Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Con data 29 de abril de 2000 dictouse a seguinte resolución pola alcaldía, de conformidade coas competencias que lle atribúe o artigo 1 da Lei 11/1999, que modifica á Lei 7/1985:

1º Desestima-las alegacións presentadas por Jesús Martínez Souto, Gabino Martínez Souto, José Martínez Souto, Carlos Martínez Souto, Jesús Ramilo Ramírez y Ángel Sío Pérez (RE 3.800, RE 3.801 e RE 3.818) en referencia á pretendida inadmisibilidade da tramitación de estatutos e bases, por canto presume a existencia de defectos no plan parcial a desenvolver xa que este departamento non considera a existencia de elementos impeditivos para proceder á aprobación definitiva de estatutos e bases da UEI do SUP nº 5, xa que éstes axústanse á normativa vixente e veñen impulsados por propietarios que incorporan, segundo títulos, máis do 50% da superficie do ámbito e estima-las formuladas por Jesús Martínez Souto, José Martínez Souto, Gabino Martínez Souto, Jesús Ramilo Ramírez, Carlos Martínez Souto e Ángel Sío Pérez (RE 3.812, 3.813, 3.814, 3.815, 3.816 e 3.817) en base ás motivacións expostas no informe deste departamento de data 17 de abril do actual, traslado do cal debe dárselle ós

alegantes e afectados para o seu coñecemento e efectos.

2º Aprobar definitivamente o proxecto de estatutos e bases da unidade de execución I do SUP nº 5, conforme as modificacións contidas na parte expo

sitiva deste informe, condicionando a súa publicación a que se achege texto refundido que conteña as modificacións que foron introducidas.

3º Designar como representante no órgano rector da xunta de compensación ó alcalde-presidente en calidade de representante do concello, como administración urbanística actuante, ou concelleiro en quen delegue.

4º Dispoñe-la publicación no DOG do precedente acordo, así como notificación individualizada ós propietarios afectados, requerindo ó mesmo tempo a aqueles propietarios que non solicitaron a súa incorporación á xunta para que así o efectúen, se o desexan, no prazo dun mes contado a partir da notificación, a teor do estiupulado no art. 162.4.5 do RGU.

Así apróbanse definitivamente os estatutos e bases ó proxecto Plan Parcial Ribadelouro, SUP nº 5 Unidade de Execución nº 1, de iniciativa particular, presentado por Manuel Corrales Viso, en representación de Euro-CKP, S.A., con enderezo en Tui, Ribadelouro-Madalena, propietaria da parcela nº 11 das existentes dentro do ámbito de execución do referido plan parcial, que supón o 54,58% da superficie total da Unidade de Execución, para efectos de execución do planeamento que se desenvolve, incluíndo a relación de interesados e afectados:

ParcelaPropietario-enderezoSuperficie% de participación

1Martínez Souto4.060 m12,31%

2Martínez Souto825 m2,50%

3Martínez Souto880 m2,67%

4Martínez Souto990 m2,67%

5Bienvenido Gléz. López

(Ribadelouro-Madalena)

970 m2,94%

6Martínez Souto975 m2,96%

7Martínez Souto895 m2,71%

8Martínez Souto1.008 m3,06%

9Martínez Souto979 m2,97%

10Martínez Souto942 m2,85%

11Euro-CKP, S.A.18.007 m54,58%

12Descoñecido309 m0,94%

13Descoñecido169 m0,51%

14Descoñecido169 m0,51%

15Descoñecido113 m0,34%

16Descoñecido161 m0,49%

17Irene Estévez López

(Ribadelouro-Madalena)

129 m0,39%

18Descoñecido189 m0,57%

19Descoñecido113 m0,34%

20Manuel Alonso Lorenzo114 m0,35%

21Manuel Alonso Lorenzo105 m0,32 %

22Descoñecido45 m0,14 %

23Descoñecido13 m0,04 %

Vías830 m2,51 %

Total32.990 m100%

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 133.4º da Lei 1/997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e que remite expresamente ó artigo 102 do mesmo texto legal, significando que contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da públicación deste anuncio.

b) Calquera outro recurso que se considere oportuno e sexa procedente interpoñer.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio deste anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se poida practica-la notificación intentada.

Tui, 30 de maio de 2000.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde