Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Jesús Martínez Ares (expediente DP-17/1999).

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente de dilixencias previas 17/1999, seguidas en virtude de denuncia formulada por Juan Carlos Saco Mirón como presidente da comunidade de propietarios, contra a promotora inmobiliaria Jesús Martínez Ares, finalizando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias observadas no edificio da avda. 18 de xullo, 170 de Lugo.

As obras de reparación que se deben realizar son as necesarias para emenda-las deficiencias observadas consistentes en:

-Desprendemento da pintura de fachada, por fallo da base desta, non envellecendo por proceso natural, senón por unha aplicación incorrecta.

-Perda de auga polas xuntas dos canos.

-Os extractores de gases do garaxe non funcionan por unha montaxe inadecuadas.

A tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión de proxecto e orzamento a esta delegación provincial, e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 28 de xuño de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo