Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0640; XG-042, Vila de Cruces-Bermés-Lalín, con anexos, por substitución da concesión V-0640; XG-042, entre Vila de Cruces e Lalín.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda, con data 24 de maio de 2000, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Transportes Mosquera, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0640; XG-042, Vila de Cruces-Bermés-Lalín, con anexos, por substitución da concesión V-0640; XG-042, entre Vila de Cruces e Lalín, de acordo entre outras, coas seguientes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-Vila de Cruces, Goleta, Camposancos, Bermés, Vento, Sello, Toxo, Ermida, Vilar, Carragoso de Arriba, Carragoso de Abaixo, Corredoira e Lalín.

-Vila de Cruces, Cumeiro, Larazo e Ponte dos Corvos.

-Camposancos, Chares e Cercio.

-Vila de Cruces, Tuiriz e Brántega.

-Brántega, Carmoega, Xirón, Cercio, Palio, Palmou, Erbo, Sello, Pareizo e Lalín.

2. Expedicións.

Vila de Cruces-Camposancos-Lalín (17,0 km):

-Tres expedicións de ida e volta de luns a sábados laborables.

-Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

Ponte do Corvos-Vila de Cruces-Camposancos-Cercio-Palmou (26,6 km):

-Unha expedicion de ida e volta de luns a venres laborables.

Vila de Cruces-Brántega-Lalín (30 km):

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

3. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,9442 pesetas.

-Tarifa usuario: 9,5703 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,3416 pesetas.

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de resposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contenciso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolo dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes