Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.039

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2000 pola que se publicitan as bases da convocatoria de bolsas-contratos en prácticas, aprobadas por acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica do 19 de xullo de 2000.

O Igape renova a convocatoria de bolsas de contratos en prácticas mantendo así unha política de dobre obxectivo, dunha banda a de achegar ós recén titulados, con escasa ou nula experiencia profesional, ás empresas galegas facilitándolles así a experiencia práctica complementaria ós coñecementos adquiridos no seu período formativo e doutra banda, incentivando a contratación por parte do empresariado galego, de traballadores cunha base de formación importante, que poida propiciar, tralo necesario período de adaptación e aprendizaxe práctica, a mellora do capital humano das empresas e a familiarización dos empresarios con persoal de maior cualificación potencial.

A nova convocatoria mantén o sistema de asignación de bolseiros ás empresas e entidades posto en práctica na pasada convocatoria de bolsas 99, de xeito que trala clasificación das entidades e dos bolseiros, segundo a demanda de titulación e especialidade solicitada polas entidades, se procede á asignación directa e automatizada dos bolseiros mellor clasificados.

As variantes máis salientables que presenta a nova convocatoria atópanse no establecemento dos baremos clasificatorios das entidades solicitantes de bolseiros, concretándose nos seguintes criterios:

1. Introdúcese unha valoración positiva (10%) das solicitudes de titulacións menos demandadas, coa intención de potencia-lo acceso ás bolsas de titulacións de máis dificil acceso ó mercado laboral.

2. Mantéñense os criterios de: complexo de actividade preferente (25%) e localización das entidades nalgunha das provincias de menor renda (20%).

3. Establécese a contía mínima do salario bruto que percibirán os titulados no valor da bolsa concedida (1.500.000 ptas.). Aquelas entidades que propoñan un salario bruto anual superior, recibirían 1 punto porcentual por cada 15.000 ptas. en que o salario bruto anual proposto supere 1.500.000 ptas., co límite neste concepto en 25 puntos porcentuais.

4. Avaliaranse as funcións previstas polas entidades para os bolseiros, de xeito que recibirán 5 puntos porcentuais aquelas solicitudes que propoñan funcións en áreas de xestión, organización ou tecnoloxía.

5. Por último, introdúcese a valoración positiva daquelas solicitudes que, tendo sido beneficiarios de bolseiros do Igape en anteriores convocatorias, acrediten a permanencia na entidade do bolseiro, con contrato indefinido (15%).

Os restantes aspectos relativos á tramitación, dereitos e obrigas dos beneficiarios non presentan novidades salientables, establecéndose un período máximo para a resolución de incidencias, renuncias e reasignacións de bolseiros de seis meses contados a partir

da publicación das listas de espera de titulados e entidades.

Por todo o que antecede, logo da súa deliberación polo Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en data 19 de xullo de 2000 aprobou as bases reguladoras que se xuntan á presente resolución como anexo.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

BASES POLAS QUE SE REGULAN BOLSAS-CONTRATOS EN PRÁCTICAS

Primeira.-Obxecto.

É obxecto das presentes bases regula-la convocatoria de ata 80 bolsas-contratos en prácticas destinadas a minora-los custos laborais de titulados universitarios contratados por empresas ou por entidades sen ánimo de lucro representativas de sectores ou subsectores empresariais.

Segunda.-Aplicacións orzamentarias.

As axudas convocadas ó abeiro das presentes bases, financiaranse con cargo á partida 02.02/05/01/03/678 dos orzamentos do Igape para o 2000, ata un máximo de 120.000.000 de ptas.

Terceira.-Beneficiarios.

1. Poderán solicitar esta axuda aquelas empresas ou entidades que cumpran os seguintes requisitos:

A) Empresas (excluídas UTEs) que teñan o seu enderezo ou centro principal de actividades na Comunidade Autónoma galega e que conten cun mínimo de tres traballadores fixos. O requisito do emprego non será necesario nas empresas de nova creación, entendéndose por estas as que non teñan máis dun ano de antigüidade contado desde a data de constitución ata a de presentación da solicitude no Igape.

B) Entidades sen ánimo de lucro representativas de sectores ou subsectores empresariais, que teñan personalidade xurídica propia e o seu enderezo ou centro principal de actividade en Galicia (confederacións, federacións, asociacións ou fundacións).

2. Poderán presentar solicitude para acollerse a estas bolsas aqueles titulados que cumpran os seguintes requisitos:

A) Ser nacional dun país membro da Unión Europea.

B) Cumprir algunha das seguintes condicións:

-Ter veciñanza administrativa en Galicia.

-Ser natural de Galicia

-Ser fillo de emigrantes galegos.

C) Estar en posesión dunha titulación universitaria (superior ou media) outorgada por unha institución docente oficialmente recoñecida dalgún país membro da Unión Europea na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e, ter obtido o título con posterioridade ó 30 de xuño de 1997.

D) No caso de títulos expedidos por centros estranxeiros ou privados, será preciso que estean homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia, previamente ó remate do prazo de presentación de solicitudes.

E) Non ter desempeñado con anterioridade algún traballo profesional para o que se requirise a mesma titulación esixida nesta convocatoria, en virtude de calquera tipo de contrato laboral de duración igual ou superior a doce meses.

3. A concesión e desfrute dunha bolsa non supón vinculación laboral, estatutaria ou administrativa entre o Igape e os titulados que concorran a esta convocatoria, e non derivarán para eles outros dereitos que os que resulten do procedemento administrativo.

4. Criterios de selección de empresas e entidades. Farase de acordo cos seguintes criterios:

a) Complexos de actividade preferentes: 25 puntos, sendo estes os seguintes

-Mar-industria.

-Rochas ornamentais.

-Agro-industria.

-Téxtil.

-Automóbil.

-Telecomunicacións-audiovisual.

-Turismo.

-Silvícola-forestal.

-Madereiro.

-Medio ambiente.

b) Retribución bruta que vai percibi-lo titulado: ata 25 puntos. (Outorgarase 1 punto por cada 15.000 ptas. en que o salario bruto anual que se vai pagar exceda de 1.500.000 ptas.).

c) Localización da empresa nalgunha das dúas provincias de menor renda per cápita (Lugo ou Ourense): 20 puntos.

d) Empresas que tiveron un titulado do Igape en convocatorias anteriores e demostren que este segue na empresa cun contrato indefinido: 15 puntos.

e) Dificultades de acceso ó mercado laboral da titulación solicitada: 10 puntos.

(Para efectos deste anexo considéranse titulacións de difícil acceso ó mercado laboral aquelas que non se encontren entre ás seguintes: carreiras técnicas-enxeñerías, arquitectura, informática en calquera grao; ciencias económicas, empresariais, administración de empresas, relacións laborais e dereito en calquera grao ou variante.

f) Funcións previstas que vaia desenvolver o bolseiro en ámbitos de organización, xestión ou tecnoloxía: 5 puntos.

Para os efectos do disposto na base 7º, as solicitudes de empresas ou entidades, serán ordenadas pola puntuación acadada na avaliación dos anteriores criterios. En caso de igualdade na puntuación serán ordenadas por orde de rexistro de entrada das súas solicitudes coa documentación completa, no Igape.

5. Criterios de selección de titulados:

O Igape ordenará os titulados segundo a súa titulación, especialidade e puntuación obtida no seguinte baremo de autoavaliación:

Matrícula de honra: 4 puntos.

Sobresaliente: 3 puntos.

Notable: 2 puntos.

Aprobado: 1 punto.

Reducción ó mesmo número de materias:

Puntuación obtidax10

Nº de materias

Proxecto fin de carreira, grao ou tesiña: 2 puntos.

Cuarta.-Obrigas das empresas ou entidades.

A) Formalizar co titulado asignado un contrato de traballo en prácticas e mante-lo vixente ó menos 12 meses ininterrompidos. No caso de cesamento da relación contractual por causas non imputables á empresa ou entidade, a bolsa reducirase proporcionalmente ó período contractual efectivamente realizado. No contrato laboral deberá pactarse a xornada completa, salvo casos excepcionais de empresas que, con carácter xeral, teñan establecida unha reducción de xornada para a maioría dos traballadores da empresa. Neste último caso, o importe da bolsa reducirase na mesma proporción que a reducción da xornada.

B) Aboarlle ó titulado asignado un salario mínimo de 1.500.000 ptas./ano, salvo que o convenio aplicable estableza unha contía superior para un contratado en prácticas, sendo neste caso de aplicación ó disposto no convenio. No caso de pactarse contractualmente unha xornada reducida, minoraríase a contía da bolsa en proporción á reducción.

C) Dar de alta ó titulado no grupo de cotización que legalmente lle corresponda segundo a súa titulación e aboa-la cota empresarial da Seguridade Social; a dita cota será pola súa conta e entenderase non incluída no importe da bolsa.

D) Estar ó día nos pagamentos á Seguridade Social e Facenda, así como carecer de débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia.

E) Entregarlle ó Igape a seguinte documentación en prazo:

-Copia compulsada do contrato e alta na Seguridade Social.

-Datos bancarios da empresa.

-Copia das nóminas aboadas e dos boletíns de cotización á Seguridade Social.

-Memoria de actividades do titulado

F) En xeral, cumprir coa normativa laboral vixente en materia de contratos en prácticas.

G) Facilita-los labores de inspección e control que o Igape e a Consellería de Economía e Facenda, ben directamente a través dos seus órganos, ou ben indirectamente a través das entidades que designen, poidan realizar.

Quinta.-Número, duración e contía das bolsas.

1. Establécese un número máximo de 80 bolsas, das que, ata 70 poderán ser adxudicadas a favor de empresas, e ata 10 poderán ser adxudicadas a favor de entidades sen ánimo de lucro representativas de sectores o subsectores empresariais.

2. A cada unha das empresas ou entidades seleccionadas só se lles adxudicará un titulado, podendo o Igape declarar deserta total ou parcialmente a adxudicación das bolsas.

3. A duración da bolsa será de 12 meses desde a data de formalización do contrato en prácticas do titulado.

4. A contía de cada unha das bolsas será de 1.500.000 ptas./ano, esta cifra será a que o Igape lle aboará á empresa ou entidade.

Sexta.-Solicitudes, documentación e prazo de presentación.

1. Empresas ou entidades: as solicitudes deberán presentarse no modelo oficial do anexo III, xunto coa documentación descrita no anexo II.

2. Titulados: as solicitudes deberán presentarse no modelo oficial do anexo IV acompañadas da documentación descrita no anexo V.

3. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Igape (complexo administrativo San Lázaro 15703 Santiago de Compostela) ou de calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A documentación que figura nos anexos II e V deberá presentarse en orixinal ou ben en copia compulsada ou cotexada cos orixinais polos rexistros administrativos, de acordo co artigo 38.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A documentación redactada nunha lingua non oficial de Galicia deberá ser traducida por un intérprete xurado.

4. O prazo de presentación de solicitudes para as empresas, entidades e titulados rematará o 30 de setembro de 2000.

Sétima.-Tramitación.

1. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, os servicios técnicos da subdirección de programas de axuda á innovación, mellora da competitividade e cooperación empresarial do Igape comprobarán o cumprimento dos requisitos da convocatoria establecidos nestas bases.

2. Do resultado da comprobación, serán expostos nos taboleiros de anuncios das oficinas do Igape:

a) As listas provisionais de solicitantes admitidos e excluídos

b) Titulación e especialidades solicitadas polas empresas e entidades, por orde de preferencia.

c) Baremo obtido polos titulados, segundo os criterios do punto 4 da base terceira.

Abríndose un prazo de dez días naturais para que os interesados poidan presentar alegacións respecto do baremo obtido ou emenda-la súa solicitude e achegar, se é o caso, a documentación necesaria, entendéndose noutro caso desistido da súa solicitude, e resolverase o arquivo do expediente.

3. Finalizado o prazo de emenda, o Igape expoñerá nos taboleiros de anuncios das súas oficinas as listas definitivas de solicitantes admitidos, sinalando para as empresas e entidades as titulacións e especialidades solicitadas por cada unha por orde de preferencia e a puntuación obtida na valoración dos criterios establecidos no punto 4 da base terceira; e sinalando para os titulados: titulación, especialidade e puntuación resultante do baremo establecido no punto 5 da base terceira.

4. A proposta de adxudicación ás empresas ou entidades seleccionadas será elaborada seguindo a orde correlativa de puntuación acadada, asignándolle ó titulado que, dentro da titulación e especialidade que preferentemente solicitou, teña a máxima puntuación e estea dispoñible. No caso de que non houbese titulados dispoñibles na titulación e especialidade preferentemente requiridas, procederase a asignarlle ó titulado que dentro da titulación e especialidade requirida en segundo lugar teña a máxima puntuación e estea dispoñible, e así sucesivamente. No caso extremo en que non existira ningún titulado dispoñible en ningunha das titulacións alternativas solicitadas, notificaríaselle á entidade a denegación motivada do bolseiro.

En caso de igualdade na puntuación de titulados, será asignado en primeiro lugar o que teña entregado antes a documentación completa no Igape.

Unha vez outorgadas co procedemento descrito as bolsas, publicarase unha lista de espera de titulados e outra de entidades, co fin de que se poidan resolve-las potenciais incidencias e re-adxudicacións de bolseiros, cunha vixencia para estes únicos efectos de seis meses desde a data de súa publicación.

Oitava.-Resolución e aceptación das axudas.

1. O subdirector de programas de axuda á innovación, mellora da competitividade e cooperación empresarial, e a directora da Área de Financiamento elevarán proposta de resolución á directora xeral do Igape.

2. A resolución de concesión determinará a empresa ou entidade beneficiaria e o titulado asignado.

3. O Igape expoñerá nos seus taboleiros de anuncios as listas de beneficiarios, así como de solicitantes con resolución negativa. Ós beneficiarios, así mesmo, notificaráselles individualmente a súa resolución de concesión da bolsa que deberá ser aceptada por escrito polo beneficiario no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte á súa notificación. No caso contrario entenderase que o beneficiario renuncia á subvención, sendo dictada neste senso resolución pola directora da Área de Financiamento.

Novena.-Recursos.

O prazo máximo para dictar e notificarlles ós interesados a resolución expresa será de seis meses contados desde o seguinte á publicación destas bases.

O vencemento do dito prazo sen que se notifique a resolución expresa lexitima ó interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

As resolucións dos expedientes instruídos ó abeiro do disposto nestas bases esgotarán a vía administrativa, polo que de conformidade co previsto na Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, contra elas poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da súa notificación se fose expresa, e se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase a partir do seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Potestativamente, e con anterioridade a interposición do recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes, se o acto fora expreso, se non o fora, o prazo será de tres meses e contarase a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Décima.-Formalización dos contratos.

1. Unha vez aceptada a bolsa, a empresa ou entidade beneficiaria disporá de 30 días naturais, improrrogables, para formaliza-lo contrato de traballo co titulado asignado, segundo o modelo oficial vixente, onde terá que consta-la retribución salarial en cómputo anual, expresamente contificada en número.

2. A empresa ou entidade remitiralle ó Igape dentro dos 30 días anteriormente sinalados a seguinte documentación:

a) Copia compulsada do contrato.

b) Copia compulsada da alta na Seguridade Social.

c) Certificado da entidade financeira onde conste o número de conta no que se farán os pagamentos da bolsa.

3. Transcorridos os ditos prazos sen que a empresa ou entidade acredite a formalización do contrato no tempo establecido, entenderíase que renuncia ós seus dereitos e, tras resolución da directora de Financiamento, procederíase a arquiva-lo expediente. O bolseiro asignado, pola súa parte, reincorporarase á lista de espera na orde que lle corresponda, cubrindo calquera vacante das súas características que se puidese producir.

4. No caso de que o contrato non chegue a formalizarse por causas imputables ó titulado, a empresa ou entidade beneficiaria deberá comunicarllo por escrito ó Igape, solicitando a asignación dun titulado segundo o procedemento do punto 4 da base sétima. O Igape dará audiencia o titulado, e unha vez constatada polo Igape a súa renuncia, será excluído de tódalas listas de candidatos a bolsas abertas no dito momento no Igape. No caso de que o bolseiro aduza outro tipo de causalidade, imputable á empresa, o Igape solicitará a información que considere necesaria de ámbalas dúas partes, decidindo con base na dita información a imputación causal. Se o Igape considerase que coa información subministrada non é suficiente para dilucida-la imputación, poderá decidi-lo arquivo do expediente, con perda para ámbalas dúas partes dos seus dereitos.

5. No caso de que sexa a empresa ou entidade quen renuncie á contratación do bolseiro asignado, ou rescinda unilateralmente o contrato durante os dous primeiros meses de vixencia da bolsa, a dita entidade considerarase desistida de tódolos dereitos para contratar un novo bolseiro. O bolseiro asignado, pola súa parte, reincorporarase á lista de espera na orde que lle corresponda, cubrindo calquera vacante das súas características que se puidese producir.

Décimo primeira.-Xustificación e liquidación.

1. O importe da axuda concedida aboaráselle á empresa ou entidade mediante dous pagamentos.

2. Unha vez vencido o primeiro semestre do contrato, a empresa ou entidade poderá remitirlle ó Igape unha solicitude de cobro, achegando a seguinte documentación: certificados actualizados acreditativos de estar ó día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia, copia das nóminas e dos boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ó traballador que desfrute da bolsa de traballo en prácticas, e unha declaración xurada de non percibir outras axudas por razón do contrato en prácticas obxecto da axuda. Unha vez comprobada que a documentación se axustase á resolución, será aboado o cincuenta por cento da bolsa na conta bancaria para efecto designada polo beneficiario.

3. Ó finaliza-lo período da bolsa, a empresa ou entidade terá que entregarlle ó Igape copia das nóminas e dos boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ó último cuadrimestre, así como certificados actualizados acreditativos de que se atopan ó día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, deberán entregar unha memoria das actividades realizadas durante o período da bolsa na que se faga consta-la permanencia ou non do bolseiro na empresa ó remate do período de duración da bolsa, asinada polo representante da empresa e unha declaración xurada de non percibir outras axudas por razón do contrato en prácticas obxecto da axuda. Unha vez recibida e comprobada a documentación, aboarase o cincuenta por cento restante da bolsa.

Décimo segunda.-Modificacións.

1. Calquera alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión das axudas, poderá dar lugar á modificación polo Igape da resolución de concesión, ben por instancia do solicitante ou de oficio.

2. As renuncias dos titulados que se produzan durante os dous primeiros meses desde a formalización do contrato poderán ser substituídas pola Dirección Xeral do Igape, logo da solicitude do beneficiario e seguindo o procedemento establecido no punto 4 da base sétima.

3. No novo contrato en prácticas a empresa ou entidade beneficiaria, só recibirá bolsa do Igape polo tempo e na cantidade que, unha vez deducido o tempo de vixencia do contrato laboral substituído, reste para cumpri-los 12 meses de duración da bolsa.

4. O novo contrato, en calquera caso, deberá ter unha duración mínima de 12 meses e cumpri-lo resto

das condicións establecidas nas presentes bases, incluíndo o feito de que a percepción da cantidade axustada se fará en dous pagamentos, o primeiro ó remate do primeiro semestre e o segundo ó remate dos 12 meses do contrato.

Décimo terceira.-Incumprimento.

1. Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento das obrigas contidas nas presentes bases, na resolución de concesión, ou no artigo 78.9º da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, incoarase un procedemento de incumprimento, que en virtude da súa gravidade poderá dar lugar, logo da audiencia dos interesados, ó reintegro total ou parcial das cantidades, se é o caso, percibidas e o seus xuros de demora, sen prexuízo doutras responsabilidades nas que incorrese o beneficiario.

2. As cantidades que teñan que reintegra-los beneficiarios terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobro o disposto nos artigos 19 a 23 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

3. Así mesmo, os beneficiarios estarán sometidos ó rexime de infraccións e sancións do artigo 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Décimocuarta.-Concorrencia de axudas.

Durante a súa vixencia, estas bolsas son incompatibles con outras axudas para o mesmo obxecto que poidan ser concedidas por organismos públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros, salvo as bonificacións nas cotas á Seguridade Social derivadas do tipo de contrato, e deberá o beneficiario notificarlle ó Igape calquera solicitude ou concesión obtida.

Décimo quinta.-Control.

Os beneficiarios sométense ás actuacións de control que efectúe o Igape e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas e o Tribunal de Contas, así como as que poida efectuar, se é o caso, a Comisión e o Tribunal de Contas das Comunidades Europeas, no suposto de cofinanciamento con fondos europeos. Neste sentido, os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida polos ditos organismos.

Disposicións adicionais

Primeira.-O contido das presentes bases axustarase ó establecido polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de abril de 2000, segundo o que, en tanto non recaia a decisión da Comisión Europea de compatibilidade coa normativa comunitaria e non entre en vigor a nova disposición normativa, manterase a actividade de fomento autonómica axustándose as directrices tanto horizontais como sectoriais dictadas pola comisión, así como se é o caso, ós límites de intensidade autorizados a Galicia no Mapa Rexional de Axudas de España para o período 2000-2006.

Segunda.-Facúltase a directora xeral do Igape para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación do disposto nas presentes bases.

Disposición derradeira

A presentes bases entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO I

TITULACIÓNS

Humanidades

Ensinanzas de 1º e 2º ciclo.

TitulaciónCódigo

Belas Artes 230

Filoloxía Inglesa 272

Filoloxía300

Filoloxía Alemaña301

Filoloxía Italiana302

Filoloxía Árabe 303

Filoloxía Portuguesa 304

Filoloxía Catalana 305

Filoloxía Románica 306

Filoloxía Clásica 307

Filoloxía Vasca 308

Filoloxía Eslava 309

Filosofía (= Filosofía e letras) 256

Filoloxía Francesa310

Xeografía 216

Filoloxía Galega 311

Historia 263

Xeografía e Historia264

Filoloxía Hebrea 312

Historia da Arte 263

Filoloxía Hispánica 229

Humanidades 271

Traducción e Interpretación 265

Ensinanzas de só 2º ciclo

TitulaciónCódigo

Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural 313

Licenciado en Historia e Ciencias da Música 314

Licenciado en Lingüística 315

Licenciado en Teoría da Literatura e Literatura Comparada316

Ciencias experimentais e da saúde

Ensinanzas de 1º e 2º ciclo.

TitulaciónCódigo

Bioloxía101

Matemáticas 108

Ciencias Ambientais150

Medicina109

Ciencias do Mar104

Odontoloxía 110

Farmacia 105

Química111

Física 106

Veterinaria112

Xeoloxía107

TitulaciónCódigo

Enoloxía 151

Ensinanzas de 1º ciclo.

TitulaciónCódigo

Diplomado en Enfermería 237

Diplomado en Nutrición Humana e Dietética320

Diplomado en Estatística 321

Diplomado en Óptica e Optometría322

Diplomado en Fisioterapia 269

Diplomado en Podoloxía323

Diplomado en Logopedia279

Diplomado en Terapia Ocupacional 324

Ensinanzas de só 2º ciclo.

TitulaciónCódigo

Licenciado en Bioquímica 102

Licenciado en Ciencia y Tecnoloxía de los Alimentos 103

Licenciado en Ciencias e Técnicas Estatísticas 325

Licenciado en Enoloxía 326

Ciencias sociais e xurídicas

Ensinanzas de 1º e 2º ciclo.

TitulaciónCódigo

Administración e Dirección de Empresas 234

Ciencias da Actividade Física e do Deporte 327

Ciencias Políticas e da Administración 116

Comunicación Audiovisual 117

Dereito 118

Economía 120

Económicas120

Empresariais234

Educación Física114

Pedagoxía 122

Periodismo 123

Ciencias da información123

Ciencias da educación259

Psicoloxía 124

Publicidade e Relacións Públicas 126

Socioloxía 127

Ensinanzas de 1º ciclo.

TitulaciónCódigo

Diplomado en Biblioteconomía e Documentación 274

Diplomado en Ciencias Empresariais 217

Diplomado en Educación Social 258

Diplomado en Xestión e Administración Pública 330

Diplomado en Relacións Laborais 218

Diplomado en Traballo Social 219

Diplomado en Turismo 283

Técnico en Empresas e Actividades Turísticas283

Diplomado en Publicidade280

Diplomado en Márketing281

TitulaciónCódigo

Diplomado en Criminoloxía284

Diplomado en EXB227

Graduado Social218

Maestro-especialidade de Audición e Linguaxe 331

Maestro-especialidade de Educación Especial 332

Maestro-especialidade de Educación Física 333

Maestro-especialidade de Educación Infantil 334

Maestro-especialidade de Educación Musical 335

Maestro-especialidade de Educación Primaria 336

Maestro-especialidade de Lingua Estranxeira 337

Ensinanzas de 2º ciclo.

TitulaciónCódigo

Licenciado en Ciencias Actuariais e Financeiras 340

Licenciado en Ciencias do Traballo 341

Licenciado en Documentación 119

Licenciado en Investigación e Técnicas de Mercado 121

Licenciado en Psicopedagoxía 125

Ensinanzas de 1º e 2º ciclo.

TitulaciónCódigo

Arquitecto 128

Enxeñeiro de Montes210

Enxeñeiro Aeronáutico 201

Enxeñeiro de Telecomunicación 214

Enxeñeiro Agrónomo 129

Enxeñeiro en Informática 130

Licenciado en Informática130

Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos 203

Enxeñeiro Industrial 206

Enxeñeiro de Minas 209

Enxeñeiro Naval e Oceánico 131

Enxeñeiro Químico 213

Enxeñeiro Xeólogo 132

Ensinanzas de 1º ciclo.

TitulaciónCódigo

Arquitecto Técnico 220

Mariña Civil 228

Diplomado en Informática 223

Diplomado en Máquinas Navais 400

Diplomado en Navegación Marítima 401

Diplomado en Radioelectrónica Naval 402

Enxeñeiro Técnico Aeronáutico, especialidade en Aeromotores2660

Enxeñeiro Técnico Aeronáutico, especialidade en Aeronavegación 2661

Enxeñeiro Técnico Aeronáutico, especialidade en Aeronaves2662

Enxeñeiro Técnico Aeronáutico, especialidade en Aeroportos2663

Enxeñeiro Técnico Aeronáutico, especialidade en Equipos e Materiais Aeroespaciais 2664

Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialidade en Explotacións Agropecuarias 2210

Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialidade en Hortofruticultura e Xardinería 2211

Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias 2212

Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialidade en Mecanización e Construccións Rurais 2213

TitulaciónCódigo

Enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial 403

Enxeñeiro Técnico Forestal, especialidade en Explotacións Forestais 282

Enxeñeiro Técnico Forestal, especialidade en Industrias Forestais 233

Enxeñeiro Técnico Industrial, especialidade en Electricidade2220

Enxeñeiro Técnico Industrial, especialidade en Electrónica Industrial 2221

Enxeñeiro Técnico Industrial, especialidade en Mecánica 2222

Enxeñeiro Técnico Industrial, especialidade en Química Industrial 2223

Enxeñeiro Técnico Industrial, especialidade Téxtil 2224

Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión 2320

Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas 2321

Enxeñeiro Técnico de Minas, especialidade en Explotación de Minas 2350

Enxeñeiro Técnico de Minas, especialidade en Instalacións Electromecánicas Mineiras 2351

Enxeñeiro Técnico de Minas, especialidade en Mineralurxia e Metalurxia 2352

Enxeñeiro Técnico de Minas, especialidade en Recursos Enerxéticos, Combustibles e Explosivos 2353

Enxeñeiro Técnico de Minas, especialidade en Sondeos e Prospeccións Mineiras 2354

Enxeñeiro Técnico Naval, especialidade en Estructuras Mariñas 2240

Enxeñeiro Técnico Naval, especialidade en Propulsión e Servicios do Buque 2241

Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, especialidade en Construccións Civís 2680

Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, especialidade en Hidroloxía 2681

Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, especialidade en Transportes e Servicios Urbanos 2682

Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación, especialidade en Sistemas Electrónicos 2250

Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación, especialidade en Sistemas de Telecomunicación 2251

Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación, especialidade en Son e Imaxe 2252

Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación, especialidade en Telemática 2252

Enxeñeiro Técnico en Topografía 404

Ensinanzas de só 2º ciclo.

TitulaciónCódigo

Enxeñeiro de Materiais405

Enxeñeiro de Organización Industrial 406

Enxeñeiro en Automática e Electrónica Industrial 407

Enxeñeiro en Electrónica 408

Enxeñeiro en Geodesia e Cartografía 205

Licenciado en Máquinas Navais 409

Licenciado en Náutica e Transporte Marítimo410

Licenciado en Radioelectrónica Naval 411

Otros estudios superiores.

TitulaciónCódigo

Conservacion e Restauración240

Cerámica420

Arte Dramática421

Deseño226

Danza422

Música423

Especialidades

DescriciónCódigo

(Ningunha)1

Administración de empresas76

Administración pública e tributacións158

Aeroportos e transportes aéreos156

Alemana55

Ambiental16

Análise económica194

Animación socio-cultural e desenvolvemento comunitario144

Antropoloxía americana178

Antropoloxía social172

Armamento69

Arte moderna e contemporánea24

Arte moderno187

Astrofísica133

Audición e linguaxe166

Audiovisual101

Auditoría115

Automática89

Automática-electrónica32

Biblioteca97

Biblioteconomía e arquivos190

Bioloxía fundamental e sanitaria145

Bioloxía técnica150

Bioloxía e conservación de espacios naturais121

Bioquímica62

Bromatoloxía77

Cálculo70

Centrais e redes71

Ciencias humanas191

Coxeneración104

Comercial164

Comercialización192

Comercio102

Comercio exterior103

Comunicacións25

Construccións civís50

Contabilidade78

Control de xestión29

Dirección38

Dirección comercial165

Dirección empresas90

Deseño160

Deseño e audiovisuais56

Ecoloxía126

Economía agraria28

Economía da empresa112

Economía financeira21

Economía xeral79

Economía industrial19

Economía internacional122

Economía monetaria e sector público173

Economía pública35

Economía pública e política económica195

Economía rexional e sectorial196

Económicas15

Edificación34

Educación especial170

DescriciónCódigo

Educación física67

Educación infantil66

Educación preescolar143

Educación primaria137

Execución de obras42

Eléctrica: intensificación de automática e electro116

Eléctrica: intensificación de centrais e redes139

Electricidade7

Electrónica108

Electrónica industrial8

Electrotécnica152

Empresa financeira75

Empresariais177

Empresas agroalimentarias198

Empresas agroindustriais154

Endóxena18

Enerxética149

Equipos electrónicos64

Escolar infantil171

Escultura e pintura111

Español179

Estatística57

Estatística e investigación operativa146

Estructuras80

Estructuras do buque161

Estudios administración pública134

Estudios internacionais169

Estudios políticos127

Estudios sociolaborais193

Esóxena46

Explotacións agropecuarias2

Explotacións forestais6

Farmacia industrial58

Filoloxía angloxermánica118

Filoloxía clásica197

Filoloxía xermánica (inglés)124

Financiamento22

Física de partículas142

Física teórica176

Fitotécnia33

Fundamental13

Galego-portugués53

Xeral23

Xeografía aplicada41

Xeografía e historia168

Xeoloxía aplicada51

Xestión comercial30

Hidroloxía91

Hispánicas48

Historia antiga65

Historia, arte e xeografía de Galicia162

Historia contemporánea39

Historia da arte184

Historia moderna73

Hortofruticultura e xardinería3

Imaxe175

Inadaptación e marxinación social167

Industrial81

Industrias131

DescriciónCódigo

Industrias agrarias e alimentarias4

Industrias agrícolas-agrarias129

Industrias forestais132

Informática de xestión20

Informática de sistemas92

Enxeñería química17

Enxeñería rural180

Inglés-galego148

Inglesa54

Inorgánica37

Intensificación enerxía174

Intervención socioeducativa45

Laboral98

Lingua española e idiomas modernos181

Literatura hispánica183

Máquinas eléctricas82

Máquinas navais52

Márketing61

Matemáticas xerais123

Materiais110

Materiais ennóxenos185

Mecánica9

Mecanización agraria e construccións rurais5

Mecanización e construcción rural93

Medio ambiente188

Medio ambiente e contaminación mariña120

Microbiloxía107

Museoloxía136

Optoelectrónica114

Orgánica83

Organización84

Organización industrial47

Orientación ecoloxía157

Orientación industrial128

Orientación sanitaria27

Orientación e educación especial44

Pintura140

Pintura e escultura186

Preescolar159

Prehistoria e arqueoloxía113

Producción100

Programación85

Psicoloxía clínica130

Psicoloxía escolar infantil125

Psicoloxía industrial e clínica189

Psicopatoloxía e psicoterapeuta138

Publicidade94

Publicidade e relacións públicas59

Química86

Química analítica14

Química industrial10

Química inorgánica147

Química orgánica74

Química-física49

Radioloxía105

Recursos non vivos141

Recursos vivos117

Robótica106

Románica60

Sanitaria87

Sector público119

DescriciónCódigo

Servicios163

Servicios do buque155

Silvopaciscultura153

Sen especificar998

Sistema de telecomunicacións182

Sistemas40

Social e do traballo26

Son e imaxe63

Técnicas enerxéticas72

Tecnoloxía pesqueira95

Telecomunicación109

Telefonía e transmisión de datos43

Telemática12

Téxtil11

Toxicoloxía88

Traducción inglés-francés151

Turismo99

Urbanismo68

Vexetal36

Zooloxía31

ANEXO II

DOCUMENTACIÓN EMPRESAS E ENTIDADES

1. Instancia de solicitude. Anexo III.

2. Copia do DNI do solicitante ou do seu representante.

3. Copia do CIF.

4. Copia da escritura ou acta de constitución e estatutos, e se é o caso, das súas modificacións, debidamente inscritas no Rexistro Mercantil ou Rexistro Público que lle correspondan pola súa natureza xurídica, xunto copia do poder de representación do asinante da solicitude.

5. Copia do último recibo do IAE (ou de alta no IAE, no caso de empresas de nova creación).

Se é o caso, certificado de non estar suxeito ó imposto.

6. Acreditación dun mínimo de tres traballadores fixos: copia do último TC2, salvo no caso de empresas de nova creación ou entidades sen ánimo de lucro, representativas de sectores ou subsectores empresariais.

7. Certificado actualizado de estar ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

8. Certificado actualizado de estar ó día nas obrigas tributarias.

9. Certificado actualizado de non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia.

10. Memoria asinada polo representante da empresa onde se indiquen as funcións e actividades que vai desempeñar na empresa o titulado, e toda a documentación precisa para avalia-los criterios de selección de empresas ou entidades descritos na base 6.1.

11. Copia do convenio aplicable ó titulado que se pretende contratar.

ANEXO V

DOCUMENTACIÓN TITULADOS

1. Instancia de solicitude. Anexo IV

2. Copia do DNI ou pasaporte do solicitante.

3. Acreditación dalgunha das tres seguintes condicións:

Ter veciñanza administrativa en Galicia: acreditarase mediante un certificado de empadroamento.

Ser natural de Galicia: abonda a copia do DNI ou pasaporte.

Ser fillo de emigrantes galegos: acreditarase con copia do DNI do pai ou da nai (o que sexa galego).

4. Currículum vitae (2 copias) que incluirá alomenos o seguinte:

Datos persoais, académicos, experiencia profesional e outras habilidades ou capacidades acreditables (idiomas, informática ... ).

5. Copia do título ou copia do xustificante de ter pagadas as taxas para a súa obtención.

6. Copia do expediente académico (no caso de títulos expedidos por centros estranxeiros ou privados será preciso que os acrediten cunha copia compulsada da homologación, ademais da copia do expediente académico, que no caso de estar nun idioma non oficial na Comunidade Autónoma de Galicia deberá presentarse traducido por un intérprete xurado).

7. No caso de querer xustificar a puntuación sinalada no baremo relativa a proxecto fin de carreira, grao ou tese de licenciatura: copia do certificado que acredite especificamente a realización.

8. Certificado de vida laboral.