Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.084

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de xullo de 2000 pola que se conceden subvencións a escolas de música privadas con ánimo de lucro.

Por Orde do 9 de marzo de 2000 (DOG do 22 de marzo), publicouse a convocatoria para a concesión de subvencións a escolas de música privadas con ánimo de lucro.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-las subvencións, nas contías que se sinalan, ás escolas de música privadas con ánimo de lucro que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestima-las solicitudes presentadas polas escolas de música privadas con ánimo de lucro que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Terceiro.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos, antes do 15 de outubro de 2000, a xustificación completa dos gastos realizados.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e

Ordenación Universitaria

ANEXO I

Escola de músicaConcelloContía da subvención

concedida (pesetas)

Presto VivaceA Coruña500.000

EstudioSantiago de

Compostela

500.000

BreogánO Grove165.499

A TempoPontevedra265.231

ANEXO II

Escola de músicaConcelloCausa da denegación

Valugo RúaOurenseNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo segundo da orde da convocatoria)