Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.083

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xullo de 2000 pola que se conceden subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Por Orde do 8 de marzo de 2000 (DOG do 23 de marzo), publicouse a convocatoria para a concesión de subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-las subvencións, nas contías que se sinalan, ás escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestima-las solicitudes presentadas polas escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Terceiro.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos, antes do 15 de outubro de 2000, a xustificación completa dos gastos realizados.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de

Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e

Ordenación Universitaria

ANEXO I

SolicitanteConcelloContía da subvención concedida (pesetas)

Real Sociedad Económica de Amigos del PaísSantiago de

Compostela

500.000

Asociación Cultural de

Banda de Música de

Visantoña

Santiso500.000

Asociación Coral de

Samos

Samos347.644

Banda de Música Cultural de LalínLalín500.000

Escola de Música Agrupación Músical do RosalO Rosal500.000

Asociación Amigos de la MúsicaSalceda de

Caselas

496.781

Banda Escola de Música de BeadeVigo500.000

Asociación Cultural

Coppelia

Vigo500.000

ANEXOII

SolicitanteConcelloCausa da denegación

Academia Banda de Música de NoiaNoiaNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspendentes ensinanzas (artigo segundo da orde da convocatoria)

Sociedade Recreativa San Xoán de CaloTeoA solicitude foi presentada fóra de prazo

Asociación Cultural Escola de Música e Danza de ChantadaChantadaA solicitude foi presentada forá de prazo

Asociación Musical Recreativa e Cultural de BandeiraSilledaNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo segundo da orde de convocatoria)

Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de MatamáVigoA solicitude foi presentada fóra de prazo