Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.036

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 31 de xullo de 2000 pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvenciona-la realización de actividades por parte das confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 255 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, deberá favorecerse o desenvolvemente das asociacións se constitúan para a defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños dos concello, de Galicia, presentando as asociacións que se constitúan con esta finalidade a consideración de entidades de participación cidadá e, xa que logo, erixíndose nun dos elementos clave de vertebración da política e da vida local dos concellos galegos.

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no marco da súa liña de colaboración coa Administración local para contribuír a mellora-la calidade da vida local, e pretendo estimular, ó mesmo tempo, a dinamización da vida interna das asociacións, na procura de ámbitos de convivencia colectiva, de harmonización social e de potenciamento dos valores e finalidades socioculturais das mesmas entidades, regula por medio da presente orde, os requisitos e o procedemento que se seguirá para a concesión de axudas económicas destinadas á realización de actividades que redunden na mellora da vida local. Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Convócanse subvencións en favor das confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia (en adiante entidades) con destino á programación e desenvolvemento durante o presente ano 2000 de actividades propias dos seus fins asociativos.

2. Estas entidades deberán, en todo caso, estar debidamente inscritas no rexistro central ou nos rexistros provinciais de asociacións da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

3. As subvencións que se regulan ó abeiro desta orde faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.488.0, programa 123.A dos orzamentos xerais da Comunidade Atónoma de Galicia para o ano 2000, ata un límite de quince millóns de pesetas (15.000.000).

Artigo 2º

1. A axuda económica que se conceda poderá acada-lo 90% do total do orzamento presentado, correspondendo o financiamento do importe restante á entidade beneficiaria da subvención.

Artigo 3º

1. As entidades que desexen acollerse ós beneficios desta orde elevarán petición, por medio de instancia dirixida ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo modelo que figura como anexo desta

orde, no rexistro xeral das delegacións provinciais da Consellería de Xustiza Interior e Relacións Laborais, no a propia consellería ou por calquera dos medios a que se refire o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. A entidade peticionaria xuntará á solicitude a seguinte documentación:

a) Fotocopia dos estatutos.

b) Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal da entidade.

c) Programación da actividade que se pretende realizar con mención das persoas beneficiarias directa ou indirectamente pola axuda e ó calendario fixado.

d) Orzamento detallado.

e) Nome das asociacións de veciños/federacións que forman parte da entidade.

f) Certificación do acordo asembleario no que se aproba participar nesta convocatoria de subvencións e do nomeamento do representante para as súas relacións coa Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

g) Declaración do representante de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir subvencións da Administración pública e de aceptación das bases da convocatoria.

h) Declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para a mesma programación, das distintas administracións públicas competentes.

A inscricións da entidade no rexistro de asociacións será verificada de oficio por parte dos correspondentes servicios da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

3. O defecto na solicitude seralles notificado ós interesados pola Dirección Xeral de Administración Local desta consellería, e concederáselles un prazo de dez días para corrixi-los erros ou as omisións. Se transcorrido este prazo non se producise a corrección, terase por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser dictada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Artigo 4º

1. Recibidas as solicitudes de subvención e a súa documentación, serán analizadas polos servicioscompetentes da Dirección Xeral de Administraciónlocal que lle elevarán o correspondente informe ó director xeral, quen elevará proposta de resolución ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, quen resolverá.

2. A resolución notificaráselles a tódolos beneficiarios da subvención, na forma prevista no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común. Conforme o disposto no artigo 44.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, do 6 de xaneiro, de non

notificarse resolución no prazo de seis meses contados desde a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3. Contra esta resolución, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicaión no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 5º

1. O representante da entidade beneficiaria disporá dun prazo de dez días, contados a partir da recepción da resolución, para comunica-la aceptación das condicións contidas nela.

2. Transcorrido este prazo sen que se comunique a dita aceptación, de non xustificarse suficientemente a concorrencia de circunstancias excepcionais que impidan facelo, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais poderá anula-la resolución.

Artigo 6º

Na valoración das solicitudes presentadas polas entidades peticionarias teranse en conta as actividades que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias:

1. Interese e obxectivos do proxecto da actividade que se propón: 30%.

2. Número de asociacións de veciños confederadas, federadas ou agrupadas que integran a entidade solicitante, así como o seu ámbito de actuación e número total de asociados: 20%.

3. Proxección social das actividades propostas: 30%.

4. A carencia de medios económicos e imposibilidade ou probada dificultade de obter canles de financiamento por outros medios: 20%.

Artigo 7º

1. As entidades destinatarias da subvención, unha vez aceptadas estas, quedarán obrigados a destina-los fondos percibidos ó obxecto concreto para o que foron concedidos. A Dirección Xeral de Administración Local, poderá comprobar, cando o considere conveniente o cumprimento da finalidade da axuda.

2. Para o cobramento da subvención, as entidades presentarán a seguinte documentación:

1. Para a realización de actividades que xeran gastos correntes xustificaranse mediante facturas orixinais ou copia compulsadas delas debidamente conformadas, así como certificación dos gastos realizados expedida polo secretario da entidade co visto e prace do seu presidente.

2. No caso de gastos de persoal, poderán achegarse como xustificante, tanto as nóminas acreditativas do pagamento, como os documentos xustificativos de ingreso dos seguros sociais.

3. Acreditación de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

4. Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para unha mesma programación das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

O prazo de remisión destes xustificantes remata o día 30 de outubro de 2000, se ben antes de finaliza-lo prazo, poderá ampliarse por solicitude do interesado ou por proposta da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. En calquera caso, a data límite para a xustificación non poderá exceder da fixada para o peche do exercicio orzamentario do ano 2000.

A Dirección Xeral de Administración Local, de atopar conforme a documentación xustificativa, proporá o libramento de fondos.

A entidade beneficiaria ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 8º

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda ou, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, tal e como se establece na Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

Artigo 9º

No caso de que a entidade beneficiaria da axuda incumprise algunha das condición ou obrigas estipuladas, a Consellería de Xustiza, Interior e Relación Laborais anulará os beneficios concedidos, e conforme o diposto no artigo 78.5º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, solicitará a devolución das cantidades percibidas, se as houbese, xunto cos xuros de demora que deba aquel, segundo o procedemento que establece o Regulamento xeral de recadación; e, se procede, instruirá expediente sancionador, conforme o previsto no citado Decreto lexislativo 1/1999 e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Administración local, para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais