Sempre será necesaria dirección de obras e certificación final por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal.

4. Os honorarios de elaboración de proxectos e de dirección de obras poderán ser incluíbles nos gastos de repoboación, área de defensa contra incendios forestais e infraestructuras de acompañamento, ata un límite máximo do 6 % do orzamento de execución material aprobado. Ó incluír estes gastos, non se poderán supera-los topes máximos fixados no artigo 3º, puntos 1 e 4. O cálculo do importe subvencionable do proxecto e de dirección de obras efectuarao a administración de maneira independente para forestación e áreas de defensa contra incendios forestais, e para infraestructuras de acompañamento, sen compensación entre ámbalas actuacións. O IVE non é subvencionable.

5. Tódolos proxectos incluirán como cartografía planos oficiais correspondentes á última edición da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda, preferentemente á escala 1:5.000 ou, no seu defecto, escala 1:10.000.

6. Para a avaliación e control das repercusións sobre o ambiente aplicarase o establecido polo artigo 13 do anexo I do Decreto 250/1993, do 24 de setembro, segundo o modelo que se xunta no anexo XIII.

7. No proxecto incluirase un estudio básico de seguridade e saúde ou un estudio de seguridade e saúde, segundo o disposto no R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, en materia de seguridade e saúde nas obras de construcción.

8. Os proxectos que se presenten deberán incluír un epígrafe onde se definan os labores mínimos de mantemento e o seu orzamento para realizar en cada un dos 5 anos de vixencia da prima de mantemento, non sendo computables os honorarios correspondentes a este epígrafe do proxecto.

9. A planimetría do proxecto presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, en ficheiro DXF obtida a partir dun plano de escala mínima 1:10.000 e preferentemente 1:5.000.

Artigo 5º.-Outras condicións técnicas.

1. As densidades mínimas de plantación, salvo xustificación motivada en proxecto, deberán se-las seguintes:

a) Coníferas: 1100 plantas/ha 1.600 plantas/ha en zonas protectoras de montaña, situadas nas cabeceiras das concas hidrográficas.

b) Castiñeiño para madeira, nogueira e cerdeira: 625 plantas/ha.

c) Castiñeiro para froito: 200 plantas/ha.

d) Resto frondosas: 800 plantas/ha.

2. Coidados culturais mínimos:

Durante a vixencia da prima de mantemento realizarase obrigatoriamente como mínimo:

a) Eliminación da vexetación de competencia.

b) Reposición de marras.

c) Podas de formación e de calidade.

d) Fertilizamento cando o estado da planta o demande.

e) Mantemento das infraestructuras de defensa da repoboación.

3. Especies que se van empregar:

Poderán ser obxecto de axuda as plantacións coas especies comprendidas nos anexos desta orde.

4. Características da planta que se vai empregar.

Os viveiros e empresas comercializadoras deberán estar dados de alta no correspondente Rexistro Oficial de Productores, Comerciantes e Importadores de Vexetais, debendo figura-lo seu número nos albarás que emitan.

Esixirase para tódalas partidas de planta que se destinen ás repoboacións subvencionadas certificado de calidade xenética e de calidade exterior, a excepción do indicado no anexo XIV da presente orde, de conformidade coas ordes do M.A.P.A. do 21 de xaneiro de 1989, co Real decreto 1356/1998, e coa Orde do 3 de agosto de 1994, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Este certificado será emitido ben por organismo oficial ou ben polo propio viveirista que produza a planta.

5. A lonxitude máxima subvencionable, suma de arranxo e construcción de pista forestal, será de 40 metros lineais por hectárea de repoboación que resulte mellorada por estas accións. Esta lonxitude poderá superarse cando sexa necesaria a construcción ou arranxo de pista forestal para acceder ó dito monte. Este tramo poderá subvencionarse na súa total lonxitude, logo de informe técnico favorable por parte do distrito forestal correspondente.

6. A superficie repoboada protexerase cunha área de defensa contra incendios forestais perimetral, excepto naquelas zonas onde existan barreiras naturais ou artificiais, sendo obrigatorio dividir mediante áreas de defensa as superficies repoboadas en parcelas non superiores a 25 hectáreas.

7. Nos puntos de auga que se vaian instalar, deberá xustificarse a súa accesibilidade e utilidade, mediante o correspondente informe favorable de idoneidade do distrito forestal correspondente.

8. As condicións técnicas mínimas e limitacións de uso que deben observarse figuran no anexo VII.

9. Quedarán excluídas de reforestación subvencionable as especies do anexo I nas áreas de valgada, entendendo como tal aquela superficie ocupada polo contorno físico inmediato ós cursos permanentes de

auga, desde estes ata unha distancia de 30 metros en sentido perpendicular a ámbolos lados da marxe do leito fluvial. As especies que poden ser atendidas na subvención solicitada nestas áreas de valgada, son as sinaladas cun asterisco no anexo II.

10. Nos terreos obxecto de subvención, unha vez aprobada a axuda, colocarase en lugar visible desde o acceso, como mínimo, un cartel identificativo, segundo o modelo indicado no anexo XV.

Para superficies de actuación superiores a 50 hectáreas colocaranse, como mínimo, dous carteis identificativos.

Artigo 6º.-Prioridades.

Se o importe das solicitudes presentadas supera a dotación prevista no artigo 13º da presente orde, establecerase unha orde de prioridade, segundo a seguinte prelación:

1. Agricultor a título principal.

2. Agrupación forestal (5 ou máis membros).

3. Comunidade de montes veciñais en man común.

4. Solicitude conxunta (menos de 5 membros).

5. S.A.T.

6. Titulares individuais, S.A. ou S.L.

Dentro de cada un dos 6 niveis de prioridade indicados, priorizarase, á súa vez, segundo o seguinte:

1. Forestación en espacios naturais protexidos.

2. Por maior número de hectáreas da superficie de actuación.

3. Por maior número de hectáreas do anexo III.

4. Por maior número de hectáreas do anexo II.

5. Por número de puntos de auga que se vaian instalar.

6. De persisti-lo empate, de maior a menor valor das catro últimas cifras do DNI o CIF do titular dos terreos.

Artigo 7º.-Superficies agrícolas excluídas.

1. Para peticións de forestación con especies frondosas na súa totalidade, a superficie mínima de petición será de 3 hectáreas en couto redondo. Para o resto dos casos, a superficie mínima de petición para forestación será de 5 hectáreas en couto redondo, excepto no caso de comunidades de montes veciñais en man común, que será de 10 hectáreas. A superficie de petición será a suma da superficie de actuación máis a superficie de non actuación (reserva da vexetación preexistente). A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie de área de defensa.

A superficie máxima total da petición será de 100 ha, en todo caso.

Poderá admitirse a solicitude conxunta de dous ou máis propietarios, sempre que entre eles reúnan a superficie mínima arriba indicada en couto redondo e realicen os traballos co mesmo criterio. No caso

de reunirse un mínimo de 5 propietarios, esta solicitude conxunta presentarase como agrupación forestal.

2. Poderán presentarse proxectos referidos a actuacións en superficies superiores a 100 hectáreas. En ningún caso a superficie que se aprobará en cada ano poderá supera-las 100 hectáreas. Estes proxectos poderán ser válidos para a presentación de novas solicitudes de axuda en anos sucesivos.

3. Poderán tramitarse peticións de axuda co obxecto de realizar traballos forestais en montes veciñais en man común coa comunidade que teña subscrito un convenio ou consorcio coa Xunta de Galicia.

4. En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas para traballos de repoboación, áreas de defensa contra incendios forestais e infraestructuras de defensa en terreos nos que o acordo de concentración parcelaria sexa firme.

5. Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse das presentes axudas.

6. As monteiras de frondosas autóctonas preexistentes nas superficies obxecto de petición, quedarán excluídas das superficies por reforestar e deberán manterse en todo caso.

7. Están excluídas da aplicación da presente orde aquelas superficies agrícolas que non tiveran algún aproveitamento agrícola regular antes do 31 de xullo de 1992.

8. Dentro da superficie de petición deberán respectarse, as seguintes porcentaxes de superficie de vexetación preexistente de mato, incluíndo, en todo caso, na dita superficie as zonas de alimento e refuxio da fauna silvestre:

Mínimo (%)Máximo (%)-Entre 3 e 25 hectáreas 0 0-Maior de 25 hectáreas e

ata 100 hectáreas 10 15

Estas superficies sen repoboar computaranse para efectos de acada-la superficie mínima de petición sinalada no punto 1 deste artigo.

Artigo 8º.-Compromisos.

1. Compromisos de mantemento e conservación:

a) No caso de que o solicitante coincida co titular: o titular comprométese a mante-la repoboación forestal conforme as condicións de certificación e a conserva-la masa creada durante un mínimo de 20 anos e proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus xuros legais, se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados selvícolas por parte do solicitante. Así mesmo, deberán manterse operativas as súas infraestructuras de acompañamento e área de defensa da masa.

b) No caso de que o solicitante sexa distinto do titular:

Durante o período de vixencia da prima de mantemento, o solicitante comprométese a conservar e

mante-la repoboación creada, debendo realiza-los labores mínimos indicados no artigo 5º punto 2.

Unha vez transcorrido o período de vixencia da prima de mantemento e ata o final da quenda , a responsabilidade de conservación e mantemento da repoboación creada e das súas infraestructuras de acompañamento pasará a ser responsabilidade do titular dos terreos.

No caso de que o solicitante cause baixa ou desapareza, a responsabilidade de executa-los traballos e de mante-la repoboación xunto coas súas infraestructuras de acompañamento, pasará a corresponder ó titular dos terreos. Logo de petición expresa deste, poderase inicia-la tramitación correspondente para que o titular dos terreos pase a figurar como novo solicitante no expediente.

c) No caso de solicitudes conxuntas ou agrupacións forestais:

A responsabilidade do bo fin da actuación será esixible a cada un dos propietarios membros da agrupación ou solicitude conxunta.

2. Se as superficies forestadas se transmitisen en todo ou en parte durante o período de compromiso, adecuaranse as primas á situación do novo titular, debendo este cumpri-las condicións esixibles para a percepción das axudas que se lle outorgaron.

3. As superficies reforestadas no ámbito desta orde non poderán dedicarse a ningún uso agrícola durante o período no que os beneficiarios se comprometeran a mante-las forestadas. Poderán ter lugar usos gandeiros complementarios cando estes xa non prexudiquen a repoboación, logo de autorización do Servicio de Montes e Industrias Forestais da provincia correspondente, co fin de conte-la vexetación de competencia.

4. Se unha vez efectuada a solicitude e antes da forestación, o terreo fora obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o solicitante deberá comunicarllo inmediatamente por escrito ó Servicio de Montes e Industrias Forestais, con obxecto de adecua-lo proxecto á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

5. No caso de abandono, incendio ou destrucción da plantación por calquera causa, suspenderanse tódalas axudas pendentes, ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que se deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar no prazo máximo dun mes os feitos e circunstancias que provocaron a destrucción da totalidade ou de parte da plantación.

6. Os puntos de auga deberán manterse operativos durante 20 anos e mantene-lo acceso libre para tarefas de extinción de incendios.

7. O beneficiario comprométese en todo momento a facilita-las tarefas de inspección ó persoal adscrito á Consellería de Medio Ambiente nas materias relacionadas coa presente orde.

Artigo 9º.-Solicitudes, documentación e prazos.

1. As solicitudes das axudas deberán ser formalizadas nos modelos formalizados para o efecto, segundo consta no anexo XI adxunto, facilitados polos órganos periféricos e centrais da Consellería de Medio Ambiente. Estas solicitudes presentaranse nas súas oficinas, nas súas delegacións provinciais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e irán dirixidas ó conselleiro de Medio Ambiente.

2. As solicitudes, total e correctamente cubertas, deberán ir necesariamente acompañadas da seguinte documentación:

2.1. En todo caso:

a) Fotocopia do DNI o CIF do solicitante e do titular dos terreos.

b) Proxecto visado polo correspondente colexio oficial, máis unha copia deste, segundo as condicións indicadas na presente orde. No caso de que o dito proxecto xa fora entregado no ano 1998 para unha solicitude superior a 50 ha, entregarase unha copia do proxecto e un informe onde se defina claramente a superficie obxecto de petición. No caso de ser necesario, entregarase un reformado do proxecto orixinal adaptando o proxecto ós requisitos da presente orde.

c) Declaración xurada do titular na que conste que os terreos en que se realizaran os traballos de repoboación e as infraestructuras de acompañamento obxecto da subvención forman parte dunha explotación agrícola que tivo algún aproveitamento agrícola regular antes do 31 de xullo de 1992 e contribuíu á formación da renda do titular. Indicarase o tipo de aproveitamento agrícola.

d) Documentación xustificativa da propiedade do terreo:

d.1. No caso de ser titular dos terreos: fotocopia do titulo de propiedade ou declaración xurada de ser titular da propiedade. Na dita declaración farase constar: nome, apelidos e DNI do propietario, nome dos predios, superficie, os propietarios estremeiros, a súa referencia catastral (excepto no caso de montes veciñais en man común) e localización delas, incluíndo provincia, concello, parroquia e lugar.

d.2. No suposto de que a titularidade da superficie sexa de varios copropietarios: fotocopia dos titulos de propiedade ou declaración xurada dos titulares do terreo, asinada por todos e cada copropietario. Na dita declaración farase constar: nome, apelidos e DNI dos copropietarios, nome dos predios, superficie, os propietarios estremeiros, a súa referencia catastral e localización deles, incluíndo provincia, concello, parroquia e lugar, xunto con documento no que conste o consentimento destes, dando representatividade a un deles ou a un terceiro para solicita-la acción obxecto da subvención.

d.3. No caso de ser arrendatario:

Fotocopia cotexada do documento acreditativo do arrendamento. Este permitirá tal actividade e será por un período igual ou superior ó da quenda de corta da especie ou especies obxecto da repoboación.

e) Anexo XIII debidamente cuberto.

f) Declaración xurada do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo fin que a solicitude feita ó abeiro da presente orde, das distintas administracións públicas competentes.

g) Nomeamento do director de obra, comunicándose nun prazo de 10 días cambios no dito nomeamento.

2.2. Documentación complementaria segundo a natureza do solicitante.

Persoa física que sexa agricultor a título principal (ATP): persoa física do que, polo menos o 50 % da súa renda, proceda da explotación agraria. O tempo de traballo noutras actividades inferior ó 50% do tempo de traballo total.

a.1. Fotocopia cotexada da cartilla da Seguridade Social agraria ou solicitude de alta.

a.2. Xustificación fiscal de ser agricultor a título principal. b) Comunidades de montes veciñais en man común:

b.1. Certificado do acordo tomado en asemblea xeral conforme autorizan o presidente da comunidade de montes a solicitar axudas á Consellería de Medio Ambiente para a execución das accións obxecto da solicitude. En caso de figurar como solicitante unha persoa distinta da propia C.M.V.M.C. presentarase, ademais, certificado de acordo tomado en asemblea xeral conforme autorizan o solicitante a realiza-los traballos obxecto de subvención, indicando polo menos superficie, monteiras, especie, áreas de defensa contra incendios forestais e infraestructuras de acompañamento.

b.2. Certificado do secretario da comunidade propietaria do M.V.M.C. no que conste que non existen aproveitamentos gandeiros na superficie obxecto da forestación e a adquisición do compromiso de mantelo libre de gando durante a quenda da especie que se vaia repoboar, excepto o especificado no artigo 8º punto 3.

b.3. Certificado do secretario da comunidade propietaria do M.V.M.C. de posuí-los estatutos da comunidade en regra, figurando a composición da xunta rectora actualizada.

c) S.A.T., S.A. e S.L.:

-Certificado do secretario da S.A.T., S.A. o S.L., de telos estatutos en regra.

d) Cando o solicitante non sexa o titular do solo ou voo obxecto da axuda, a petición desta faraa polo cesionario do acordo, que poderá ser calquera persoa física ou xurídica, debéndose cubrir neste caso o epígrafe que para tal fin figura no anexo VIII, e xuntar fotocopia do DNI, ou CIF, do titular ou representante legal deste.

e) Agrupacións.

-Acordo constitutivo da agrupación segundo modelo correspondente (anexo IX).

f) En caso de solicitude conxunta de dous ou máis propietarios para reuni-la superficie mínima requirida será necesario cubri-lo anexo XII e xuntalo á documentación presentada.

2.3. Outros documentos:

a) No caso de solicitantes de prima compensatoria será necesario que estes presenten:

a.1. Fotocopia cotexada da cartilla da Seguridade Social agraria.

a.2. Declaración xurada de non estar acollido ó cesamento anticipado da actividade agraria.

a.3. Certificación do organismo competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do aproveitamento agrario actual dos predios obxecto de repoboación no que se indique a existencia de perda de renda polo cambio a uso forestal.

Ademais, deberán cubri-lo anexo X cos predios afectados e engadilo á solicitude.

3. Soamente poderá presentarse unha solicitude por titular e ano para os terreos que se atopen nun mesmo concello. En caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberá empregarse un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

4. Prazos de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes para realizar traballos será de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde.

Artigo 10º.-Tramitación.

1. Unha vez rexistrada a solicitude, procederase á revisión da documentación presentada nela. Se as solicitudes recibidas non reúnen os requisitos esixidos, requirirase o solicitante para que, nun prazo de dez días, corrixa as faltas ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixera, se lle terá por desistido da súa petición, arquivándose sen máis trámite, cos efectos previstos no artigo 42.1º da Lei 30/1992.

2. O conselleiro de Medio Ambiente resolverá sobre a concesión da axuda, nun prazo máximo de seis meses contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG da presente orde, por proposta da Dirección Xeral de Montes e M.A.N., en función das dispoñibilidades orzamentarias e tendo en conta os criterios indicados no artigo 6º da presente orde. De acordo co artigo 44.1º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, o vencemento do prazo máximo establecido sen que se dictase e notificase resolución expresa, non exime a Administración da obriga de resolver, aínda os interesados que comparecesen poderán entender desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo. Na resolución indicase

o prazo do que disporá o solicitante para a realización dos traballos que, con carácter xeral, será de 6 meses. O outorgamento das axudas efectuarase conforme o principio de concorrencia competitiva, obxectividade, de publicidade e de transparencia das actuacións administrativas.

Contra a mencionada resolución cabe a interposición dun recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, o recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, de acordo cos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, e artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

3. Realizarán unha inspección en campo dúas persoas adscritas á Consellería de Medio Ambiente, co obxecto de comproba-la viabilidade dos traballos obxecto de subvención e verificar unidades superficiais. Será citado o solicitante, por escrito e con 15 días de antelación, para estar presente na dita inspección, podendo delegar este noutra persoa, asinando a acta de inspección, e podendo establecer nela as alegacións que considere oportunas.

4. Poderá considerarse, en casos excepcionais, a modificación dos traballos aprobados, que deberá ser tecnicamente xustificada e esixirá autorización previa do director xeral de Montes e M.A.N., a proposta expresa, con memoria xustificativa, do Servicio de Montes e Industrias Forestais da provincia que corresponda.

5. O director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, logo de proposta expresa con memoria xustificativa do Servicio de Montes e Industrias Forestais da provincia correspondente, poderá conceder prórrogas para a execución dos traballos obxecto de subvención, dun máximo de 4 meses. A concesión da prórroga limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias da consellería. A petición de prórroga por parte do solicitante deberase realizar como mínimo cun mes de antelación á terminación do prazo de remate fixado na notificación da aprobación.

6. Unha vez comunicado o fin dos traballos, procederán a realiza-la certificación destes dúas persoas adscritas á Consellería de Medio Ambiente, polo menos unha delas distinta das dúas persoas que realizaron a inspección do expediente. Será citado o solicitante, por escrito e con 15 días de antelación, para estar presente na dita certificación, podendo delegar, por escrito, este noutra persoa, asinando a acta de certificación, e podendo establecer nela as alegacións que considere oportunas. Non se admitirán alegacións realizadas despois da certificación.

7. A axuda definitiva será a resultante da certificación final realizada polo persoal adscrito á Consellería de Medio Ambiente. Se as unidades de obra se executaron na súa totalidade conforme as especificacións técnicas do proxecto aprobado, a dita certificación será realizada polo importe aprobado

de investimento reflectido na resolución de aprobación.

8. En caso de que se realizase un número menor de unidades de obra respecto das aprobadas, ó efectua-la certificación, poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente. Non se certificarán traballos distintos ós recollidos no proxecto aprobado, nin traballos que non cumpren as especificacións técnicas do proxecto, salvo o expresado no número 4 deste artigo.

9. Poderá realizarse unha certificación parcial de obra por petición do solicitante cando o importe de subvención da suma dos traballos dos que se solicite a súa certificación sexa superior a 5.000.000 de ptas. e sempre referidas a unidades de obra completamente rematadas ou a unidades superficiais totalmente executadas.

10. O conselleiro de Medio Ambiente resolverá sobre o pagamento da subvención, por proposta do director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

11. Pagamentos das primas de mantemento.

a) Os importes correspondentes ás primas de mantemento poderán ser aboados a partir do ano seguinte a aquel no que se efectuou o aboamento da certificación final dos traballos da reforestación, durante 5 anos, sempre e cando se axusten ó disposto no artigo 5, punto 2. Por petición do solicitante, poderanse uni-los pagamentos de varias anualidades, ata un máximo de 3 anualidades, cando fosen agrupados os traballos do plan de mantemento por razóns de índole técnica ou por fenómenos naturais que así o xustifiquen. Non se poderá percibir unha nova prima de mantemento ata que transcorresen os anos correspondentes ó aboamento das primas acumuladas.

b) Os pagamentos correspondentes ás primas de mantemento dos expedientes solicitados ó abeiro da presente orde, efectuaranse sempre que o estado da masa sexa satisfactorio.

12. Pagamentos das primas compensatorias.

a) Os importes correspondentes ás primas compensatorias serán aboados a partir do ano seguinte a aquel no que se efectuou o aboamento da certificación final dos traballos da reforestación e durante un período de 20 anos.

b) A tramitación das primas compensatorias queda condicionada a que a repoboación forestal presente unha espesura acorde coa idade e de que o estado vexetativo dela sexa o adecuado para garanti-la súa continuidade.

Artigo 11º.-Xustificación, comprobacións e pagamento.

1. Xunto coa comunicación de remate dos traballos deberase achega-la seguinte documentación:

-Relación valorada dos traballos executados e albarás da planta empregada.

-Certificación bancaria de conta aberta a nome do solicitante.

-Certificación oficial de non ter débedas coa Comunidade Autónoma, nin coa Axencia Tributaria e de estar ó día coa Seguridade Social, do solicitante, de acordo coa normativa concorrente.

-Declaración xurada do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo fin que a solicitude feita ó abeiro da presente orde, das distintas administracións públicas competentes.

-Certificado de calidade xenética e exterior da planta empregada na repoboación, segundo o establecido no artigo 5º, punto 4.

En caso de non entregarse algún destes documentos ou que estes posúan algún defecto, seralle requirida ó solicitante a emenda da dita documentación no prazo de dez días.

Os pagamentos parciais serán garantidos mediante aval bancario ou de entidade aseguradora suficiente, que se depositará por tempo indefinido á disposición da Consellería de Medio Ambiente na Tesourería Xeral da Xunta de Galicia. O referido aval garantirá a cantidade anticipada máis os xuros, calculados ó xuro xeral do diñeiro vixente no momento da concesión do pagamento parcial e por un prazo que medie entre a data de solicitude do pagamento parcial e o último día en que a subvención deba ser xustificada, tramitándose de conformidade co disposto no artigo 37 da Lei 7/1999, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

2. A solicitude no implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución de aprobación favorable a ela.

Artigo 12º.-Revogacións.

1. A axuda poderá revogarse, logo de tramitación do oportuno expediente, se se dá algún dos seguintes supostos:

a) Incumprimento do dictado en calquera dos artigos da presente orde que impliquen obrigas por parte do solicitante ou do titular.

b) Execución de menos do 60% das accións previstas, referida esta porcentaxe ó investimento e/ou superficie, sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior. No caso de que a superficie aprobada fose a superficie mínima, deberanse executa-las accións previstas na súa totalidade.

c) Incumprimento dos prazos para realiza-los traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou, de se-lo seu caso, da prórroga concedida.

d) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos do Decreto 250/1993, do 24 de setembro.

e) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultación ou falseamento de datos.

f) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

g) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

h) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da subvención ou axuda pública.

2. Nestes casos procederá o reintegro da axuda percibida e dos xuros de demora, de acordo coa Lei de réxime financeiro e orzamentario da Xunta de Galicia.

3. Nos casos de revogación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios, de acordo coa relación de prioridades, criterios e orde establecido.

Artigo 13º.-Financiamento.

As accións previstas na presente orde financiaranse, no exercicio do ano 2000 e 2001, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

1. Con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.614-C.770.0:

Para o ano 2000 por un importe de 100.000.000 de pesetas.

Para o ano 2001 por un importe de 950.000.000 de pesetas.

2. Con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.731-A.770.0:

Para o ano 2000 por un importe de 2.000.000 de pesetas.

Para o ano 2001 por un importe de 1.200.000.000 pesetas.

Estes importes poderán ser incrementados con fondos comunitarios, do MAPA ou da Comunidade Autónoma.

Artigo 14º.-Infraccións e sancións.

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado polo artigo 7 da Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

Artigo 15º.-Alteración de condicións.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 16º.-Obrigas.

O beneficiario da axuda está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Inter-

vención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Disposicións adicionais

Primeira.-As axudas concedidas na presente orde son incompatibles con outras subvencións de calquera Administración pública para as mesmas finalidades.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para dictar tódalas disposicións complementarias co obxecto de desenvolver esta orde.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Consellerio de Medio Ambiente

ANEXO I

Especies arbóreas plantadas co fin principal da producción de madeira:

A2Piñeiro silvestrePinus sylvestris L.

A3Piñeiro insignePinus radiata D. Don.

A4PseudotsugaPseudotsuga menziesii.

A6Outras coníferas

Piñeiro negroPinus nigra Arn.

Piñeiro mansoPinus pinea L.

Abeto vermelloPicea excelsa Lam.

AlerceLarix s.p.

SequoiaSequoia sempervirens.

ANEXO II

Especies arbóreas de plantación que teñan como fin principal a restauración ou creación de ecosistemas forestais permanentes:

B1AmeneiroAlnus glutinosa (L.) Gaertn. (*)

B2BidueiroBetula sp. (*)

B3Chopo negroPopulus nigra. (*)

B5PradairoAcer pseudoplatanus. (*)

B6FreixoFraxinus excelsior L. (*)

Frexinus angustifolia Vahl. (*)

B7CastiñeiroCastanea sativa Mill.

B8Castiñeiro híbridoCastanea X hybrida (resistente tinta)

B9Cerdeiras silvestresPrunus aviun L. (*)

Prunus mahaleb L.

Prunus padus L.

B10CarballoQuercus robur L. (*)

B11AbeleiraCorylus avellana L. (*)

B12FaiaFagus sylvática L.

B13CerquiñoQuercus pyrenaica Will (*)

B14SobreiraQuercus suber L.

B15Nogueira americanaJuglans nigra. (*)

B16Outras frondosas

OlmoUlmus glabra Huds. (*)

Ulmus minor Miller (*)

LoureiroLaurus nobilis L.

Sorbeira do monteSorbus aria

CapudreSorbus aucuparia

Carballo albariñoQuercus petrea (Matts) Liebl. (*)

AciñeiraQuercus ilex L.

Quercus rotundifolia

B18Piñeiro do paísPinus pinaster

B19CastiñeiroCastanea sativa Mill.

B20Carballo americanoQuercus rubra (*)

(*) Especies subvencionables en áreas de valgada.

ANEXO III

Especies arbóreas ou arbustivas autóctonas de interese particular en certas zonas por motivos de producción de madeiras valiosas, endemismos, perigo de extinción, ...

C1TeixoTaxus baccata L.

C2NogueiraJuglans regia L.

C3ÉrbedoArbutus unedo L.

C4AcivroIlex aquifolium L.

ANEXO IV

Anexo de prezos máximos atendibles de unidades de obra de repoboación

1. Acción previa sobre o mato.

ConceptoImporteNº de clave

Ha de roza manual125.0001

Ha de roza mecanizada50.0002

Ha de tratamento fitocida30.00038

Importes en pesetas

2. Preparación do solo.

ConceptoImporteNº de clave

Apertura mecanizada dun buraco con bulldozer4040

Apertura manual dun cubículo picado de 30 cm de diámetro e profundidade mínima de 30 cm854

Apertura manual dun buraco de 40 x 40 cm con profundidade mínima de 40 cm1205

Ha preparación do solo con subsolado simple con profundidade mínima de 50 cm e separación 3 m32.00010

Ha preparación do solo con subsolado simple con profundidade mínima de 50 cm e separación 4 m22.00045

Ha preparación do solo con subsolado cruzado ou dobre con profundidade mínima de 50 cm70.00037

Ha de preparación do solo con camballóns40.00042

Laboreo superficial21.00011

Ha subsolado lineal con cuñas fendedoras e con 3 m de separación45.00043

Ha subsolado lineal con cuñas fendedoras e con 4 m de separación35.00044

Ud. furado mecanizado con escavadora10018

Importes en pesetas

3. Implantación vexetal.

ConceptoImporteNº de clave

Plantación manual dunha conífera ou dous zumes ou frondosa dun zume a raíz núa4513

Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes ou frondosa dun zume en contedor2514

Plantación de planta en contedor e acondicionamento de cubículo onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre furado mecanizado con bulldozer5546

Plantación dunha conífera a raíz núa e acondicionamento de cubículo onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre furado mecanizado con bulldozer6547

Plantación dunha frondosa a raíz núa e acondicionamento de cubículo onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre furado mecanizado con bulldozer7548

ConceptoImporteNº de clave

Plantación manual dunha frondosa de dous zumes ou con máis de 1 metro de altura sobre furado mecanizado con escavadora10017

Importes en pesetas

4. Outras accións incluíbles na forestación.

ConceptoImporteNº de clave

Ha de fertilizado (inclúe esterco e man de obra) 31.30019

Adaptación de material e maquinaria agrícola ós traballos silvícolas. (Máximo 25% gastos repoboación)A xustificar20

Peche do terreo forestado. (Máximo 30% gastos de forestación)700 ptas./ml21

DrenaxeA xustificar22

Unidade de protector de planta, incluso colocado 7541

Ha de área de defensa contra incendios forestais80.00049

Ha de área de defensa contra incendios forestais estremeira con pista forestal50.00050

Unidade de cartel identificativo35.00051

Importes en pesetas

ANEXO V

Anexo de prezos máximos atendibles por planta

ConceptoImporteNº de clave

Ude. conífera 1 zume e 15 cm a raíz núa1623

Ude. conífera de 2 zumes a raíz núa2052

Ude. pseudosuga 2 zumes e 15 cm a raíz núa3524

Ude. conífera, 1 zume e 15 cm con terrón3231

Ude. pseudosuga 2 zumes e 15 cm. con terrón4532

Ude. frondosa 1 zume maior de 20 cm e ata 35 cm4025

Ude. frondosa 1 zume maior de 30 cm. con terrón5233

Ude. frondosa 2 zumes repicado maior de 35 cm e ata 60 cm10553

Ude. frondosa 2 zumes repicado maior de 60 cm e ata 100 cm17054

Ude. frondosa 2 zumes repicado maior de 100 cm20855

Ude. castiñeiro híbrido resistente ata 1 m21926

Ude. castiñeiro híbrido resistente maior de 1 m27127

Ude. teixo, acivro ou ébedo20024

Importes en pesetas

ANEXO VI

Infraestructuras de acompañamento das novas repoboacións que se realicen ó abeiro da presente orde

(Prezos máximos)

ConceptoImporteNº de clave

Km pista forestal (apertura)1.000.00010

Km arranxo de pista forestal (incluíndo pasos de auga)300.00011

Punto de auga con capacidade igual ou superior a 50 m de auga104.00014

Punto de auga con depósito pechado de formigón208.60015

Importes en pesetas

ANEXO VII

Limitacións de uso e condicións técnicas mínimas dos traballos

TraballoLimitacións de usoCondicións técnicas mínimas que deben cumpri-los traballos

Roza manual* Pendentes superiores ó 35%

* Zonas nas que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados.

* A altura do mato unha vez rozado non superará os 10 cm.

TraballoLimitacións de usoCondicións técnicas mínimas que deben cumpri-los traballos

Roza mecánica* Pendentes inferiores ó 35%* A altura do mato unha vez rozado non superará os 10 cm.

Tratamento fitocida* Non empregar en zonas de valgada.* Empregar productos sistémicos non residuais.

Laboreo superficial* Vexetación herbácea

* Pendentes comprendidas entre 0-25%

* Profundidade do laboreo maior de 20 cm.

Cubículas picadas* Pendentes superiores ó 35%

* Zonas nas que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados.

* Dimensións mínimas de 30x30x30 cm.

Buratos manuais* Pendentes superiores ó 35%

* Zonas nas que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados.

* Dimensións mínimas de 40x40x40 cm.

Subsolado lineal* Pendentes comprendidas entre 0-25%

* Traballarase no sentido que permita a posterior mecanización dos traballos de mantemento

* Profundidade maior de 50 cm.

Subsolado lineal con cuñas rompedoras* Pendentes comprendidas entre 0-25%

* Traballarase sempre no sentido que permita a mecanización dos traballos de mantemento

* Profundidade do labor, medida desde o nivel do solo sen alterar, maior de 50 cm.

* Largo do laboreo realizado coas cuñas fendedoras, medido ó nivel do solo sen alterar, maior de 30 cm.

* Largo do laboreo realizado coas cuñas fendedoras medido a 15 cm, baixo o nivel do solo sen alterar, maior de 15 cm.

Furado mecanizado con bulldozer* Xustifica-la súa utilización en pendentes inferiores ó 25%* Profundidade do labor ó final do burato, medida desde o nivel do solo sen alterar, maior de 50 cm.
* Lonxitude total do burato, incluído o burato e o lombo de terra sacada do burato, comprendida entre 150-200 cm.
* Largo superficial no comezo do burato, medido ó nivel do solo sen alterar, maior de 40 cm.
* Largo superficial ó final do burato, medido ó nivel do solo sen alterar, maior de 60 cm.

Camballán con desfonde lineal* Zonas con encharcamentos.

* Só se realizará cando a realización dos traballos non produza a inversión de horizontes (horizonte A de profundidade maior de 50 cm)

* Realizarase mediante o pase de polo menos dúas vertedeiras.

* Profundidade do corte da arada, medida desde o nivel do solo sen alterar, maior de 40 cm.

* Largo total do lombeiro, incluído o suco e o lombo volteado, maior de 150 cm.

Furado mecanizado con escavadora * Plantación de frondosas de altura maior de 100 cm.* Dimensións mínimas de 50x50x50 cm.

Fertilización completa* Realizarase con fertilizantes CEE ou UE, de aplicación localizada e liberación lenta, adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, co fin de evita-la contaminación dos acuíferos.

* Os fertilizantes poderán aplicarse en forma de pastillas ou cápsulas resinadas.

Peche* Realizarase con postes, con 3 ringleiras de arame, como mínimo.

* A altura dos postes sobre o nivel do solo será maior de 150 cm.

* Para facilita-lo acceso ás persoas para a realización de traballos de mantemento e defensa contra incendios, construirase a cada cara do peche polo menos un «paso de home».

