Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 3 de xullo de 2000, do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte, de notificación de proposta de resolución de expediente sancionador DH.D15.12537.

Por medio deste edicto faise saber que o instructor de Augas de Galicia dictou proposta de resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da proposta de resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Ley 30/1992, do 26 de novembro, de régimen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra á súa disposición nas oficinas do Servicio Territorial de la Demarcación Galicia Norte do organismo autónomo Augas de Galicia na Coruña (rúa Wenceslao Fernández Flórez 1-2º), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta proposta de resolución, o interesado poderá formular alegacións no prazo de quince días contados desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito servicio territorial.

A Coruña, 3 de xullo do 2000

Ramón Vázquez Montero

Xefe do Servicio Territorial da Demarcación

Galicia Norte

ANEXO

Expediente número: DH.D15.12537.

Persoa interesada: Maderas Alvijoy, S.L.

Domicilio que consta no expediente: r/ Entrepeñas número 17, 15010 A Coruña.

Acto administrativo: proposta de resolución do 7-4-2000.

Sanción proposta: declarar a non existencia de infracción e responsabilidade atribuíble á empresa Maderas Alvijoy, S.L. con arquivo das actuacións practicadas.