Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA TEIXEIRA

ANUNCIO de licitación para a adxudicación, por concurso, da subministración dun vehículo motobomba para incendios forestais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Teixeira (Ourense).

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: C/01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración dun camión motobomba para a extinción de incendios.

b) Número de unidades que se van entregar: unha.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega: Casa do Concello da Teixeira.

e) Prazo de entrega: o establecido no prego.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns novecentas vinteseis mil cento vinte pesetas (9.926.120 ptas.) que equivale a cincuenta e nove mil cincocentos sesenta e sete con dezaoito euros (59.567, 18 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2 por cento do orzamento base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Teixeira.

b) Domicilio: Ivedo-Valilongo 19.

c) Localidade e código postal: 32765 A Teixeira.

d) Teléfono e fax: 988 20 74 00-988 20 74 45.

e) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego.

c) Lugar de presentación: o do punto 6 deste anuncio.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Casa do Concello da Teixeira.

b) Data: cuarto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se coincidise en sábado, a apertura terá lugar o seguinte día hábil.

e) Hora: 17 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Teixeira, 13 de xullo de 2000.

Miguel Antonio Cid Álvarez

Alcalde