Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.118

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de agosto de 2000 pola que se adxudica un posto de traballo da fase de resultas do concurso 1/1999 convocado pola Orde do 12 de xaneiro de 1999.

Por orde desta consellería do 12 de xaneiro de 1999, publicada no DOG nº 12 do 20 de xaneiro, convocouse o concurso 1/1999, para a provisión de postos da Administración especial da Xunta de Galicia, resolvéndose definitivamente por Orde do 21 de xuño de 1999, publicada no DOG nº 124, do 30 de xuño.

Na sentencia dictada con data 9 de maio de 2000 polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña, declárase a desconformidade a dereito da exclusión da provisión no concurso, na fase de resultas, do posto denominado sección de seguridade no sector primario, código XU.C99.10.000.15001.063, dependente da Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais na Coruña, debéndose segui-las actuacións administrativas para a súa adxudicación.

En execución da antedita sentencia, segundo a disposición da Dirección Xeral da Función Pública do 7 de xullo de 2000, e á vista da proposta de adxudicación do posto en cuestión, efectuada pola comisión de valoración, mediante acordo adoptado en sesión celebrada o día 13 do mesmo mes, esta consellería, de conformidade co previsto na base VI.6 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicar ó funcionario que a seguir se indica, o posto de traballo que tamén se especifica, correspondente á fase de resultas prevista na base I.5 da convocatoria do concurso 1/1999:

Posto de traballo.

Código: XU.C99.10.000.15001.063.

Denominación: sección de seguridade no sector primario.

Nivel: 24.

Consellería: Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Localidade: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Funcionario ó que se adxudica.

Nome e apelidos: Luis Arranz Buján.

DNI: 32.379.178

Grupo: B.

Puntos: 14,45.

Posto no que cesa: posto base de Seguridade e Hixiene, N-16, Cod.: XU.C99.10.000.15001.078. Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. A Coruña.

Segundo.-De conformidade co disposto no Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e na base VIII.1 da convocatoria do concurso, a toma de posesión do funcionario que obtivo o posto de traballo, efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do citado regulamento, computándose estes a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.

Contra a presente orde que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, de 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública