Aprobado por resolución da alcaldía de data de hoxe o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para contrata-la execución das obras de pavimentación das rúas Asnelle de Arriba, da Barronca, de Cabeiro de Xapón e de Folón (PPC-2000), exponse ó público por prazo de 8 días contados a partir do seguinte hábil ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).
b) Dependencia: urbanismo, vías e obras.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación das rúas Asnelle de Arriba, da Barronca, de Cabeiro, de Xapón e de Folón.
b) Lotes: non.
c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).
d) Prazo de execución: 3 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 20.470.263 pesetas, equivalentes a 123.028,7584 euros, á baixa.
5. Garantías.
a) Provisoria: 2% do tipo de licitación.
b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Redondela (negociado de urbanismo).
b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.
c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.
d) Teléfono: 986 40 03 00.
e) Telefax: 986 40 38 94.
f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo G, subgrupo 4, catagoría C; agás o disposto no artigo 25.2º da LCAP para os empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea.
8. Presentación de ofertas.
a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
Se o último día do prazo cadrara en sábado ou inhábil entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
Entidade: Concello de Redondela.
Domocilio: Alfonso XII, 2.
Localidade e código postal: Redondela 36800.
d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: Concello de Redondela.
b) Domicilio: Alfonso XII, 2.
c) Localidade: Redondela (Pontevedra).
d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.
e) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións.
O modelo de proposición axustarase á cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios.
Serán por conta do adxudicatario.
Redondela, 28 de xullo de 2000.
Xaime Rei Barreiro
Alcalde