Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de inicio de expediente sancionador 10/2000 seguido contra Manuel Piñeiro Muñoz.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente san

cionador 10/2000, seguido de oficio, contra Manuel Piñeiro Muñoz, finalizando este trámite con acordo de inicio de expediente sancionador por dedica-la vivenda de promoción pública adxudicada a aluger. Expediente LU-81/010, conta 85.

O citado acordo é do seguinte teor:

Acordo de inicio de expediente sancionador 10/2000.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e unha vez rematadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

1. Con datas 28 de febreiro, 29 de febreiro e 3 de marzo de 2000, realizáronse visitas de inspección á citada vivenda, actas nº 1, 2 e 3/2000, resultando delas que na vivenda non reside o adxudicatario Manuel Piñeiro Muñoz e na que viven dous estudiantes.

2. O artigo 5, punto C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que «o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibira unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses», constitúe unha infracción grave.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997 do 22 de maio.

2. Ó abeiro do disposto no artigo 3.2º do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formularen alegacións e a achegaren tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. En particular, e segundo o artigo 16.1º do regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a súa notificación do presente acordo para achegaren os documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñeren probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada na alínea e, 6 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda da que aparece como presunto responsable Manuel Piñeiro Muñoz, podendo corresponder una sanción de 250.000 ptas., sen prexuízo do que resulta da tramitación do presente procedemento.

5. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o previsto nos artigos 28 y 29 da dita lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación

ACORDA:

1. Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra Manuel Piñeiro Muñoz, como presunto responsable dos feitos sinalados.

2. Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez, xefe da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e como secretario a Ángel Negrete Rico, inspector da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

3. Conceder un prazo de quince días para os interesados achegaren cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes, e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Comuníqueselle o presente acordo ó órgano instructor con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíqueselles ós interesados, entendendo en todo caso como tal o inculpado, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 28 de xuño de 2000.

Antonio Boné Piña

Delegado provincial de Lugo