Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 16 de agosto de 2000 Páx. 11.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno en sesión do 20 de xullo do ano en curso, o estudio de detalle reformado, correspondente á parcela nº 2 do sector II do polígono industrial do Río do Pozo, redactado polo arquitecto Horacio E. Gil García promovido por Inditex, S.A.

Expónse ó público polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente ficará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios para formula-las alegacións que considere pertinentes.

Narón, 21 de xullo de 2000.

Xoán Gato Díaz

Alcalde