Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.051

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 28 de xullo de 2000 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes de Allariz e Baiona que se citan.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 23 de maio de 2000 (BOE do 9 de xuño de 2000) e, de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial; os decretos da Xunta de Galicia 160 e 161/2000, ámbolos do 29 de xuño, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los notarios que a seguir se relacionan para prove-las notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

José Álvarez Fernández, notario de Ochagavía, 3ª, para a notaría de Allariz (Ourense).

César-Manuel Fernández-Casqueiro Domínguez, notario de Nigrán, 3ª, para a notaría de Baiona (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais