Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 09 de agosto de 2000 Páx. 11.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan e se aproban as addendas I, II e III ó proxecto de execución do ramal a Sogama, nos termos municipais de Abegondo, Mesía, Ordes e Cerceda.

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Sogama, S.A., con domicilio para efectos de notificacións en Morzós 10 Baixo, As Encrobas-San Román, 15187 Cerceda (A Coruña), resultan os seguintes.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data 4 de xaneiro de 2000, a Dirección Xeral de Industria concede a Sogama, S.A, a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do ramal a Sogama, nos termos municipais de Abegondo, Mesía, Ordes e Cerceda.

Segundo.-Con datas 25 de outubro de 1999, 19 de xaneiro de 2000 e 26 de xuño de 2000, a referida empresa solicitou, ó abeiro do establecido no artigo 78 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, a autorización administrativa e a aprobación das addendas I, II e III ó proxecto de instalacións denominado Ramal a Sogama, acompañando as ditas solicitudes os preceptivos proxectos de instalacións, que foron redactados conforme o esixido polo Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

As características das addendas que se reaalizarán afectan os termos municipais de Abegondo, Mesía, Ordes e Cerceda, e en resumo serán as seguintes:

Addenda I.

Inclúe dúas variantes ó trazado orixinal, motivadas polas conversas mantidas cos diversos organismos:

-Variante entre V-M-012 e V-M-014-A.

O trazado presentado no proxecto de autorización de instalacións variouse lixeiramente afastándose a uns 100 m da aresta da estrada de acceso ó Seixo desde a N-550.

Dita variación afecta os termos municipais de Ordes e Mesía.

O cruzamento do ramal coa estrada nacional N-550 modificouse, optando por un lugar de cruzamento

máis despexado de construccións, a uns 30 m do orixinal.

A lonxitude total de dito intervalo de ramal aumenta en 12 m.

-Variante entre V-M-016 e V-M-025.

Pertence ó termo municipal de Ordes e auméntase a lonxitude do trazado en 4 m.

Addenda II.

A variante iníciase no vértice V-M-004 e finaliza no V-M-009, termo municipal de Abegondo, aumentando a lonxitude de trazado en 356 m.

A traza discorre dentro do predio «O Abelar», moi próxima ós lindeiros da finca e non afectando as plantacións de arborado.

Mantéñense tódalas demais características do proxecto, tales como largura, profundidade da gabia, sección, espesor e natureza da canalización.

Addenda III.

A modificación, no termo municipal de Cerceda, afecta dous tramos:

-No primeiro entre os vértices V-M-26 e V-M-31, a canalización pasa de subterránea a aérea, discorrendo sobre apoios de 0,35 a 0,45 m de altura e coas liras e apoios deslizantes necesarios para absorbe-las dilatacións. Nos primeiros 190 m o encanamento é de 16'' e os 337 m restantes é de 6'', xa que se preveu o posible fornecemento á central térmica de Meirama. Esta variante percorre terreos da central térmica.

-No segundo tramo, entre os vértices V-M-30 e a entrada en Sogama, dunha lonxitude de 2.099 m, a entubación subterránea vai paralela ó ferrocarril a Sogama e Limeisa e discorre polos terreos destas empresas, mantendo as características que figuran no proxecto.

As modificacións do trazado da addenda I provocan un aumento de lonxitude de 16 m, que incrementa o orzamento orixinal en 447.002 ptas.

As modificacións do trazado da addenda II provocan un aumento de lonxitude de 356 m, que incrementa o orzamento orixinal en 9.946.245 ptas.

As modificacións do trazado da addenda III non varían o orzamento.

Terceiro.-Así mesmo, solicitouse informe dos organismos e entidades competentes sobre determinados bens públicos e servicios que resultan afectados pola mencionada conducción de gas natural.

Cuarto.-As solicitudes obxecto deste expediente recibiron o informe favorable da Delegación Provincial de A Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, modificado polo Decreto 181/1999, do 17

de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, cos decretos 2913/1973, do 26 de outubro e 1775/1967, do 22 de xullo.

Segundo.-O proxecto cumpre as esixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así como as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.

Terceiro.-Sogama, S.A. procederá igualmente a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionamentos e informes realizados, ou pendentes de realizar.

Por todo o anterior, debe accederse ó solicitado pola empresa Sogama, S.A. e, por conseguinte, proceder a autorizar e aproba-las addendas I, II e III ó proxecto de execución de referencia nos tramos reflectidos no epígrafe segundo dos antecedentes, correspondentes ós termos municipais de Abegondo, Mesía, Ordes e Cerceda.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral

RESOLVE:

-Outorgar a Sogama, S.A. a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións que se determinan nas addendas I, II e III ó ramal a Sogama, nos termos municipais de Abegondo, Mesía, Ordes e Cerceda (A Coruña).

Esta autorización administrativa outórgase conforme as mesmas condicións estipuladas na resolución dictada por esta dirección xeral con data 4 de xaneiro de 2000, pola que se autorizou e aprobou a Sogama, o proxecto ramal a Sogama.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria