Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.039

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 19 de xullo de 2000 pola que se modifica a do 3 de xaneiro de 2000, pola que se fixan as tarifas e prezos correspondentes á prestación de servicios nas instalacións xuvenís, expedicións de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude durante o ano 2000.

O 21 de xaneiro publicouse a Orde do 3 de xaneiro de 2000, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (DOG nº 14) e no seu anexo III, parágrafo F, fixábase en 3.000 ptas. o prezo relativo á participación no programa Conducción Segura, prmovido pola Dirección Xeral de Xuventude.

A finalización da 1ª edición de Conducción Segura corresponden ó ano 1999 foi posterior á publicación da referida orde. Tras facer unha avaliación do programa e dos custos do ano 1999, cómpre modifica-lo prezo de participación para o ano 2000 co obxecto de amplia-lo tempo de duración do programa e reduci-lo número de participantes por día, o que xera un incremento dos custos totais de realización.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 dispón a obriga da consellería correspondente de establece-los prezos, logo de informe faborable da Consellería de Economía e Facenda, e publicalos no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir con este mandato e logo de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Modíficase o anexo III, parágrafo F, da Orde do 3 de xaneiro de 2000 antes referida, que queda do seguinte xeito:

ANEXOIII

«Prezos relativos á...

F.-Programa Conduccion Segura: 4.000 ptas.»

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2000.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude