Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/59-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Implasor Galicia, S.L.

Domicilio social: Progreso, 131-1º B, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., Implasor Galicia, S.L.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas: dúas liñas soterradas a 20 kV de 25 m en conductor R.H.Z. 12/20, derivada desde un rexistro soterrado propiedade de U. Fenosa, S.A. e rematan no C.T. de 630 kVA proxectada en caseta prefabricada R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 16 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense