Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2696; XG-286, Ribeira-A Estrada.

O acordo directivo do 26 de abril de 2000 autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor da empresa Donado Campos, S.L. por cesión do seu anterior titular, José Vaamonde Otero.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes