Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.082

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de xullo de 2000 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música Municipal da Capela (A Coruña), Escola de Música Municipal A Fábrica de Oleiros (A Coruña) e a Escola de Música Municipal de Campo Lameiro (Pontevedra) no Rexistro de Escolas de Música.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo,

establece que poderán cursarse estudios de música ou de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril), regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, o Decreto 213/1998, do 10 de xullo, no seu artigo 1 establece que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentadas as solicitudes de inclusión no Rexistro de Escolas de Música polos concellos de Oleiros (A Coruña), A Capela (A Coruña) e Campo Lameiro (Pontevedra), os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.

Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la inclusión no Rexistro de Escolas de Música da Escola de Música Municipal da Capela (A Coruña), Escola de Música Municipal A Fábrica de Oleiros (A Coruña) e a Escola de Música Municipal de Campo Lameiro (Pontevedra), segundo os datos que figuran no anexo.

Segundo.-As ditas escolas quedan sometidas ó réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril), e ós servicios de inspección correspondientes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Capela.

Localidade: A Capela.

Enderezo: As Neves, s/n.

Código do centro: 15032091.

Denominación específica: Escola de Música Municipal da Capela.

Titular: Concello da Capela.

Provincia: A Coruña.

Concello: Oleiros.

Localidade: Perillo.

Enderezo: rúa do Inglés, nº 11.

Código do centro: 15032108.

Denominación específica: Escola de Música Municipal A Fábrica.

Titular: Concello de Oleiros.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Campo Lameiro.

Localidade: Campo Lameiro.

Enderezo: Chanciña de Arriba, s/n.

Código do centro: 36024151.

Denominación específica: Escola de Música Municipal de Campo Lameiro.

Titular: Concello de Campo Lameiro.