A resolución pola que se fixan os criterios de alleamento e demais documentación poderá ser examinada nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A (Xestur-Lugo), sita na praza de Sto. Domingo, nº 6-5º de Lugo, nas horas de 10 a 14, de luns a venres.
O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia, podendo facerse a presentación nas citadas oficinas de Xestur-Lugo, ata as 14 do último día do prazo, ou o inmediato hábil seguinte se o vixésimo día natural cae en sábado, domingo ou festivo.
A apertura das proposicións realizarase ás 14 horasa, na sala de xuntas de Xestur-Lugo o terceiro día hábil seguinte, (excepto sábados), contado desde o último para a presentación das proposicións.
Lugo, 8 de agosto de 2000.
Jorge Carballeira Fernández
Director xerente de Xestión Urbanística de Lugo, S.A.