Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 16 de agosto de 2000 Páx. 11.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

O Concello de Soutomaior aprobou o procedemento de adxudicación do contrato de obras a que se refire o presente anuncio.

Simultaneamente ó concurso, exponse ó público o prego de condicións polo prazo de oito días hábiles desde a súa publicación no BOP ou no DOG último no que se publique, aprazándose no suposto de que se presenten reclamacións contra este.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Soutomaior.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra: Tanatorio municipal en Salguirón, 1ª fase.

b) Lugar de execución: Arcade (Soutomaior).

c) Prazo de execución: 3 meses.

d) Orzamento de execución por contrato: 9.962.792 ptas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: 2% do prezo base de licitación.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Soutomaior.

b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, 8.

c) Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.

d) Teléfono: 986 70 51 06.

e) Telefax: 986 70 53 33.

f) Data límite de obtención de documentos e infomación: a de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

-Solvencia económica e financeira: acreditadas por calquera dos medios previstos no artigo 16 da L.C.A.P.

-Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previsto no artigo 17 da L.C.A.P.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou no DOG último no que se publique.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de condicións económicas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Soutomaior.

2ª Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, 8.

3ª Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.

d) Os criterios que han de servir de base para a adxudicación serán os seguintes:

1. Melloras no proxecto técnico, que poderán consistir na execución de máis número de unidades de obra das descritas, na mellora da calidade dos materiais descritos no proxecto, ou noutras modi

ficacións que presenten un aumento da calidade final do proxecto executado.

2. Reducción no prazo de execución.

3. Obras de carácter análogo á licitada que teña executado o licitador.

Os criterios sinalados ponderaranse como a continuación se especifica:

-Criterio 1: ata 80 puntos.

-Criterio 2: ata 10 puntos.

-Criterio 3: ata 10 puntos.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Soutomaior.

b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, 8.

c) Localidade: o quinto día hábil seguinte ó do remate da presentación de ofertas. Si coincidira en sábado, o seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

9. Gastos de anuncios: adxudicatario.

Soutomaior, 31 de xullo de 2000.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde