Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 16 de agosto de 2000 Páx. 11.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

A xunta de compensación da unidade de execución número 2 acordou aprobar inicialmente o proxecto de compensación da devandita unidade de execución, presentado no rexistro xeral deste concello con data do 31 de xullo de 2000.

De conformidade co establecido no art. 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto á exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que se presenten cantas alegacións ou documentos se consideren convenientes.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Soutomaior, 31 de xullo de 2000.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde