Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 16 de agosto de 2000 Páx. 11.961

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros do convenio colectivo do sector de axencias marítimas.

Vistos os escritos de Alberto Fernández Campo en nome e representación da Confederación Intersindical Galega e do representante da Asociación de Consignatarios na Comisión Negociadora do convenio de traballo para axencias marítimas de Pontevedra, recibidos nesta delegación provincial con datas de 21 de xuño de 2000 e do 30 de xuño de 2000, respectivamente, poñendo ambos escrtitos de manifiesto que a Confederación Intersindical Galega non asinou o texto do convenio colectivo de axencias marítimas da provincia de Pontevedra, e tendo en conta que esta delegación provincial por Resolución do 14 de xuño de 2000, dispuxo o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do devandito convenio, contendo un erro na súa cláusula adicional primeira, pois onde di: «O presente convenio colectivo foi subscrito en representación da parte económica pola asociación patronal do sector, e pola representación social de UGT, CC.OO. e CIG», debería dicir: «O presente convenio

colectivo foi subscrito en representación da parte económica pola asociación patronal do sector, e pola representación de UGT e CC.OO.».

Ó abeiro do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

(modificada pola Lei 4/1992 de xaneiro), as administracións poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Rectifica-lo erro material na cláusula adicional primeira do convenio colectivo do sector, axencias marítimas, da provincia de Pontevedra e no senso que debe figura-lo seguinte texto: «O presente convenio colectivo foi subscrito en representación da parte económica pola asociación patronal do sector, e pola representación social de UGT e CC.OO.».

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no libro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económicas e social da comisión negociadora.

Terceiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 6 de xullo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra