Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 7 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Prado Gay, S.L. (expediente DP-214/2000).

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente de dilixencias previas 214/2000, seguidas en virtude de denuncia formulada por Jesús Fernández Fernández, contra a promotora inmobiliaria Prado Gay, S.L., finalizando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias observadas na vivenda 6º I da avda. Carrero Blanco, 195 de Lugo.

As obras de reparación que se deben realizar son as necesarias para emenda-las deficiencias observadas consistentes en:

-Condensación en dormitorio, na zona baixo cuberta.

-Un radiador do dormitorio por mal funcionamento, foi ponteado cuns tubos exteriores colocados de forma inadecuada.

-O piso de madeira do salón con manchas de humidade na cabeza dalgunhas táboas.

A tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión de proxecto e orzamento a esta delegación provincial, e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 7 de xullo de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo