Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000 pola que se somete a trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa para a modificación das características da concesión dun aproveitamento de augas para a producción de enerxía eléctrica no río Lérez, así como dos proxectos técnicos e dos documentos de avaliación ambiental. (Expediente 3/273/5).

José Luis Zapata Pinar en representación de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Capitán Haya nº 53, 28020 Madrid, solicita, ante o organismo autónomo Augas de Galicia, a autorización administrativa prevista nos artigos 62 da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, e dos artigos 143 e seguintes concordantes co R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para a modificación das características dun aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez nos concellos de Cotobade, Campo Lameiro e Cerdedo (Pontevedra), outorgado á Sociedad General Gallega de Electricidad, S.A. por orde ministerial do 17 de setembro de 1953, sendo actualmente titular Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., por Resolución do 17 de xuño de 1985 da Dirección Xeral de Obras Hidráulicas do MOPU.

Xunto coa solicitude achéganse os proxectos que definen as obras e instalacións, así como os documentos de estudio de impacto ambiental correspondentes, solicitando así mesmo a declaración de utilidade pública da modificación para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes necesarias de e sobre os dereitos que poidan resultar afectados.

Nos anexos que se inclúen ó final transcríbense os datos e circunstancias máis relevantes que definen a modificación da concesión: unha breve descrición das obras e instalacións proxectadas (anexo I); e a relación na que se recollen os propietarios, bens e dereitos afectados (anexo II).

No presente anuncio sométese ó trámite de información pública a solicitude de modificación do aproveitamento referido, a documentación técnica e ambiental e a relación de afectados, de conformidade co artigo 109 do R.D. 849/1986, do 11 de abril, o artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, e o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal, no seu momento, as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas poidan formular, por escrito en triplicado exemplar, cantas alegacións, observacións e reclamacións que coiden pertinentes na defensa dos seus intereses.

Os escritos poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, dentro do prazo improrrogable de trinta (30) días hábiles, dirixidos ó presidente de Augas de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, s/n 15704 Santiago de Compostela-A Coruña), expresando no escrito a clave do expediente sinalada no encabezamento, un enderezo para os efectos de notificación e a denominación do proxecto do salto hidroeléctrico ou documento ambiental ó que se refiran.

O presente anuncio será obxecto de inserción no Diario Oficial de Galicia, no BOP de Pontevedra, e de exposición nos taboleiros de anuncios dos concellos de Cotobade, Campo Lameiro e Cerdedo.

O prazo entenderase aberto desde o día seguinte a producirse a última das publicacións ás que se referire o parágrafo anterior. Transcorrido o prazo de trinta (30) días hábiles desde que se faga esta publicación non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Os que se consideren interesados terán para os efectos oportunos, á súa disposición copia da petición e dos exemplares do proxecto constructivo e relación de propiedades afectadas, para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina nas seguintes dependencias administrativas e concellos:

* Augas de Galicia Demarcación Centro. Avda. Rodríguez de Viguri, 47, baixo A, 15703 Santiago de Compostela. A Coruña.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Rúa dos Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela. A Coruña.

* Concello de Cotobade: Carballeda Chan, 11, 36856 Cotobade-Pontevedra.

* Concello de Campo Lameiro: San Miguel de Campo, 36110 Campo Lameiro-Pontevedra.

* Concello de Cerdedo: Praza do Concello, 1, 36130 Cerdedo-Pontevedra.

Do mesmo xeito, estará á disposición dos interesados a documentación ambiental nos organismos e concellos que a continuación se relacionan:

* Augas de Galicia. Demarcación Centro.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra. Rúa Nova de Abaixo, nº 2, 36071 Pontevedra.

* Concello de Cotobade.

* Concello de Campo Lameiro.

* Concello de Cerdedo.

Advírtese que os estudios específicos ambientais de cada salto só se atoparán nos concellos que afecten ós seus ámbitos locais.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia

ANEXO I

Descrición das obras proxectadas

Denominación: proxecto de modificación das características do aproveitamento do río Lérez.

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 30 m/s.

Tramo ocupado: cotas 313-81 m.

Desnivel: 232 m.

Potencia total instalada: 48.750 kW.

Concellos afectados: Cotobade, Campo Lameiro e Cerdedo (Pontevedra).

Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

A modificación do aproveitamento consiste na construcción dos seguintes seis (6) saltos, numerados do 1 ó 6, segundo a súa posición no río, sendo o nº 1 o situado na cota máis alta:

-Salto nº 1.

Presa:

Presa de gravidade de planta recta situada a cota 288,30 m do leito do río, cunha altura máxima sobre o leito de 24,70 m de altura (cota de coroación 319 m) e lonxitude de coroación de 117,6 m.

O vertedoiro é de labio fixo, constituído por dous vaos de 20 m de lonxitude e 3 m de ancho.

A presa ten dous desaugadoiros de fondo, a cota 293, de 1 m de diámetro con dobre peche.

Central:

Situada a pé de presa na marxe esquerda do río, a cota 304, cunhas dimensións en planta de 16x25 m.

Proxéctanse 3 grupos xeradores: dous con turbinas semi-kaplan, de eixo vertical de 15 m/s e 2.500 kW cada unha, e un para turbiar o caudal ecolóxico con turbina tipo semi-kaplan de eixo vertical de 1,5 m/s e 250 kW de potencia.

O tramo de río que aproveita este salto é de cotas 313-290 m.

-Salto nº 2.

Presa:

Con presa de 58,60 m de lonxitude de coroación situado na cota 279,5 do río, cunha altura sobre o leito de 12,50 m (cota de coroación 292 m) e un ancho de aliviadoiro de 19,40 m.

A presa ten un desaugadoiro de fondo a cota 280,50, formado por un tubo de 0,5 m de diámetro.

A toma realízase a cota 281 m pola marxe dereita do río cunha sección de 4,5x4,5 m cunha lonxitude de transición a circular de 15 m, executándose un túnel circular de 3,6 m de diámetro interior cunha lonxitude de 663 m.

Disporase dunha escala de peixes que discorre pola marxe esquerda do río.

Central:

Situada na marxe dereita a cota 250 m cunhas dimensións en planta de 12x38 m, onde serán instaladas dúas turbinas Francis de eixo horizontal para 15 m/s cada unha.

O tramo de río que aproveita este salto é de cotas 290 a 250 m.

Potencia instalada: 8.700 kW.

-Salto nº 3.

Presa:

Con presa de 39,85 m de lonxitude de coroación situado na cota 239,50 do río, cunha altura sobre o leito de 12,50 m (cota de coroación 252 m) e un ancho de aliviadoiro de 20,43 m.

A presa ten un desaugadoiro de fondo a cota 240 formado por un tubo de 0,5 m de diámetro.

Disporase unha escala de peixes que discorre pola marxe esquerda do río.

A derivación farase na cota 281 m do río na marxe dereita mediante unha sección de 4,50x4,50 m cunha lonxitude de transición de 15 m, que pasa a sección circular de 3,6 m de diámetro interior nunha lonxitude de 319 m.

No segundo tramo instalarase un encanamento de 3,2 m de diámetro nunha lonxitude de 442 m ancorado con dados de formigón.

Central:

Situada na marxe dereita do río a cota 205 m cunhas dimensións en planta de 12x38 m, onde se instalarán dúas turbinas Francis de eixo horizontal para 15 m/s.

O tramo do río que aproveita este salto é de cotas 250-205 m.

Potencia instalada: 9.500 kW.

-Salto nº 4.

Presa:

Con presa de 45,14 m de lonxitude de coroación situado na cota 194,50 do río, cunha altura sobre o leito de 12,50 m (cota de coroación 207 m) e un ancho de aliviadoiro de 22,07 m.

A presa ten un desaugadoiro na cota 195,50 formado por un tubo de 0,5 m de diámetro.

Disporase unha escala de peixes que discorre pola marxe dereita do río.

A derivación farase na cota 196 m do río na marxe dereita mediante unha sección cadrada de 4,5x4,5 m e lonxitude de transición de 15 m de lonxitude.

O túnel discorre pola marxe dereita do río cunha sección circular de 3,6 m de diámetro interior e unha lonxitude de 656 m.

Central:

Situada xunto á desembocadura do río Grande a cota 160 do río cunhas dimensións de 12x38 m, onde se instalarán dous grupos de tipo Francis de eixo horizontal para un caudal de 15 m/s cada un.

O tramo do río que aproveita este salto é de cotas 205-160 m.

Potencia instalada: 9.800 kW.

-Salto nº 5.

Presa:

Con presa de 107,35 m de lonxitude de coroación situado na cota 137 m do río, cunha altura de 22 m sobre o leito (cota de coroación 159 m) e un aliviadoiro de labio fixo de dous ramos de 20 m de lonxitude e 3 m de ancho.

A presa ten dous desaugadoiros de fondo a cota 139 formado por dous tubos de 1,00 m de diámetro.

A derivación farase en túnel a cota 139 m do río na marxe dereita do mesmo, mediante unha sección de 4,5x4,5 m e unha lonxitude de 15 m de transición.

O túnel executarase pola marxe dereita do río, de 3,6 m de diámetro cunha lonxitude de 338 m.

Central:

Situada na cota 108 do río, na marxe dereita do río cunhas dimensións en planta de 12x38 m, onde se instalarán dous grupos tipo Francis para 15 m/s cada un.

O tramo do río que aproveita este salto é de cotas 153-108 m.

Potencia instalada: 9.900 kW.

-Salto nº 6.

Presa:

Con presa de 40,56 m de lonxitude de coroación situado na cota 97,50 do río (uns metros augas abaixo da desembocadura do río das Penizas), cunha altura sobre o leito de 12,50 m (cota de coroación 110 m) e un ancho de aliviadoiro de 21,13 m.

A presa ten un desaugadoiro de fondo na cota 98,50 formado por un tubo de 0,5 m de diámetro.

Disporase unha escala de peixes que discorre pola marxe esquerda do río.

A toma realizarase pola marxe dereita do río na cota 101,4 m con tubo de aceiro de 3,2 m de diámetro e 160 m de lonxitude, ata un túnel circular de 3,60 m de diámetro que termina na central.

Central:

Situada na marxe dereita do río a cota 81 do río cunhas dimensións en planta de 12x38 m, onde se instalarán dúas turbinas Francis de eixo horizontal para 15 m/s cada unha.

O tramo do río que aproveita este salto é de cotas 108-81 m.

Potencia instalada: 5.600 kW.

ANEXO II

Relación de afectados

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública da modificación das características da concesión do aproveitamento de augas para a producción de enerxía eléctrica no río Lérez, sendo os bens

e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da expropiación forzosa os seguintes:

-Salto nº 1.

Tódolos predios afectados polo salto nº 1 son propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. titular da concesión.

-Salto nº 2.

Concello de Campo Lameiro

PredioTitularEnderezoCPPoboaciónSuperficiePolígonoParcela

3Comunal veciños de San IsidroO Quinteiro, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra205,153428 a

4Comunal veciños de San IsidroO Quinteiro, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra5.747,1210428 b

5Ministerio de FomentoPS. Castellana, 6728046Madrid6.264,151010000

Concello de Cotobade

PredioTitularEnderezoCPPoboaciónSuperficiePolígonoParcela

1C.C.M.M. Santa María de SacosC.A. Chan s/n36317Cotobade5.403,4411700

2Ministerio de FomentoPS. Castellana, 6728046Madrid5.673,861110000

-Salto nº 3

Concello de Campo Lameiro

PredioTitularEnderezoCPPoboaciónSuperficiePolígonoParcela

1Comunal veciños de San IsidroO Quinteiro, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra3.386,1210428 a

2Comunal veciños de San IsidroO Quinteiro, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra436,1710428 b

3Ministerio de FomentoPS. Castellana, 6728046Madrid2.675,371010000

Concello de Cotobade

PredioTitularEnderezoCPPoboaciónSuperficiePolígonoParcela

4C.C.M.M. Santa María de SacosC.A. Chan, s/n36317Cotobade3.327,7411694 a

5Ministerio de FomentoPS. Castellana, 6728046Madrid2.264,781110000

-Salto nº 4

Concello de Campo Lameiro

PredioTitularEnderezoCPPoboaciónSuperficiePolígonoParcela

1Teresa Piñeiro CastroOrto do Chan, s/n

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra6,7510992

2José Cao FontánO Quinteiro, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra33,0510921

3Andrés Fontanes BarrosO Quinteiro, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra19,4710920

4Enrique Barros LópezParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra28,310919

5Jesús Gandos AlonsoParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra10,5410918

6José Cao FontánO Quinteiro, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra364,0610931

7Ministerio de FomentoPS. Castellana, 6728046Madrid15,061010001

8Ministerio de FomentoPS. Castellana, 6728046Madrid823,761010000

9Ministerio de FomentoPS. Castellana, 6728046Madrid14,61110001

10Celina Raposeiras FontelaParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra3.558,4411926 b

PredioTitularEnderezoCPPoboaciónSuperficiePolígonoParcela

11Ministerio de FomentoPS. Castellana, 6728046Madrid4.570,831110000

Concello de Cotobade

PredioTitularEnderezoCPPoboaciónSuperficiePolígonoParcela

1Ministerio de FomentoPS. Castellana, 6728046Madrid6.280,531110000

2C.C.M.M. Santa María de SacosC.A. Chan, s/n36317Cotobade167911694 c

3C.C.M.M. Santa María de SacosC.A. Chan, s/n36317Cotobade427,3111694 b

-Salto nº 5

Concello de Campo Lameiro

PredioTitularEnderezoCPPoboaciónSuperficiePolígonoParcela

1Francisco Tapia SierraParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra0,814292

2Antonio Álvarez VázquezParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra7,4614291

3Andrés Fontanes BarrosO Quinteiro, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra4,0914290

4Gonzalo Carames LealParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra3,2114289

5Celina Raposeiras FontelaParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra2,5614288

6Carlos Sierra PadínParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra3,7714287

7Teresa Piñeiro CastroOrto do Chan, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra5,5714286 p

8José de Porto LópezParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra5,5714286

9José Montera QuibenParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra7,9814285

10Manuel Iglesias BugalloParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra8,914284

11Manuel Couto GarcíaParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra16,1314283

12Jesús Gandos AlonsoParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra9,214282

13Celina RaposeirasParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra20,4314281

14Andrés Fontanes BarrosO Quinteiro, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra11,6714280

15José Souto PradoParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra21,3114279

16Emilio Blanco MartínezParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra35,4114278

17Manuel Gude PregoParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra31,814277

18Pedro Poutas EiroaParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra24,1914276

19Benito Pérez CastroParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra30,4614275

20José Martínez FreitasParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra23,414274

21Manuel Couto GarcíaParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra36,7814273

22Gonzalo Carames LealParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra28,4914272

23Celina Raposeiras FontelaParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra25,0514271

24Francisco Tapia SierraParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra30,1214270

25José Cao FontánO Quinteiro, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra2.496,61429

PredioTitularEnderezoCPPoboaciónSuperficiePolígonoParcela

26Jesús Gandos AlonsoParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra9.317,6714195

27Ministerio de FomentoPS. Castellana, 6728046Madrid170,821410000

30Enrique Barros LópezParada, s/n,

San Isidro

36110Campo Lameiro, Pontevedra199,6312633

Concello de Cotobade

PredioTitularEnderezoCPPoboaciónSuperficiePolígonoParcela

28C.C.M.M. de Santa María de SacosC.A. Chan, s/n36137Cotobade1.508,185750

29Ministerio de FomentoPS. Castellana, 6728046Madrid8.275,04510000

-Salto nº 6

Concello de Cotobade

PredioTitularEnderezoCPPoboaciónSuperficiePolígonoParcela

1Filiberto Barros FerrónDS. Fentan36317Cotobade199,7310605

2C.C.M.M. de San Xurxo de SacosParroquia San Jorge36317Cotobade1.208,6910708

3Ministerio de FomentoPS. Castellana, 6728046Madrid2.989,771010000

4Ministerio de FomentoPS. Castellana, 6728046Madrid2.678,69510000

5C.C.M.M. de Santa María de SacosC.A. Chan, s/n36317Cotobade1.764,595750