Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 09 de agosto de 2000 Páx. 11.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2000 pola que se lle dá publicidade ás resolucións de adxudicación de varios contratos de asistencia técnica e subministracións.

Por resolucións do secretario xeral, actuando no nome do conselleiro da Presidencia e Administración

Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 22 de febreiro de 1999, resolveu adxudica-los seguientes contratos:

Contratación dunha asistencia técnica para a administración de servicios telemáticos da consellería, convocada mediante concurso público por procedemiento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 20 de marzo de 2000, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 6 de abril do presente ano.

Adxudicatario: Cesatel, S.A.

Importe: 22.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Contratación da subministración de 100 ordenadores persoais e 50 impresoras con destino á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, convocado mediante concurso público, procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 23 de marzo de 2000, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 7 de abril do presente ano.

Adxudicatario: Unisys España, S.A.

Importe: 24.974.262 pesetas, IVE incluído.

Contratación dunha asistencia técnica para o servicio de voz da Xunta de Galicia, convocada mediante concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 23 de marzo de 2000, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 7 de abril do presente ano.

Adxudicatario: Electrónica Noroeste S.G., S.L.

Importe: 15.996.000 pesetas, IVE incluído.

Contratación da subministración de material informático, convocado por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 20 de marzo de 2000, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 6 de abril do presente ano.

Adxudicatario: Qed Systems, S.L.

Importe: 8.237.344 pesetas, IVE incluído.

Contratación dunha asistencia técnica para o deseño, desenvolvemento e implantación dunha aplicación complementaria integrada co sistema de xestión de procedementos administrativos da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (Rexistro de Proveedores Vexetais), convocado mediante concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de marzo de 2000, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 7 de abril do presente ano.

Adxudicatario: Altia Consultores, S.L.

Importe: 8.250.000 pesetas, IVE incluído.

Contratación dunha asistencia técnica para o deseño, desenvolvemento e implantación dunha aplicación complementaria integrada co sistema de xestión de procedementos administrativos da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Xustiza, Inte

rior e Relacións Laborais, convocado mediante concurso aberto, por Resolución do 28 de marzo de 2000, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 7 de abril de 2000.

Adxudicatario: Idom, S.A.

Importe: 7.619.000 pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2000.

P.D. (Orden 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e

Administración Pública