O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 4 de agosto de 2000, acordou presta-la súa aprobación ó prego de condicións económico-administrativas particulares para a concesión, mediante concurso con procedemento aberto e tramitación urxente dun edificio denominado La Rotonda, destinado a cafetería-restaurante, sito nas inmediacións da praia A Frouxeira e a iniciación do correspondente expediente de contratación de acordo coas seguintes prescricións.
Concurso con procedemento aberto para a concesión dun edificio denominado La Rotonda destinado a cafetería-restaurante, sito nas inmediacións da praia A Frouxeira.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Valdoviño.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto do contrato: concesión da explotación dun edificio denominado A Rotonda sito nas inmediacións da praia A Frouxeira deste termo municipal, para dedicalo a cafetería-restaurante.
b) Prazo da concesión: dez anos, este prazo entenderase prorrogado por anualidades sucesivas cun límite total de vintecinco anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso de acordo co prego de condicións particulares aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 4 de agosto de 2000.
4. Canon que debe satisface-lo adxudicatario.
Establécese como canon mínimo que vai satisface-lo adxudicatario a cantidade de 2.400.000 ptas. anuais (IVE á parte), que se actualizará anualmente co IPC.
5. Garantías.
Provisional: 48.000 ptas.
Definitiva: 1.318.052 ptas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Valdoviño.
b) Domicilio: Porta do Sol, s/n.
c) Localidade e código postal: Valdoviño (A Coruña), 15552.
d) Teléfono: 981 48 70 97 e 981 48 70 41.
e) Telefax: 981 48 72 94.
f) Data límite de obtención da documentación e información: ata as 13 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación de solicitudes.
7. Requisitos especificos do contratista.
Estar dado de alta no correspondente epígrafe da licencia fiscal de actividades comerciais e industriais.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: en horas de 9 a 14 dentro do prazo dos 7 días naturais contados desde o seguinte ó da correspondente publicación do anuncio.
b) Documentación que hai que presentar:
Sobre A: proposición económica, conforme o seguinte modelo:
D..., veciño de... con domicilio en..., en nome propio (ou en representación de...), enterado do concurso convocado por procedemento aberto, para adxudica-la concesion dun edificio denominado A Rotonda, sito nas inmediacións da praia A Frouxeira do Concello de Valdoviño para a instalación dunha cafetería-restaurante comprométese a asumir esta concesión de acordo co prego de cláusulas administrativas particulares e disposicións particulares, ofrecendo:
-Un canon anual que aboará o Concello de Valdoviño por importe de... ptas. anuais, (IVA á parte).
En... o... de... de 2000.
Sobre B: conterá a documentación sinalada na cláusula 12.2.B do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar da presentación: na Secretaría Xeral do Concello de Valdoviño.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Concello de Valdoviño.
b) Domicilio: Porta do Sol, s/n.
c) Cualificación da documentación: en acto non público o primeiro día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.
d) Oferta económica: o terceiro día hábil seguinte á apertura da documentación ás 12 horas.
10. Gastos de anuncios.
Os gastos derivados da publicación de anuncios serán por conta do adxudicatario.
11. Publicidade do prego de condicións.
O prego de condicións particulares que rexerá a contratación permanecerá exposto ó público e durante os 7 días naturais seguintes á publicación deste anuncio no BOP. No caso de que no referido prazo se producisen reclamacións contra o prego, suspenderase a licitación e o prazo para a presentación de proposicións, reiniciándose o que reste a partir do día seguinte ó da resolución de aquelas.
Valdoviño, 5 de agosto de 2000.
O alcalde
Rubricado