Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000, pola que se aproba a ampliación do plan eólico estratéxico presentado pola empresa Gamesa Energía, S.A. denominado P.E.E. Gamesa.

Examinado o expediente instruído por instancias de Gamesa Energía, S.A. con domicilio para efectos de notificacións na Avda. do Cruceiro da Coruña, 201 A, 15705 Santiago de Compostela, sobre aprobación da ampliación do P.E.E. Gamesa; esta consellería ten en conta os seguintes:

Antecedentes de feito

Primeiro.-O 29 de decembro de 1995, por resolución da Consellería de Industria e Comercio, apróbase o plan eólico estratéxico de Gamesa, publicándose no Diario Oficial de Galicia do 12-3-1996 coas seguintes características básicas:

-20 áreas.

-Potencia 600 MW.

-Prazo de execución 10 anos.

-Investimento total 84.000 millóns de pesetas.

Plan industrial 1.700 millóns de pesetas de investimento en 3 fábricas, 60 postos de traballo.

Segundo.-Con do data 9 de abril de 1999, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Gamesa Energía, S.A., solicitou a aprobación da ampliación do Plan Eólico Estratégico denominado

P.E.E. Gamesa, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-A petición de aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública por Resolución do 8 de xullo de 1999, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A citada resolución foi publicada no Boletín Oficial do Estado do 19 de agosto de 1999, e no Diario Oficial de Galicia do 18 de agosto do mesmo ano.

As características principais da ampliación do P.E.E. Gamesa que foron sometidas a información pública son:

NomeProvinciaConcelloCoordenadas UTM

Monte do GatoA CoruñaCesuras, Oza dos Ríos, Coirós, Irixoa, Aranga e Curtis0.567.000

0.579.000

0.579.000

0.567.000

4.789.000

4.789.000

4.780.000

4.780.000

Montes da PenaA CoruñaMonfero, Irixoa, Aranga e Guitiriz0.579.000

0.585.000

0.585.000

0.579.000

4.802.000

4.802.000

4.783.000

4.783.000

MoecheA CoruñaMoeche, As Somozas0.580.000

0.587.000

0.587.000

0.580.000

4.826.000

4.826.000

4.822.000

4.822.000

Montes de BoceloA CoruñaBoimorto, Sobrado, Toques, Melide0.572.000

0.583.000

0.583.000

0.572.000

4.765.000

4.765.000

4.757.000

4.757.000

PedrouzosA CoruñaBrión, Noia, Lousame, Rois, Negreira, Ames0.515.000

0.528.000

0.525.000

0.520.000

0.515.000

4.745.000

4.750.000

4.743.000

4.740.000

4.740.000

N.E. do PedregalA CoruñaOutes, Mazaricos, Muros0.501.000

0.505.000

0.505.000

0.501.000

4.747.000

4.747.000

4.742.000

4.742.000

Alto da CroaA CoruñaDumbría, Vimianzo, Zas0.496.000

0.496.000

0.506.000

0.497.000

0.492.000

0.492.000

4.771.000

4.763.000

4.763.000

4.761.500

4.761.500

4.763.000

MazaricosA CoruñaMazaricos0.501.000

0.505.000

0.505.000

0.501.000

4.758.000

4.758.000

4.752.000

4.752.000

CadeiraLugoTrabada, Barreiros, Lourenzá, Riotorto, A Pontenova0.640.000

0.645.000

0.645.000

0.640.000

4.815.000

4.815.000

4.800.000

4.800.000

NeipínLugoA Pontenova0.647.000

0.652.000

0.652.000

0.647.000

4.801.000

4.801.000

4.797.000

4.797.000

Serra das PenasLugoParadela, Bóveda, O Saviñao0.612.490

0.623.600

0.620.840

0.609.730

4.733.099

4.723.000

4.719.963

4.730.063

FoilebarLugoO Incio, Samos, A Pobra de Brollón0.636.328

0.644.160

0.641.115

0.633.283

4.729.249

4.725.520

4.719.126

4.722.855

Serra da TrapaLugoO Incio, Samos, A Pobra de Brollón, Folgoso do Courel0.633.283

0.646.000

0.644.421

0.631.705

4.722.855

4.716.800

4.713.485

4.719.540

Serra da PandaLugoMañón, Ortigueira0.597.000

0.599.000

0.599.000

0.602.000

0.602.000

0.597.000

4.835.000

4.835.000

4.834.000

4.834.000

4.830.500

4.830.500

NomeProvinciaConcelloCoordenadas UTM

A GudiñaOurenseA Mezquita, A Gudiña0.653.500

0.667.250

0.665.300

0.651.850

4.657.700

4.655.000

4.647.000

4.651.000

XinzoOurenseXinzo de Limia, Trasmiras, Cualedro, Monterrei, Laza, Vilar de Barrio, Sarreaus0.611.460

0.615.300

0.627.550

0.623.550

0.606.740

4.760.850

4.671.050

4.652.450

4.649.050

4.657.230

FontearcadaOurenseCalvos de Randín, Baltar, Os Blancos0.594.100

0.598.400

0.605.500

0.603.600

0.594.900

4.647.900

4.648.600

4.648.400

4.643.500

4.641.800

CernegoOurenseQuiroga, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Rubiá0.646.250

0.658.470

0.667.350

0.668.080

0.652.790

4.701.000

4.708.220

4.706.360

4.702.650

4.695.800

MairósOurenseVilardevós, Riós0.633.450

0.648.550

0.650.870

0.642.000

0.637.000

4.646.050

4.646.050

4.640.650

4.635.000

4.634.000

Pena NofreOurenseLaza, Castrelo do Val, Riós, Vilardevós, A Gudiña0.632.500

0.654.000

0.648.000

0.635.700

4.660.050

4.661.200

4.647.850

4.648.000

ForcadaOurenseVilamartín de Valdeorras, Petín, O Barco de Valdeorras, A Veiga, O Bolo0.659.450

0.663.850

0.666.160

0.672.800

0.666.060

0.663.320

0.657.170

4.694.700

4.694.250

4.689.800

4.682.270

4.681.350

4.688.260

4.691.080

LardeiraOurenseCarballeda de Valdeorras0.681.800

0.686.600

0.686.300

0.684.700

0.684.350

0.679.400

4.695.150

4.691.800

4.688.300

4.688.900

4.690.400

4.693.900

XindirizPontevedraForcarei, Silleda, A Estrada0.550.000

0.556.000

0.556.000

0.555.000

0.555.000

0.550.000

4.730.000

4.730.000

4.724.000

4.724.000

4.723.000

4.723.000

XiabrePontevedraCatoira, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa0.523.000

0.527.000

0.527.000

0.520.000

4.723.000

4.723.000

4.719.000

4.719.000

Monte ArcaPontevedraA Estrada, Cuntis0.538.000

0.543.000

0.538.000

0.543.000

4.723.000

4.723.000

4.720.000

4.720.000

Monte GregosPontevedraA Estrada, Cuntis, Cerdedo, Campo Lameiro0.540.000

0.546.000

0.546.000

0.540.000

4.717.000

4.717.000

4.712.000

4.712.000

CabanelasPontevedraA Estrada, Forcarei, Cerdedo0.548.500

0.552.000

0.552.000

0.548.500

4.720.000

4.720.000

4.712.000

4.712.000

Chan de PadrónPontevedraMondariz, Covelo, A Cañiza, Arbo, As Neves0.550.000

0.557.000

0.557.000

0.550.000

4.675.000

4.675.000

4.665.000

4.665.000

Pico SecoPontevedra

Ourense

Lalín, Dozón (PO) San Cristovo de Cea, Piñor, O Irixo, O Carballiño, Boborás (OU)0.570.000

0.580.000

0.580.000

0.570.000

4.713.000

4.713.000

4.702.000

4.702.000

Edreira (Suido)Pontevedra

Ourense

A Lama, Ponte Caldelas (PO) Avión (OU)0.548.167

0.555.000

0.555.000

0.560.000

0.560.000

0.544.000

4.697.000

4.697.000

4.698.000

4.698.000

4.692.000

4.692.000

Durante o prazo de información pública presentáronse as seguintes solicitudes en competencia formuladas por:

1. Planta Eólica de Galicia, S.A.

2. Ercco, S.L.

3. Fomensa Hispania, S.L.

4. Made Energías Renovables, S.A.

5. Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Cuarto.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria emitiron informe no que avaliaban a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, seguindo os seguintes criterios de avaliación:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achega tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

-Ambiental.

-Desenvolvemento de infraestructuras.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999 do 21 de xuño, en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-Ante o gran número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, de aprobación do plan eólico estratéxico, os criterios seguidos en forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito cuarto, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista de infraestructuras en canto á rede de transporte de enerxía eléctrica, o que supón que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación formulados.

Terceiro.-Nalgúns casos, existen ocultación en determinadas zonas de distintas solicitudes de plans, sen que os seus promotores concorresen en competencia. Nos ditos casos optouse por asigna-la área á solicitude que se considerou que cumpre en maior medida os criterios de asignación.

Cuarto.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación enerxética e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas ou debido á súa inviabilidade; tamén se toma en consideración para a autorización do plan a incidencia que ten o plan industrial da citada empresa que se detalla no anexo II, na estructura socioeconómica da Comunidade autonómica de Galicia, sendo esta circunstancia un dos motivos prioritarios para a autorización recollidos no artigo 7 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Do exposto extráese como consecuencia que a ampliación do plan solicitada non pode ser concedida na extensión requirida polo peticionario, e en consecuencia, que se lle debe conceder á empresa Gamesa

Energía, S.A. autorización para prosegui-las investigacións nas áreas relacionadas no anexo I.

Desta forma, a ampliación do plan eólico estratéxico pasa a constar de 12 áreas, sendo a súa potencia autorizada de 160 MW.

Quinto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Aproba-la ampliación do plan eólico estratéxico P.E.E. Gamesa referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, coa previsión de potencia de 160 MW.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico vincula a Administración e Gamesa Energía, S.A. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico outórgase conforme ás seguintes condicións:

Primeira.-Gamesa Energía, S.A. iniciará a execución do plan industrial no prazo de seis meses a partir da aprobación deste plan estratéxico, debendo executa-lo dito plan nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que coide pertinente co fin de verifica-lo cumprimento do establecido neste punto.

Segunda.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución desta aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas non fose adecuado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico.

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Terceira.-Gamesa Energía, S.A. deberalle presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

-Participación de entidades galegas

Cuarta.-A empresa Gamesa Energía, S.A., participará na execución do plan industrial que teñan aprobados os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será a comprometida polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Quinta.-A empresa Gamesa Energía, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación, logo de autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Sexta.-O presente plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer, recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas aprobadas no P.E. estratéxico

NomePotenciaProvinciaConcelloCoordenadas UTM

Serra da Panda20A CoruñaMañón,

Ortigueira

0.597.000

0.599.000

0.599.000

0.602.000

0.602.000

0.597.000

4.835.000

4.835.000

4.834.000

4.834.000

4.830.500

4.830.500

N.E. do Pedregal15A CoruñaOutes, Mazaricos, Muros0.501.000

0.505.000

0.505.000

0.501.000

4.747.000

4.747.000

4.742.000

4.742.000

Edreira (Suido)15Pontevedra

Ourense

A Lama, Ponte Caldelas (PO) Avión (OU)0.548.167

0.555.000

0.555.000

0.560.000

0.560.000

0.544.000

4.697.000

4.697.000

4.698.000

4.698.000

4.692.000

4.692.000

NomePotenciaProvinciaConcelloCoordenadas UTM

Cabanelas15PontevedraA Estrada, Forcarei, Cerdedo0.548.500

0.552.000

0.552.000

0.548.500

4.720.000

4.720.000

4.712.000

4.712.000

Alto da Croa10A CoruñaDumbría, Vimianzo, Zas0.496.000

0.496.000

0.506.000

0.497.000

0.492.000

0.492.000

4.771.000

4.763.000

4.763.000

4.761.500

4.761.500

4.763.000

Monte Arca10PontevedraA Estrada, Cuntis0.538.000

0.543.000

0.538.000

0.543.000

4.723.000

4.723.000

4.720.000

4.720.000

Monte do Gato10A CoruñaCesuras, Oza dos Ríos, Coirós, Irixoa, Aranga e Curtis0.567.000

0.567.000

0.579.000

0.579.000

0.574.000

0.575.000

0.570.500

0.570.500

4.789.000

4.780.000

4.780.000

4.789.000

4.789.000

4.785.000

4.785.000

4.789.000

Neipín15LugoA Pontenova0.647.000

0.652.000

0.652.000

0.647.000

4.801.000

4.801.000

4.797.000

4.797.000

Moeche10A CoruñaMoeche, As Somozas0.580.000

0.587.000

0.587.000

0.580.000

4.826.000

4.826.000

4.822.000

4.822.000

Serra da Trapa20LugoO Incio, Samos, A Pobra de Brollón, Folgoso do Courel0.633.283

0.646.000

0.644.421

0.631.705

4.722.855

4.716.800

4.713.485

4.719.540

Xinzo15OurenseXinzo de Limia, Trasmiras, Cualedro, Monterrei, Laza, Vilar de Barrio, Sarreaus0.615.300

0.611.500

0.618.000

0.618.000

0.623.650

0.617.550

4.671.000

4.661.000

4.661.000

4.652.000

4.649.050

4.652.450

Pico Seco10Pontevedra

Ourense

Lalín, Dozón (PO) San Cristovo de Cea, Piñor, O Irixo, O Carballiño, Boborás (OU)0.573.500

0.570.000

0.570.000

0.573.500

4.713.500

4.713.000

4.702.000

4.702.000

Potencia eólica estimada das áreas que se van estudiar: 160 MW.

ANEXO II

Documento de síntese

-Plan eólico estratéxico.

A ampliación do plan eólico estratéxico terá unha duración de 4 anos e suporá un investimento global estimado de 24.000 millóns de pesetas.

-Plan de investigación eólica.

A empresa Gamesa Energía, S.A. realizará a investigación de 12 áreas facendo un investimento total de 18.000.000 de ptas., acadando un investimento medio de 1.500.000 ptas./ área.

Con obxecto de coordina-los resultados da investigación co do resto de plans eólicos estratéxicos aprobados, a empresa Gamesa Energía, S.A. usará como entidade colaboradora para a investigación ó Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

-Plan industrial.

A empresa Gamesa, desenvolverá o dito plan realizando as seguintes actuacións:

Investimento no plan industrial 2.000.189.940 de pesetas, destinados á nova planta dedicada á fabri

cación de materiais compostos, situada no parque tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas (Ourense).

O destino da industria será dobre:

a) Fabricación xunto á fábrica de Fiberblade nas Somozas (A Coruña):

1. Moldes para a fabricación de pas de aeroxeradores.

2. I+D en compoñentes para novos modelos de aeroxeradores.

3. Novos procesos de fabricación en materiais compostos.

b) Fabricación de compoñentes aeronáuticos en materiais compostos.

Empregos directos do plan industrial: 180.