Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2000 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a contratación do servicio de limpeza do Centro Residencial Docente (CRD) e IESP Manuel Antonio de Vigo, dependentes desta consellería. (Expediente 7/2000 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 7/2000 SE.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de limpeza do Centro Residencial Docente (CRD) e IESP Manuel Antonio de Vigo dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: Centro Residencial Docente (CRD) e IESP MAnuel Antonio de Vigo.

c) Prazo de execución:do 1 de outubro de 2000 ó 30 de setembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 110.952.180 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo, 19 -Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o día 25 de setembro de 2000, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o día 29 de setembro de 2000, ás 10 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria