Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 09 de agosto de 2000 Páx. 11.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/94-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Tomé, 130, 15000 Santa Comba.

Denominación: reforma da L.M.T. a 20 kV o C.T. de Ventosa.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 1.699 m de lonxitude en conductor LA-110 que parte da L.M.T. existente Francos-Santa Catalina e final no C.T. Ventosa. Concello de Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;

tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 10 de xullo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña