Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1989; XG-165, Padrón-Noia-Serra de Outes-Pino do Val, con anexos, por substitución da concesión V-1989; XG-165, entre Noia-Padrón, con prolongación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 15 de maio de 2000, resolveu outorgar, con carácter definitivo, a Manuel Ferrín Suárez, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1989; XG-165, Padrón-Noia-Serra de Outes-Pino do Val, con anexos, por substitución da concesión V-1989; XG-165, entre Noia-Padrón, con prolongación, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-Padrón, Rois, Herbogo, Augasantas, Vilachán, Comparada, Vilacova, Noia, Ponte Nafonso, Riba de Mar, Serra de Outes, Boel, Lantarou, Famelga, Chacín e Pino do Val.

-Chacín, Ousesende e Serra de Outes.

-Herbogo, Picadizo e Buxán.

-Comparada, Xestoso, Aldarís e Escabia.

-Serra de Outes, San Ourente, Branzas, Campolongo, Albite, Pesadoira, Barbeira, Pereiriña e Sta. Comba.

-Serra de Outes, Outes (San Pedro), Castelo, Sande de Abaixo, Sande de Arriba, Valadares e Asenso.

-Valadares, Viladomonte e Sendón.

-Serra de Outes, Cambeiro de Abaixo, Cures, Carleo de Abaixo, Moledo, Miras, Lestaio, Esperante, San Cristovo e Suevos.

2. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Noia e Serra de Outes, puntos intermedios e viceversa.

-De entre Pereiriña e Santa Comba puntos intermedios e viceversa.

-De Escabia para Noia.

3. Expedicións.

Pino do Val-Chacín-Famelga-Lantarou-Serra de Outes-Riba de Mar-Ponte Nafonso-Noia-Vilacova-comparada-Augasantas-Herbogo-Buxán-Herbogo-Rois-Padrón (59,2 km):

-Unha expedición de ida e volta diaria.

Pino do Val-Chacín-Ousesende-Serra de Outes-Riba de Mar-Ponte Nafonso-Noia (31,9 km):

-Dúas expedicións de ida e unha de volta os días lectivos.

Noia-Vilacova-Augasantas-Herbogo-Rois-Padrón (28 km):

-Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida os días lectivos.

Augasantas-Vilacova-Noita (15 km):

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Escabia-Aldarís-Xestoso-Comparada-Vilacova-Noia (19,8 km):

-Unha expedición de ida e volta os xoves e domingos.

Noia-Ponte Nafonso-Serra de Outes-San Ourente-Campolongo-Albite-Pesadoira-Pereiriña-Santa Comba (39,3 km):

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Asenso-Valadares-Sendón-Valadares-Castelo-Outes (S. Pedro)-Serra de Outes-Riba de Mar-Ponte Nafonso-Noia (30,2 km):

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Suevos-Moledo-Cures-Serra de Outes-Riba de Mar-Ponte Nafonso-Noia (36,8 km):

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 7,7012 pesetas.

-Tarifa usuario: 8,2402 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,1551 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de resposición, no prazo dun mes, ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contenciso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes