Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 09 de agosto de 2000 Páx. 11.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Ponte, nos concellos de Agolada (Pontevedra) e Santiso (A Coruña) por parte de Minas de Bandeira, S.A.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Minas de Bandeira, S.A., con domicilio en Monte Carreira, 5, Bandeira, Silleda, presentou nesta delegación provincial, o día 3 de maio de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Ponte, de 27 cuadrículas mineiras para recursos de serpentinas e anfibolitas, que se sitúa nos termos municipais de Agolada, da provincia de Pontevedra, e Santiso da provincia de

A Coruña, e que lle correspondeu o nº 2857, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 02' 00''42º 50' 40''

Vértice 27º 59' 00''42º 50' 40''

Vértice 37º 59' 00''42º 49' 40''

Vértice 48º 02' 00''42º 49' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen xuízo de terceiros.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 10 de xullo de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra