Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1110; XG-063, Santiago-Hortas, con anexos, por substitución da concesión: V-1110; XG-063, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 23 de maio de 2000, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Transportes Mosquera, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1110; XG-063, Santiago-Hortas, con anexos, por substitución da concesión V-1110; XG-063, de igual denominación, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-Santiago, encrucillada Picaños, Cruceiro de Sar, Ponte Marzán, Devesa, ponte de Aríns, Fornas, Rubio, Espiñeira, pista de Lamas, Rodiño, Fial, Forte (Boqueixón), Bugalleira, encrucillada Vilar, Vilar, Prevendiños, Barranco, Fonte Rosas, Brandelos, Torres de Abaixo, Loxo, Touro, Bentín, encrucillada Quión, encrucillada Muíña, Andeade, Meres, Turces e Hortas.

-Meres, Cornado, Fao, Ribeira, Remesquide, Obra, Foxáns, Millán, encrucillada Vilar, Codeso e Forte (Boqueixón).

2. Expedicións.

Hortas-Meres-Touro-encrucillada Vilar-Forte (Boqueixón)-Santiago (47,7 km):

-Dúas expedicións de ida e volta de luns a sábados laborables.

-Unha expedición de ida os domingos e festivos víspera de lectivo.

Touro-encrucillada Vilar-Forte (Boqueixón)-Santiago (32 km):

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Encrucillada Vilar-Forte (Boqueixón)-Santiago (19,5 km):

-Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a venres laborables lectivos.

Meres-Foxáns-encrucillada Vilar-Codeso-Rodiño-Santiago (42,2 km):

-Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

3. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,9472 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,6435 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,4921 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes