Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.093

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Lear Automotive (EEDS) Spain, S.L. (antes Mecanismos Auxiliares Industriales, S.A.).

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Lear Automotive (EEDS) Spain, S.L. (antes Mecanismos Auxiliares Industriales, S.A.), con nº de código 3600992, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-6-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, con data do 9-6-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de xuño de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Lear Automotive (EEDS) Spain, S.L. - Vigo

A) Conceptos xerais.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio regulará as relacións laborais e económicas da empresa Lear Automotive (EEDS) Spain S.L., sita en Vigo, Camiño do Caramuxo, nº 55.

1. Ámbito funcional.

As condicións pactadas neste convenio sono na súa globalidade, tendo un carácter de mínimos obrigatorios.

Artigo 2º.-Vixencia.

As normas estipuladas neste convenio entrarán en vigor a partir da sinatura da acta de compromiso, aínda que os seus efectos salariais serán a partir do 1 de xaneiro de 2000.

Artigo 3º.-Duración.

A duración do convenio será desde o 1 de xaneiro de 2000 ó 31 de decembro de 2000.

Artigo 4º.-Prórroga.

Se ningunha das partes denunciase o convenio a 31-12-2000, prorrogarase tacitamente a súa vixencia de ano en ano.

Artigo 5º.-Denuncia.

A denuncia do convenio presentarase con tódolos requisitos legais, cunha antelación mínima de tres meses á data de remate da súa vixencia ou de calquera das súas prórrogas.

Artigo 6º.-Absorción e compensación.

As condicións que se establecen neste convenio absorberán e compensarán, en cómputo anual, calquera outras existentes no momento da súa entrada en vigor e as que no futuro puidesen establecerse ata onde alcancen.

Artigo 7º.-Garantías persoais.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter global excedan deste convenio.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

1. As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación, serán consideradas globalmente.

2. No suposto de que a autoridade laboral competente, no exercicio das facultades que lle son propias, non o aprobase na súa totalidade, quedaría sen eficacia práctica, debendo considerarse de novo o seu contido.

Artigo 9º.-Comisión paritaria.

Para a aplicación, interpretación e cantas xestións se deriven deste convenio, créase unha comisión paritaria composta por cinco membros do comité de empresa, cinco representantes da dirección e o presidente da mesa negociadora do convenio.

B) Conceptos laborais.

Artigo 10º.-Productividade.

1. Aplicarase o sistema definido e desenvolvido no plan de productividade establecido pola empresa e aprobado pola autoridade laboral correspondente.

2. Nos procesos de traballo nos cales non haxa acordo, o comité de empresa terá derecho a coñece-lo seu contido e a súa cronometraxe. Ademais, nestes casos o proceso deberá estar por escrito.

3. Créase unha comisión paritaria, composta por tres membros do comité de empresa e tres representantes da dirección, para tratar sobre incentivos, aforro de custos e productividade. Os posibles resultados iranse implementando a medida que se chegue a acordo co comité de empresa sobre a materia.

Artigo 11º.-Cambios de postos de traballo.

1. A empresa establecerá curvas de aprendizaxe para cada posto de traballo. As bases técnicas uti

lizadas para a súa realización presentaránselle razoadamente ó comité de empresa.

2. Todo cambio de posto de traballo rexerase polo disposto na curva de aprendizaxe do dito posto.

3. Finalizado o período establecido na curva de aprendizaxe, o traballador percibirá o salario correspondente ó novo posto de traballo que ocupe (o cal nunca poderá ser inferior ó salario da cualificación que tivese asignado anteriormente) e a prima que acadase no dito novo posto.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

1. A xornada anual efectiva de traballo para o ano 2000 establécese en:

-Persoal a quendas: 1.759 horas.

-Xornada continuada e/ou xornada a quendas: 1.800,5 horas.

2. A xornada de traballo comezará á hora prevista no cadro horario, oficialmente aprobado pola autoridade laboral competente.

3. O traballador deberá estar en disposición de inicia-la súa actividade no posto de traballo coa súa correspondente indumentaria, ó toque de sirena.

4. A dita xornada normal será computada en consideración á iniciación do labor no suposto de traballo e finalización deste e non polo concepto de entrada e saída na factoría.

5. A fixación do horario de traballo será facultade da dirección da empresa, razoando o seu establecemento co comité de empresa, prevalecendo o criterio que supoña unha reducción dos custos, aumento de vendas ou favoreza as necesidades estacionais da producción.

6. No caso de desacordo entre a empresa e os representantes dos traballadores, decidirá a autoridade laboral.

7. A xornada laboral distribuirase de luns a venres, aínda que a dirección da empresa, logo de información e razoamento ó comité de empresa, poderá requiri-los empregados para que veñan desenvolve-lo seu labor durante tres sábados como máximo ó ano 1997, oito sábados como máximo durante 1998, e dez sábados como máximo a partir de 1999, sen que iso supoña a ampliación da xornada laboral no seu cómputo anual, dado que se compensaría cada sábado traballado cun día de descanso e un complemento de 2.750 ptas./día máis o IPC real do ano 2000. O dito requirimento afectaría a quendas completas e debería realizarse cun aviso previo de, polo menos, tres días.

Artigo 13º.-Festivos.

Observarase o que sobre a materia establece o calendario oficial de festas correspondente.

Artigo 14º.-Licencias.

Observarase o disposto na lexislación vixente, coa excepción dos seguintes casos:

-Parto de esposa: 3 días laborables.

-Falecemento de cónxuxe, pais ou fillos: 5 días naturais.

1. Estes permisos e licencias faranse extensivos a aqueles empregados/as que certifiquen mediante escrito do concello correspondente, ou mediante libro de familia, unha convivencia estable con outra persoa.

2. Quen, por razón de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos ou un diminuído físico ou psíquico, que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre polo menos un tercio e un máximo da metade da duración daquelas.

Artigo 15º.-Vacacións.

1. As vacacións serán de 30 días naturais ininterrompidos que se desfrutarán preferentemente entre os meses de xuño a setembro. A empresa acordará o calendario das ditas vacacións co C.E.

2. No caso de baixa por enfermidade ou accidente de traballo, antes das vacacións, o traballador -unha vez dado de alta- terá dereito ó seu desfrute, en todo caso dentro do mesmo ano, procurando que se se superou o período oficial de desfrute, se efectúe unha vez rematada a baixa de ILT e tendo os mesmos días laborais que o período oficial establecido.

3. As datas do desfrute de vacacións comunicaránselles ós empregados/as con dous meses de antelación ó seu inicio.

Artigo 16º.-Roupas de traballo.

1. A empresa entregaralle ó persoal dúas pezas de roupa de traballo ó ano.

2. No momento de entrar a traballar novo persoal, concederáselle a primeira peza de roupa de traballo.

Artigo 17º.-Seguridade e hixiene.

A empresa está obrigada ó cumprimento inescusable das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia de aseos, vestiarios, dotacións sanitarias, duchas, etc. de conformidade coa vixente ordenanza de seguridade e hixiene.

Artigo 18º.-Recoñecemento médico.

1. Efectuaranse os recoñecementos médicos anuais regulamentarios para todo o persoal, en similares características a como se están levando na actualidade.

2. O tempo empregado no recoñecemento será aboado pola empresa, quen facilitará os medios de transporte ó centro de recoñecemento médico se este non se efectúa na propia empresa.

3. De realizarse na empresa, garantirase que os servicios médicos que se ofrezan teñan as garantías técnico-sanitarias esixidas para estes casos e, como mínimo, as que actualmente se veñen realizando pola mutua patronal de accidentes de traballo.

O comité de empresa será informado e terase en conta a súa opinión en canto ás condicións para realiza-los recoñecementos médicos, antes do seu inicio.

Artigo 19º.-Recuperacións por defecto de calidade.

1. A recuperación das pezas rexeitadas será por conta do operario responsable da operación, sempre e cando se demostre que foron revisadas por calidade e se demostrase o fallo do traballador. Pagarase a rendemento 100 sen control.

2. En acta á parte, como xa se acordou no seu día, pactaranse os compromisos adicionais que clarifiquen este epígrafe de calidade.

Artigo 20º.-Faltas.

1. Para efectos laborais enténdese por faltas toda acción ou omisión que supoña quebranto dos dereitos de calquera índole imposto polas disposicións laborais vixentes e, en particular, as que figuran neste convenio.

2. Toda falta cometida por un traballador clasificarase atendendo á súa importancia, transcendencia ou malicia en leve, grave ou moi grave.

Artigo 21º.-Faltas leves.

1. Dunha a tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo sen a debida xustificación, cometidas durante o período dun mes.

2. Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das 24 horas seguintes á falta, a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

3. O abandono do traballo sen causa xustificada que sexa por breve tempo. Se como consecuencia diso se prexudica dalgunha consideración á empresa ou ós compañeiros de traballo ou fose causa de accidente, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

4. Pequenos descoidos na conservación do material.

5. Falta de aseo ou limpeza persoal.

6. Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidas.

7. Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia ou de domicilio.

8. Discutir cos compañeiros dentro da xornada de traballo.

9. Faltar ó traballo un día sen causa xustificada.

Artigo 22º.-Faltas graves.

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un período de trinta días.

2. Faltar dun a tres días ó traballo durante un período de trinta días, sen causa que o xustifique. Bastará unha soa falta cando tivese que relevar a

un compañeiro ou cando, como consecuencia dela, se causase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

3. Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social e, se é o caso, ás prestacións de protección á familia. A falsidade ou omisión maliciosa en canto á achega destes datos considerarase como falta moi grave.

4. Entregarse a xogos, calquera que sexan, dentro da xornada de traballo.

5. A desobediencia ós superiores en calquera materia de traballo incluída a resistencia e obstrucción a novos métodos de racionalización de traballo ou modernización de maquinaria que pretenda introduci-la empresa, así como negarse a enche-las follas de traballo, control de asistencia, etc., se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa ou os compañeiros de traballo, considerarase falta moi grave.

6. Simula-la presencia doutro ó traballo, asinando ou fichando por el.

7. A neglixencia ou desidia no traballo que afecte á boa marcha del.

8. A imprudencia en acto de servicio. Se implicase risco de accidente para si ou para os seus compañeiros, ou perigo de avarías para as instalacións, poderá ser considerada como falta moi grave. En todo caso, considerarase como imprudencia en acto de servicio o non-uso das roupas e os aparellos de seguridade de carácter obrigatorio.

9. Realizar sen o oportuno permiso traballos particulares durante a xornada, así como o emprego para usos propios de ferramentas da empresa.

10. A reiteración ou reincidencia en falta leve (excluída a de puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediada sanción que non sexa a de amoestación verbal.

Artigo 23º.-Faltas moi graves.

1. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade cometidas nun período de seis meses ou vinte nun ano.

2. As faltas inxustificadas ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun mes.

3. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros de traballo como á empresa ou a calquera persoa, realizado dentro das súas dependencias ou durante acto de servicio de calquera lugar.

4. Os delictos de roubo, estafa ou malversación cometidos fóra da empresa ou calquera outra clase de delicto común que poida implicar para esta desconfianza cara ó seu autor.

5. A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase sempre que existe falta cando un tra

ballador en baixa por un de tales motivos realice traballos de calquera clase por conta propia ou allea. Tamén se comprenderá neste epígrafe toda manipulación feita para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

6. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

7. A embriaguez durante o traballo.

8. Viola-lo segredo da correspondencia ou de documentos reservados da empresa.

9. Revelar a elementos estraños datos de reserva obrigada.

10. Dedicarse a actividades que a empresa declarase incompatibles no seu regulamento de réxime interior ou que impliquen competencia cara a ela.

11. Os malos tratos de palabra ou obra ou falta grave de respecto e consideración ós xefes ou ós seus familiares, así como ós compañeiros e ós seus subordinados.

12. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia inescusable.

13. Abandona-lo traballo en postos de responsabilidade.

14. A diminución non xustificada no rendemento de traballo.

15. Orixinar rifas e pendencias cos seus compañeiros de traballo.

16. As derivadas do previsto nos números 22º.3, 22º.5 e 22º.8.

17. A reincidencia en faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, sempre que se cometan dentro dun trimestre e fosen sancionadas.

Artigo 24º.-Detención do traballador.

Non se considerará inxustificada a falta ó traballo que derive de detención do traballador se este posteriormente é absolto dos cargos que se lle imputasen.

Artigo 25º.-Sancións.

As sancións máximas que se lles poderán impoñer ós que incorran en faltas serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

b) Por faltas graves:

-Traslado de posto dentro da mesma fábrica.

-Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de vinteún a sesenta días.

-Inhabilitación por un período non superior a cinco anos para ascender de categoría.

-Traslado forzoso a outra localidade sen dereito a ningunha indemnización.

-Despedimento.

Artigo 26º.-Abuso de autoridade.

1. A empresa considerará como faltas moi graves e sancionará, en consecuencia, os abusos de autoridade que puidesen comete-los seus directivos, xefes ou mandos intermedios.

2. Considerarase abuso de autoridade sempre que un superior cometa un feito arbitrario con infracción manifesta e deliberada dun precepto legal e con prexuízo notorio para un inferior; neste caso o traballador prexudicado porao en coñecemento do comité de empresa e comunicarallo por escrito ó seu xefe inmediato, quen terá a obriga de tramita-la queixa ata a dirección da empresa. Se calquera delas non o fixese ou, a pesar de facelo, insistise na ilegalidade cometida, o así prexudicado dará conta por escrito no prazo non superior a 15 días á autoridade laboral correspondente, a que, se considera infracción, lle ordenará á dirección da empresa o envío dos antecedentes do asunto e se, logo dos asesoramentos que coide oportunos, resultase probado o feito, resolverá o que proceda.

3. Se a resolución adoptada pola dirección da empresa sobre a falta de abuso de autoridade, con coñecemento do comité, non satisfixese o agraviado, tanto este como o comité poderán solicitar da autoridade laboral a imposición da correspondente sanción das previstas no artigo 25º deste convenio.

Artigo 27º.-Ausencias por cumprimento do servicio militar.

1. O traballador que se incorporase a filas con carácter oficial ou voluntario, polo tempo mínimo de duración deste, terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo que permaneza cumprindo o servicio militar e dous meses máis, computándose todo este tipo para efectos de antigüidade na empresa.

2. Durante o tempo da súa permanencia no servicio militar, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal.

3. Poderán reintegrarse ó traballo os licenciados do servicio militar con permiso temporal superior a un mes, sendo potestativo da empresa facelo cos que desfrutan permiso de duración inferior ó sinalado, sempre que en ámbolos casos medie a oportuna autorización militar para poderen traballar.

4. O traballador fixo que ocupe a vacante temporal dun compañeiro en servicio militar, ó regreso deste volverá ó seu antigo posto na empresa.

5. Se a substitución fose efectuada por un traballador alleo á empresa, no momento de retorno do fixo cesará sen dereito a ningunha indemnización se se lle notificase co prazo de oito días de ante

lación, aboándoselle esta se non se lle tivese comu-

nicado.

6. A non-reincorporación do traballador fixo en servicio militar dentro do prazo de reserva do seu posto dará lugar á rescisión do seu contrato de traballo.

Artigo 28º.-Excedencias.

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto e o cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reintegro deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

2. O traballador con, polo menos, unha antigüidade na empresa dun ano, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

3. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data do nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porán fin ó que se viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

4. A partir do 1 de xaneiro de 1991, a empresa garantiralles ás traballadoras en excedencia por maternidade o reingreso automático ós dous anos da data do parto.

5. Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

6. O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producise na empresa.

7. A situación de excedencia poderase estender a outros supostos colectivamente acordados, co réxime e os efectos que alí se prevexan.

C) Conceptos económicos.

Artigo 29º.-Salarios.

a) Establécese, para o ano 2000, un incremento salarial do IPC real do Estado o 31-12-2000 para todo o persoal reflectido na táboa salarial anexa.

Mentres non se coñeza o IPC de 2000 aplicarase un aumento salarial, tomando como base o IPC previsto polo Goberno. Unha vez publicado o IPC real do ano 2000 polo INE, procederase a face-la regularización das diferencias que corresponda, con efectos do día primeiro de xaneiro de 2000.

1. Os períodos de liquidación da nómina coincidirán cos meses naturais e a dita liquidación faráselle efectiva ó persoal o día quince do mes seguinte. Se este fose domingo ou festivo, o pagamento anticiparase ó día laborable inmediato anterior.

2. O persoal directo percibirá na última decena de cada mes, e con carácter de anticipo á conta, unha cantidade equivalente aproximadamente a quince días de salario de convenio.

Artigo 30º.-Complemento de substitución.

A partir da sinatura deste convenio suprímese o complemento de antigüidade. As cantidades que se viñan percibindo por tal concepto aboaranse como complemento persoal, denominado de substitución, que non será compensable nin absorbible e terá os aumentos que se pacten en convenio colectivo.

Aqueles traballadores ós que o 4 de novembro de 1997 lles faltase 1, 2, 3 e ata 4 anos para completa-lo quinquenio en curso de adquisición, percibirán respectivamente o 80%, 60%, 40% e 20% do valor dun quinquenio, que se engadirá ó complemento polos quinquenios consolidados. Iso co límite actualmente establecido de cinco quinquenios.

Artigo 31º.-Gratificacións extraordinarias.

1. O persoal percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes a xullo e Nadal na contía, cada unha delas, de trinta días de salario calculados sobre a táboa salarial anexa correspondente, máis a antigüidade, se é o caso.

2. Establécese un complemento para cada unha das dúas pagas extraordinarias do que a contía anual para 2000 terá un incremento do IPC real do Estado o 31-12-2000, sobre o valor antes do convenio, de 17.983 ptas.

3. Estas gratificacións serán concedidas en proporción ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se outorguen.

Artigo 32º.-Horas extraordinarias.

1. A horas extraordinarias aboaranse pola contía fixada na táboa salarial anexa.

2. Quedarán exceptuadas do incremento de cotización adicional á Seguridade Social, establecido no R.D. 92/1983, do 19 de xaneiro, as horas extraordinarias estructurais que se realicen. Entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e as de carácter estructural derivado da natureza do traballo de que se trate, ou mantemento, co límite de quince horas por persoa e mes.

Artigo 33º.-Complemento de traballos penosos, tóxicos ou perigosos.

1. A excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade dos traballos quedará normalmente comprendida na valoración de postos de traballo e na fixación dos valores dos incentivos. Cando non quede comprendida noutros conceptos salariais, aboaráse

lle ó persoal que teña que realizar aqueles labores unha bonificación do 20% sobre o seu salario base. A bonificación reducirase á metade se se realiza o traballo excepcionalmente tóxico, penoso ou perigoso durante un período superior a sesenta minutos por xornada sen exceder de media xornada.

2. Naqueles supostos en que moi singularmente concorrese de modo manifesto a excepcional penosidade, a toxicidade e a marcada perigosidade superior ó risco normal da industrial, o 20% pasará a se-lo 25% se concorresen dúas circunstancias das sinaladas e o 30% se fosen as tres.

3. A falta de acordo entre a empresa e os traballadores respecto á cualificación do traballo como penoso, tóxico ou perigoso será resolto polas delegacións provinciais de Traballo, logo de asesoramento do organismo técnico estatal correspondente, Inspección de Traballo e calquera outro que coiden oportuno.

4. As resolucións adoptadas pola delegación provincial de Traballo poderán ser recorridas no prazo de quince días ante a Dirección Xeral de Traballo.

5. Se por mellora das instalacións ou procedementos desaparecesen as condicións de penosidade, toxicidade ou perigosidade no traballo, unha vez confirmada a desaparición destas causas pola delegación provincial de Traballo, cos mesmos asesoramentos sinalados anteriormente, deixará de aboarse a citada bonificación, podendo recorrerse a decisión adoptada en igual forma que a prevista no parágrafo anterior.

Artigo 34º.-Prima de puntualidade e asistencia.

1. Establécese unha prima de 1.000 pesetas mensuais que percibirá o persoal que durante o mes correspondente non faltase ó traballo.

2. Non se perderá a prima polas causas seguintes:

a) Utilización polo comité das horas sindicais regulamentarias.

b) Asistencia a revisións médicas.

c) Atraso do transporte colectivo.

d) Estar en situación de ILT por accidente laboral.

D) Conceptos sociais.

Artigo 35º.-Reserva do posto de traballo ós traballadores en situación de baixa por invalidez provisional.

1. Todo traballador en situación de invalidez provisional por enfermidade común ou profesional, ou accidente laboral, unha vez declarada a súa aptitude sen incapacidade, terá dereito a ser reintegrado ó traballo.

Artigo 36º.-Reserva do posto de traballo ós traballadores en situación de baixa por invalidez permanente parcial.

1. Todo traballador en situación de invalidez permanente parcial, causada por accidente laboral, poderá reincorporarse á empresa, a cal lle facilitará

un posto de traballo compatible coa invalidez que lle fose declarada, ben sexa pola comisión técnica cualificadora ou a Maxistratura de Traballo.

2. Os casos de invalidez permanente total causados por accidente laboral serán estudiados pola empresa e o comité e subordinarase o seu ingreso nela á existencia de postos de traballo idóneos.

3. Neste caso, a empresa aboará a diferencia económica que exista entre a pensión que cobra mensualmente e o salario do posto de traballo que se vai ocupar.

4. A empresa procurará encadra-lo persoal con capacidade física ou intelectual limitada pola idade ou outros inconvenientes que sucedesen antes da súa xubilación en traballos adecuados ás súas necesidades reais.

Artigo 37º.-Seguro particular de accidentes.

A empresa seguirá tendo vixente para todo o persoal a contratación dunha póliza de seguros por accidente que cubra os risccos de morte ou invalidez permanente total, unha indemnización mínima de 200.000 pesetas, de acordo coas condicións subscritas nela.

Artigo 38º.-Gastos mínimos de locomoción.

1. En concepto de gastos de locomoción para o ano 2000, a empresa aboará por persoa e día traballado unha cantidade que se verá incrementada na mesma proporción que o salario durante a vixencia do convenio.

2. Con carácter excepcional satisfaráselles este concepto a tódolos traballadores que se atopen en situación de incapacidade laboral transitoria por accidente laboral.

Artigo 39º.-Premio á continuidade.

Seguirase aboando a cantidade de 7.500 pesetas, por unha soa vez, a todo o persoal que leve unha permanencia mínima e continuada na empresa de cinco anos, sen que consten no seu expediente faltas graves ou moi graves.

Artigo 40º.-Premio á xubilación.

Aboaráselle a cantidade equivalente a tres mensualidades ordinarias, por unha soa vez, a todo o persoal que cese na prestación do seu traballo por ter cumprida a idade regulamentaria para iso, de acordo coas normas establecidas na legalidade vixente.

Artigo 41º.-Permiso retribuído para ILT e consultas médicas.

No caso de enfermidade xustificada, comunicada nas primeiras 24 horas, o traballador percibirá o 50% do seu salario, durante os 3 primeiros días.

Para o ano 2000 e ós traballadores que durante 1999 non superen o 3,5% de absentismo percibirán un 25% do seu salario, que se engadirá ó 50% establecido no parágrafo anterior, durante os tres primeiros días de baixa por enfermidade.

O traballador, solicitándollo previamente ó seu mando, terá dereito a permiso retribuído para consulta ó médico de cabeceira e asistencia prestada por medicina particular, ata un máximo de 16 horas ó ano.

O límite de horas retribuídas para utilizar por traballador en conxunto para ámbolos casos será de 16 horas.

Este permiso substitúe os previstos nas disposicións legais vixentes.

Artigo 42º.-Axudas a enfermos e accidentados.

a) A empresa comprométese a complementar ata o 90% da retribución total, naqueles casos de accidentes de traballo con ferida de sangue ou graves, que non estean orixinados por imprudencia temeraria e obriguen a unha incapacidade temporal superior ós dez días.

Tamén se completará ata o 90% a retribución total naqueles casos de enfermidades graves propostas polo comité de empresa e aprobados pola dirección. Terán sempre consideración de graves as que signifiquen intervencións cirúrxicas ou internados en clínicas e hospitais. En ámbolos casos empezarase a devenga-la axuda a partir do décimo primeiro día da baixa, asegurándose a súa duración ata 180 días.

Condición básica para se acoller a tal beneficio será que nos tres meses anteriores á baixa se obteñan rendementos medios correctos.

b) Realizado pola empresa o estudio de viabilidade dun plan xeral de aplicación de posibles postos de traballo para diminuídos físicos, traballadoras en estado de xestación, etc., e comunicado no seu día o comité de empresa, pola propia empresa, continuarase considerando a posibilidade de empates temporais ou definitivos, en cada caso concreto que sexa solicitado polo interesado e xustificado medicamente polos servicios médicos de empresa, sempre tendo en conta as posibilidades e a celeridade que a propia organización productiva poida ofrecer.

Artigo 43º.-Obsequio de Nadal.

A empresa seguirá entregando o día laborable anterior á festa de Nadal, un lote de productos alimentarios a cada unha das persoas que figuren no seu cadro de persoal na dita data.

E) Conceptos sindicais.

Artigo 44º.-Acción sindical.

1. En todo o relativo a dereitos sindicais observarase o disposto na normativa vixente (Estatuto dos traballadores, LOLS).

Non obstante, a empresa recoñece, durante a vixencia deste convenio, o dereito a delegado sindical do sindicato que desempeñe maior representación no comité de empresa. O dito delegado sindical disporá dun crédito de 15 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación. O dito recoñecemento de delegado sin

dical só será válido coa condición que se realización eleccións sindicais antes do día 1 de marzo de 1995.

2. O comité de empresa e a sección sindical constituída disporán dun taboleiro de anuncios para inserción de propaganda.

3. O comité de empresa disporá das horas mensuais retribuídas que lle correspondan segundo o artigo 68 do Estatuto dos traballadores.

4. O comité de empresa recibirá información trimestral e anual igual e na mesma forma á facilitada ós accionistas e ós comités de empresa dos outros centros de traballo.

5. O comité de empresa será informado pola dirección nas reunións periódicas que se manteñan na planta, do número e nome dos empregados/as que pasen de ter unha contratación temporal a unha indefinida.

6. A empresa recoñece o dereito dos traballadores a realizar asemblea xeral unha vez ó mes, pero quedando condicionada a súa realización ós seguintes puntos:

a) Tódalas asembleas do persoal realizaranse fóra das horas de traballo.

b) Tódalas asembleas do persoal concertaranse previamente coa dirección da planta, coa finalidade de non efectuar interferencias que afecten á organización e ó normal desenvolvemento do traballo na empresa.

c) A empresa facilitará local para a realización da asemblea dos traballadores, de entre os que dispoña.

7. Cota sindical: por requirimento dos traballadores afiliados a centrais ou sindicatos, a empresa desconta na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. Para iso o traballador interesado remitirá al departamento de nóminas de la empresa un escrito expresando la orde do desconto, a central ou sindicato ó que pertence, a contía da cota, número de conta corrente e entidade bancaria á que debe ser transferida a dita contía. A empresa efectuará as ditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano.

8. Disporase de media hora mensual para realizar asembleas en horas de traballo, sempre e cando o autorice previamente a dirección da empresa.

F) Contratación.

Artigo 45º.-Principio de igualdade.

As partes asinantes deste convenio conveñen en adoptar cantas medidas tendan a facer efectivo na empresa o principio de igualdade entre home e muller en tódolos aspectos do réxime de condicións de traballo. Así mesmo, as partes asinantes comprométense a adoptar cantas medidas sexan necesarias para salvagarda-lo dereito de tódolos traballadores ó respecto da súa intimidade e á consideración debida á súa dignidade, comprendida a

protección fronte a ofensas verbais ou físicas de natureza sexual.

Artigo 46º.-Contrato de formación.

Só será aplicable a traballadores de 18 a 23 anos. A retribución deste tipo de contratación será, como mínimo, a seguinte:

Primeiro ano de contratación: 90% salario mínimo interprofesional vixente.

Segundo ano de contratación: 100% salario mínimo interprofesional vixente.

Terceiro ano de contratación: 110% salario mínimo interprofesional vixente.

Artigo 47º.-Extinción do contrato por causas obxectivas.

Durante a vixencia deste convenio acórdase asumi-lo reflectido no artigo 34, punto 1º, 2º, 4º e 5º do texto do convenio colectivo do metal da provincia de Pontevedra anos 1994/1995. O reflectido nos ditos puntos aplicarase non só ó artigo 52.1º.c) do

Estatuto dos traballadores, senón ademais ós artigos 40, 41 e 47 do mencionado texto legal.

Artigo 48º.-Formación.

No plan anual de formación da planta participará o comité de empresa para coñece-la súa opinión en canto ós cursos que se van realizar e os empregados adscritos a eles.

G) Conceptos legais.

Artigo 49º.-Lexislación aplicable.

1. En todo o que non estea expresamente disposto neste convenio observarase o que determina a legalidade vixente.

2. Tódalas materias que figuran neste convenio se adaptarán en todo momento á normativa legal que afecte directamente ó seu contenido, que poida promulgarse durante a súa vixencia.

Artigo 50º.-Partes negociadoras.

Este convenio negociouse entre o comité de empresa e a dirección dela.

Táboa salarial-Vigo, 1-1-2000 (2º convenio)

CategoríasBase salarialIncentivoHoras extrasComplemento substitución

Ptas./mesPtas./díaPtas./hora

quenda

Ptas./hora

non quenda

Ptas./hora

quenda

Ptas./hora

non quenda

Ptas./hora

quenda

Ptas./hora

non quenda

Ptas./mesPtas./día

* Técnicos titulados
Peritos industriais194.8686.495,600,001.187,930,000,000,000,008.755291,79
Licenciado194.8686.495,600,001.187,930,000,000,000,008.755291,79

* Técnicos de taller
Xefe de taller156.6095.220,300,00954,680,000,000,000,007.033234,45
Encargado126.8454.228,17792,06773,270,000,001.149,651.122,055.698189,94
Capataz espec.107.7953.534,26673,13657,130,000,00976,93953,560159,17

* Org. científ. traballo
Xefe de 2ª146.7044.890,100,00894,320,000,000,001.297,756.588219,61
Téc. org. 1ª124.6014.153,370,00759,580,000,000,001.102,245.597186,58
Analista108.9203.630,67680,15663,980,000,00987,06963,454.904163,48

* Profesionais de oficio
Ofic. 2ª mantemento111.6943.662,10697,47680,880,000,001.012,31988,074.945164,86
Especialista102.8373.371,70642,18626,910,000,00932,04909,990151,87

* Administrativos
Xefe de 2ª144.7864.826,200,00882,630,000,000,001.280,816.504216,80
Oficial de 1ª124.6014.153,37778,07759,580,000,001.129,331.102,245.597186,58
Oficial de 2ª110.6903.689,68691,19674,780,000,001.003,22979,264.971165,72

* Persoal subalterno
Vixilante nocturno95.9683.198,93599,25585,020,000,00869,79848,904.312143,72

* Operarios de taller
Oficial de 1ª118.4013.881,97739,32721,78597,53584,801.073,121.047,400174,84
Especialista104.6493.431,11653,46637,96530,78518,16948,48925,730154,52
Peón99.2003.252,46619,46604,75504,18493,18899,10877,430146,48

Xornada quendas: 1.759,00 horas.

Xornada resto: 1.800,50 horas.

Complemento locomoción: 416 ptas./día.

Complemento paga extra: 18.343 ptas./paga.