Área de defensa contra incendios forestais* Terán un largo mínimo de 10 m.

* Terán unha franxa central de 5 metros con decapado ata solo mineral e dúas franxas laterais de polo menos 2,5 metros de largo e nas que se realizará unha roza a feito.

TraballoLimitacións de usoCondicións técnicas mínimas que deben cumpri-los traballos

* No caso de coincidir no perímetro unha pista forestal deberase realizar unha roza nunha franxa de largo igual ó resultado de lle restar a 10 metros o largo da pista en metros.

Apertura de pista.* Non se superará a densidade de 40 m de pista/ha, excepto no caso de ser necesaria a construcción de pista forestal para acceder ó monte.

* Adaptarase o seu trazado ó contorno natural do terreo.

* O largo da caixa, incluídos foxos e plataforma, estará comprendidos entre 3-5 m e estará dotada dos pasos de auga e foxos necesarios.

* A pendente máxima da rasante non superará o 12%.

* A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2% para facilita-la evacuación das augas cara os foxos.
* Realizaranse suficientes apartadoiros para garantiza-la circulación en ambos sentidos.
* Dotaranse as pistas ou os camiños de polo menos 2 pasos de auga por quilómetro.
* Eliminarase o cordón que se puidese formar na parte exterior da pista ó abri-la caixa.
* Nos tramos con pendente realizaranse cortes transversais en forma de quenlla dirixidos ó exterior da pista para facilita-la evacuación das augas, cada 50 m.

Mellora da pista* Só se realizará sobre as pistas que conten cun largo de caixa, incluídos foxos e plataforma, maior de 3 m.

* Non se superará a densidade de 40 m de pista/ha, excepto, no caso de ser necesario o arranxo de pista forestal para acceder ó monte.

* A pendente máxima da rasante no superará o 12%.

* A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2% para facilita-la evacuación das augas cara ós foxos.

* Realizarán suficientes apartadoiros para garanti-la circulación en ámbolos dous sentidos.

* Dotaranse as pistas ou os camiños de polo menos 2 pasos de auga por quilómetro.

* Nos tramos con pendente realizaranse cortes transversais en forma de quenlla dirixidos ó exterior da pista para facilita-la evacuación das augas, cada 50 m.

ANEXO VIII

Para cubrir cando o solicitante da axuda non sexa o titular dos terreos obxecto de subvención:

D/Dona....., con NIF/CIF..... con enderezo en rúa/praza..... nº..... localidade..... C.P...... provincia....., teléfono....., como titular dos terreos obxecto de subvención no concello de....., dá a súa conformidade á petición de axuda do solicitante, para efectuar traballos forestais nos ditos terreos, e para ser perceptor da axuda que corresponda.

Datos do solicitante:

D/Dona....., con NIF/CIF....., con enderezo en rúa/praza..... nº..... localidade.... C.P.... provincia....., teléfono.....

Os que abaixo asinan, declaran baixo a súa responsabilidade que son certos os datos expresados nesta declaración, e comprométense a cumpri-lo disposto na orde da Consellería de Medio Ambiente do..... de.... de 2000, de axudas a medidas forestais na agricultura.

En....., ... de.... de 2000.

Sinatura do solicitanteSinatura do titular

Asdo.:Asdo.:

CifraAcción enCualificaciónPendente do solo (aproximadamente)

SuperficiePor puntos (1) Por liña (2) Continua...% da superficie entre o ...% e o ...%

ProfundidadeSuperficial (1) Pequena (2) Grande (3)...% da superficie entre o ...% e o ...%

PerfilNon se altera (1) Altérase

Risco de esvaramentos pola alteración do balance «precipitación-infiltración-escorrentía»:

Nulo r Pequeno r Alto r

D. Especies que se empregarán na repoboación:

-Arbóreas: ... -Arbustivas: ...-Subarbustivas: ...

E. Xustificación esquemática do emprego de especies non incluídas na escala de regresión.

ANEXO XIV

Especies para as que non se esixirá certificado de calidade xenética nin certificado de calidade exterior:

B1 Ameneiro Alnus glutinosa (L.) Gaertn.

B2 Bidueiro Betula sp.

B3 Chopo negro Populus nigra.

B5 Pradairo Acer pseudoplatanus.

B6 Freixo Fraxinus excelsior L.

Fraxinus angustifolia Vahl.

B9 Cerdeiras silvestres Prunus aviun L.

Prunus mahaleb L.

Prunus padus L.

B11 Abeleira Corylus avellana L.

B15 Nogueira americana Juglans nigra.

B16 Outras frondosas:

Olmo Ulmus glabra Huds.

Ulmus minor Miller.

Loureiro Laurus nobilis L.

Capudre Sorbus aucuparia

C1 Teixo Taxus baccata L.

C2 Nogueira Juglans regia L.

C3 Érbedo Arbutus unedo L.

C4 Acivro Ilex aquifolium L.

Especies para as que non se esixirá certificado de calidade xenética e se esixirá certificado de calidade exterior:

A3 Piñeiro insigne Pinus radiata D. Don.

B7 Castiñeiro Castanea sativa Mill.

B8 Castiñeiro híbrido Castanea X hybrida (resistente tinta)