Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 16 de agosto de 2000 Páx. 11.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día trece de xullo do ano en que estamos, aprobou inicialmente o Plan parcial do sector III do programa de actuación urbanística do polígono industrial do río do Pozo, segundo proxecto elaborado pola Sociedad Estatal de Propomoción e Equipamento do Solo (SEPES).

Exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente quedará a disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios para formula-las alegacións que considere pertinentes.

Narón, 17 de xullo de 2000.

Xoán Gato Díaz

Alcalde