O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 21 de xullo de 2000 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:
Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia da Coruña a Mostra da Olería de Buño de Malpica de Bergantiños, de conformidade co establecido no Decreto 203/1998, do 25 de xuño, polo que se regulan as declaracións de festas de Galicia de interese turístico.
En cumprimento do disposto no artigo 7 do devandito decreto ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ó concello correspondente.
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2000.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo