Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: r/Sénz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Busgulmar-A Pintinidoira (As Nogais).
Situación: As Nogais.
Descricións técnicas: L.M.T. ó C.T. de Busgulmar de 2.710 metros a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56. C.T.I. de Busgulmar de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. de Busgulmar de 265 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Lugo, 3 de xullo de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo