Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Constantino García, S.L. (expediente DP-65-1999).

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente de dilixencias previas 65/1999, seguidas en virtude de denuncia formulada por Federico Antonio Varela Fernández como presidente da comunidade de propietarios, contra a promotora inmobiliaria Constantino García, S.L., finalizando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias observadas no edificio da rúa Mazaira, 67-69 de Lugo.

As obras de reparación que se deben realizar son as necesarias para emenda-las deficiencias observadas consistentes en:

-A rampla do garaxe presenta furados de 5 e 6 cm de profundidade, e o pavimento.

-Fisura en fachada principal.

-Acreditación da legalización de calefacción diante da delegación de Industria.

A tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión de proxecto e orzamento a esta delegación provincial, e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 28 de xuño de 2000

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo