Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 09 de agosto de 2000 Páx. 11.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva dun proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto de acondicionamento da marxe dereita do río Miño entre as pontes Nova e Romana, segunda fase, de Ourense.

I. Antecedentes:

1º O Concello de Ourense, en data 4 de febreiro de 2000, acordou inicia-lo expediente de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados polo texto refundido da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense, na marxe dereita do río Miño entre as pontes Nova e Romana, para a execución do proxecto de acondicionamento da marxe dereita do río Miño entre as pontes Nova e Romana 2ª fase polo procedemento de taxación conxunta.

2º O citado expediente foi sometido a información pública mediante anuncios publicados no DOG de data 25 de febreiro do 2000, e no xornal La Región o 17 de febreiro de 2000.

3º As taxacións foron notificadas individualmente ós que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, presentándose alegacións que recibiren o informe da Administración expropiante.

4º O Concello de Ourense emitiu informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polos interesados, de conformidade co artigo 145.6º da Lei do solo de Galicia, e remite o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

II. Fundamentos xurídicos:

1º O expediente de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta ó abeiro do disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

2º O proxecto de expropiación abarca a superficie correspondente á modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense na marxe dereita

do río Miño entre as pontes Nova e Romana, para a execución do proxecto de acondicionamento da marxe dereita do río Miño entre as pontes Nova e Romana 2ª fase aprobada definitivamente polo pleno de corporación en sesión celebrada o 4 de febreiro de 2000, no que se determina como sistema de actuación o de expropiación.

En virtude do disposto polos artigos 28 e 31 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e os artigos 54 , en relación co 124 e 145, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a dita aprobación implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade da ocupación dos terreos incluídos no ámbito dos polígonos, resultando lexitimada a expropiación proposta.

3º O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da Lei 1/1997, do solo de galicia:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa calificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

4º Os criterios de valoración fixados no proxecto de valoración axústanse ós establecidos polos artigos 28 e 31 da Lei 6/1998, sobre rexime do solo e valoracións, correspondentes ó solo urbano.

5º A orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 30 de decembro de 1999 (DOG do 10 de xaneiro de 2000), pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo, delega no director xeral de Urbanismo a aprobación definitiva do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta previsto polo artigo 145 da Lei do solo de Galicia.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións e as demais disposicións de pertinente e xeral aplicación, en exercicio das funcións atribuídas á Dirección Xeral de Urbanismo, procede adopta-la seguinte resolución:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados polo texto refundido da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense na marxe dereita do río Miño entre as pontes Nova e Romana, para a execución do proxecto de acondicionamento da marxe dereita do río Miño entre as pontes Nova e Romana 2ª fase, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes de contestación ás que constan no expediente.

Este acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de

urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, de conformidade co disposto polo art. 146.1 da citada Lei do Solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146.2º da Lei do solo de Galicia).

Segundo.-Notifica-la resolución aprobatoria do expediente ós interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un prazo de vinte días durante o que poderán manifestar por escrito ante a Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, de conformidade co disposto polo artigo 145.7º da Lei do solo de Galicia, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación aprobada, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Relación de bens e dereitos afectados.

Nº de predio/propietario/natureza/situación/superficie que se expropia/construccións e outros elementos/plantacións e cultivos/prezo xusto para o propietario/outro dereito que se expropia/titular do dereito/prezo xusto do dereito.

20/Aurita Prada Temes/urbana/nº 5 da Travesía baixada o río Miño/143,00 m/si/si/1.330.676 ptas.

20/Isaac Pérez Álvarez/urbana/nº 4 da Travesía baixada o río Miño/179,20 m/si/si/2.488.725 ptas.

21/Herdeiros de Argentina Blanco Blanco/urbana/nº 3 da Travesía baixada ó río Miño/204,88 m/si/si/3.827.808 ptas.

22/Manuel Justo Gómez/urbana/nº 2, esquerda da Travesía baixada ó río Miño/212,45 m/si/si/8.982.017 ptas./aluger do primeiro esquerda/Mª Esther Iglesias Touceiro/1.417.500 ptas.

23/Celia Crespo Vázquez/urbana/nº 2, dereita da Travesía baixada ó río Miño/233,71 m/si/si/8.677.159 ptas.

24/Hilario Crespo Álvarez, Luis López Alonso e María Quintela Quintillán/urbana/nº 1, baixo da Travesía baixada ó río Miño/173,00 m/si/si/8.469.205.

24A/Elvira Cordeiro Pérez/urbana/nº 1, primeiro da Travesía baixada ó río Miño/42,00 m/si/non/3.713.734.

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben tramitada a notificación, non se puidese practicar. Todo isto, de con

formidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, no plazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116, da Lei 30/1992, do 26 de novembro) ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifesta-la súa desconformidade, como se indicou no punto 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2000.

José Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo