Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.050

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de xullo de 2000 pola que se lle dá publicidade á disposición do director xeral da Función Pública do 4 de xullo de 2000, en relación coa execución provisional da sentencia 24/2000, do 3 de febreiro, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña.

Visto polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña o recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 620/1999, interposto por Matías Santos Silva Martínez e José Fer

nández Franco, contra a Orde do 1 de decembro de 1998, pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, entre outras, na categoría 9 do grupo IV e na categoría 8 do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, dictou sentencia 24/2000, do 3 de febreiro de 2000, pronunciándose no seguinte sentido:

«Resolvo: que procede, de conformidade co teor dos artigos 68.1º b) e 2; 70.2º e 71.1a); b) e c) da dita Lei 29/1998, do 13 de xullo, estimar aquel recurso contencioso-administrativo para o efecto promovido; declara-la anulabilidade e, por ende, a modificación daquela Orde do 1 de decembro de 1998 do conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, no que atinxe precisa e especificamente á cobertura daquelas referidas prazas de persoal laboral fixo de autos, procedendo, en consecuencia, a modificación do resultado daquel referido proceso selectivo e nun prazo dun (1) mes contado desde a notificación desta sentencia e firme desde logo que sexa a mesma, no que se refire ó respectivo outorgamento daquelas prazas e logo da adxudicación do posto que lles corresponda, conforme a puntuación outrora obtida na relación de persoal aprobado para a obtención tanto daquela referida praza de oficial de 2ª de faenas agrícolas da categoría 9 do grupo IV de persoal laboral

fixo da Xunta de Galicia a Matías Santos Silva Martínez y daqueloutra praza de peón agrario especializado da categoría 8 do grupo V de igual Administración autonómica a José Fernández Franco, sen que desde logo caiba especial pronunciamento en materia de custas procesuais».

Contra a devandita sentencia, a representación da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia interpuxo recurso de apelación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que está pendente de resolución.

Solicitada polos interesados a execución provisional da sentencia 24/2000, do 3 de febreiro de 2000, foi estimada por auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña do 5 de maio de 2000, nos seguintes termos:

«Acórdase a estimación daquela solicitude de execución provisional daquela sentencia 24/2000, do 3 de febreiro de 2000, deste mesmo órgano xurisdiccional unipersoal contencioso-administrativo aquí residenciado e sen prexuizo daqueloutro trámite apelatorio que corre agora igualmente unido».

Interposto recurso de súplica contra el, con data do 29 de maio de 2000, o xulgado dictou auto no que se acorda:

«A estimación parcial do recurso de súplica agora promovido e, en consecuencia, conforme aquelos termos transaccionais apuntados de de consumo, con

firmarlles a aquelos citados recorrentes na súa provisonal condición de persoal laboral fixo daquela Administración autonómica que aínda se lles permites elexir destino para o efecto entre aquelas prazas daquel carácter que estean vacantes e aínda pendentes de efectiva cobertura».

En consecuencia, e en virtude do disposto no artigo 84.1º en relación cos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, tal sentencia deberá executarse provisionalmente nos termos indicados no auto con data do 29 de maio de 2000.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e

Administración Pública